Os organizadores de Via Auria deseñamos persoal e artesanalmente as nosas rotas:  orixinais e froito dunha busca constante dos recunchos máis bonitos e tentando unir os puntos máis interesantes, moitas veces agochados e iñorados polos trazados oficiais.

O obxectivo de Via Auria é promover o coñecemento do territorio a través do sendeirismo, de xeito que as camiñadas sexan un medio para ampliar o coñecemento dos elementos patrimoniais e naturais no entorno máis inmediato e menos coñecido.

Temos un escrupuloso respecto pola natureza virxe, polo que acostumamos a pasar por ela co máximo silenzo e sen deixar pegada algunha. O noso grupo está formado por 55 participantes. Tal  volume de participación pode semellar inmanexable. Pero a loxística así como o ambente de colaboración, integración e participación e a admirable disciplina do grupo fan das actividades de Via Auria unha gran familia con moita ilusión por pasalo ben e coñecer Galicia dun xeito totalmente lúdico e camiñando de vagar ao longo dunha xornada enteira. Cada rota é unha viaxe única polo territorio galego e unha experiencia inesquencible onde podes descubrir marabillosas paisaxes e un riquísimo patrimonio cultural, en demasiadas ocasións, agochado e esquencido. A nosa máis firme intención e dalo a coñecer para tomarnos conciencia da súa conservación porque as xeracións vindeiras tamén teñen dereito a coñecer os seus alicerces culturais.

Durante os percorridos vanse explicando e poñendo en relación todos os aspectos salientables como natureza, historia, arte, etnografía.

Ademáis ofrecemos información na web dos trazados, fotografías, vídeos e microguías que ilustran detalles das zonas que visitamos.