![]() |
||||||||
| SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS |
||||||||
Acrarado queda, pois, que dende o ano 2004 en adiante, isto non é “sendeirismo á carta” senón SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS e que Via Auria é unha Asociación Cultural sen ánimo de lucro TOTALMENTE INDEPENDENTE que trata de dar a coñecer o inxente e interesante legado cultural e natural de Galicia, dende a que, por un prezo simbólico, se ofrece, a quen libremente queira participar:
Ademáis ofrecemos a presente web puntualmente actualizada en Internet con información sobre as rutas e fotografías dos lugares percorridos, cuxas modificacións serán comunicadas por correo electrónico a todos aqueles que nolo faciliten. |
||||||||
Troquelada por máis de mil ríos dende hai douscentos cincuenta millóns de anos, Galicia navega con señardade esgazando o mar do océano, coa Costa da Morte como mascarón de proa. Ten a pel curtida, e non só polo nordés e a choiva, ó tempo que conserva a tersura dunha moza lanzal e limpa que se perfuma con bálsamo de chorima, de herba fresca e de zugamel. Pero esta dama sinte latexar no peito unha crecente anguria: a falla de respecto por unha cultura que se foi conformando dende os primeiros tempos da humanidade cunhas peculiaridades etnográficas, paisaxísticas e sociolóxicas que a distinguen de calquera outra. Unha falla de respecto que non só veu dada dende fóra senón que, inexplicablemente aínda está enquistada nunha boa parte da sociedade galega. ¿Qué pegadas deixaron os poboadores dos castros, os debuxantes dos petroglifos?. ¿Cal é a nosa artesanía?: oleiros de Gundivós e de Buño, cerámica de Niñodaguia amais de cesteiros, palilleiras, orfebres, fiandeiras, alambiqueiros...En suma, ¿cales son os costumes, gastronomía, lendas e devalar histórico que identifican cada comarca da nosa xeografía e modelaron no decorrer dos tempos a idiosincrasia galega?. E.P. |
||||||||
| Via Auria, asociación cultural sen ánimo de lucro, tenta loitar dende a base, é decir, tratando de dar a coñece-los nosos costumes, gastronomía, lendas e historia, co ánimo de favorece-la formación dunha conciencia para a defensa e mellora do contorno suliñando o firme propósito de coñecer para respectar e, se é posible, recuperar.
|
||||||||
Atención telefónica de 17:00 a 20:30 horas | Asoc. Cult. Via Auria, sen ánimo de lucro. 2005/008617-1 (OU) 2005 | Conta: CaixaGalicia 2091-0471-35-3040002209 |