SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS

MENÚ PRINCIPAL | ROTEIROS FEITOS | GALERÍA | LIGAZÓNS | GALICIAS | CONDICIÓNS XERAIS | O TEMPO | Favoritos

Debes de ir preparado para as peores condicións climatolóxicas. É preferible levar cousas de máis e, se unha vez na zona non o vas usar, poderás deixalo no autocar.  

IMPRESCINDIBLE
Mochila. Botas de sendeirismo ou calzado robusto que protexa os nocellos e teña piso de goma con debuxo. Non esquezas nunca a capa ou poncho impermeable ou chubasqueiro.

CALOR
Pantalóns lixeiros curtos, longos ou desmontables. Camiseta de algodón, forro polar fino/medio ou suadeira.
Gafas de sol, crema protectora solar e barra protectora labial. Gorra ou pucho. 
Auga.

ENTRETEMPO
Realiza unha combinación do aconsellado para calor ou frío segundo as condicións atmosféricas xerais e da túa sensibilidade respecto a elas.

FRÍO
Pantalóns longos, camiseta térmica, forro polar, chaqueta cortaventos impermeable ou anorak. Braga de colo ou bufanda e luvas.
Procura utilizar prendas sintéticas de fibras térmicas ou equivalentes; son máis lixeiras, secan antes e conservan mellor o calor.

ACONSELLABLE
Leva calcetíns e camiseta para cambiarte. Se estreas botas, leva outro calzado de reposto máis cómodo. Podes deixar todo na maleta do autocar.  
Se a túa mochila non é impermeable, garda nela todo dentro de bolsas de plástico. 
Axusta a mochila ben pegada á espalda e sitúa dentro o que máis pese xunto ao corpo e na parte superior, procurando evitar o efecto palanca.
Conta con auga suficiente (1 l en inverno e 1,5 a 2 l no verán).
Procura tomar un almorzo enerxético con alto porcentaxe de hidratos de carbono. 

 

¿Cómo evitar lesións?

Antes de saír:

  • A bota debe ser un pouco máis grande ca o teu calzado habitual, porque ao camiñar durante horas os pés tenden a hinchar.
  • Calcetíns suaves que absorvan a humidade para evitar as binchas.
  • É importante establecer unha mínima rutina de estiramento antes de emprender a marcha, como camiñar 10 minutos a paso lento e estirar 20 segundos, sempre sen forzar a musculatura.

Ao saír:

Coloca ben o talón e nas subidas e baixadas, faino en zig-zag. Mantente hidratado e co suficiente aporte de alimentos.

Despois de saír:

Facer un estiramento suave durante uns minutos axudará a manteñer o sangue fluíndo e a procurar a recuperación máis facilmente.

PREPARATIVOS POR SEGURIDADE

  • Asegúrate de que estás un pouco preparado físicamente e en bo estado de saúde.
  • Deixa detalles da ruta e hora estimada de regreso con alguén que poida alertar un rescate en caso de ser necesario.
  • O número de camiñantes mínimo ideal para ir pola montaña é de tres persoas (en caso de necesidade unha atende ao ferido e a outra vai por axuda).
  • Leva teléfono móvil coa batería cargada, linterna, unha navalla, un silbato, un par de vendas, paracetamol, antiséptico, unha manta térmica, gafas de sol, cordóns de reposto, impermeable lixeiro, paraugas plegable lixeiro, pano para o colo ou braga de forro polar, gorra de verán ou gorro de lá ou forro polar, luvas, polainas. Algunhas destas recomendacións dependen, naturalmente, do tempo que faga.

Máis sobre supervivencia

SAÚDE DO PÉ

Calzado:

  • O mellor calzado son as botas de montaña, de peso lixeiro, impermeables e con bo agarre. Utilizalas sempre “domadas” previamente.
  • Limpa sempre as botas despois de cada ruta.
  • Se se mollan non as seques directamente con calor, senon metendo no seu interior papeis de periódico que irás cambiando a medida que absorban a humidade.
  • Controla o debuxo da sola.
  • No mercado hai impermeabilizantes en spray para botas de pel.

Calcetíns:

  • Elixe un calcetín adecuado e que se axuste ben ao pé. Calquera calcetín térmico de tendas especializadas vén ben. Caracterízanse por ter a parte da planta con fíos máis longos ca o resto que se moven en cada paso absorbendo gran parte da frición.

Binchas:

  • Cando vexas que che vai sair unha bincha, para, limpa a zona e secaa. Non a molles porque se rebrandecería a pel e acelerarías o proceso de aparición da bincha e ponte un apósito (p. ex. Compeed) ou un cachiño de esparadrapo.
  • Se xa se formou a bincha: Deixa de camiñar. Unha bincha é unha separación da pel e a carne. Para evitar que rocen as dúas capas, o corpo xenera a súa propia almofada, o pus.
  • Se non se castiga a zona afectada, o propio corpo reasorberá o líquido sen necesidade de tratala.
  • Se unha bincha se abre soa, lava a área, aplícate un antiséptico e cúbrea cunha venda estéril.

A mochila

  • Acolchada e que se axuste ben ás costas, mellor con cinto e correa ao peito para distribuir mellor o peso.
  • Os obxectos máis pesados colocalos o máis cerca das costas.
  • Deixar ben a man o que máis usamos.

SITUACIÓNS PERIGOSAS. A tormenta.

  • Raios, trombas de auga e crecida de augas en ríos, son perigos potenciais.
  • Fíxate se escurece o ceo, se ven relámpagos, levántase vento o se se escoitan tronos.
  • No vran, a partir das catro da tarde fórmase o maior número de tormentas.
  • Se sentimos unhas estranas cóxegas na pel, se ourizan os cabelos e os obxectos metálicos zoan coma unha colmea será sinal de que se están desplazando as cargas eléctricas que xeran as tormentas e o aire que nos rodea é conductor. Isto indica a proximidade dunha tormenta que pode afectar en media ou dúas horas despois. Se este fenómeno se producira no medio dunha tormenta hai que botarse ao chan inmediatamente.
  • Refúxiate en zonas baixas.
  • Non botes a correr e menos coa roupa mollada.
  • Desbota todo material metálico e alónxate de obxectos metálicos como valados, tuberías, liñas telefónicas e instalacións eléctricas...
  • Non te refuxies debaixo dunha árbore ou unha rocha solitarios.
  • Non vaias por terreos abertos e despexados.
  • Non son seguros cobertizos aillados nin tendas de campaña.
  • Non meterse na boca dunha cova.
  • O máis seguro: inmóvil, o máis cerca do chan posible ou dentro dun vehículo cerrado e sen entrar en contacto con partes metálicas.
  • Dispersar grupos e non acercarse a rebaños de animais.
  • Apaga o móbil.

 

Teléfonos de axuda

Garda Civil: 062

Emerxencias: 112

Listado de teléfonos interesante para Ourense

Refuxios

 

Atención telefónica de 17:00 a 20:30 horas | Asoc. Cult. Via Auria, sen ánimo de lucro. 2005/008617-1 (OU) 2005 | Conta: CaixaGalicia 2091-0471-35-3040002209