Designed by olwebdesign
VIA AURIA: Sente orgullo da túa terra. Sente orgullo de ti

BALNEARIO DO MONDÓN E CANÓN DO XARES.

O vindeiro 19 de febreiro de 2017 estades todos convidados (calquera persoa que poida estar interesada, aínda que non participe habitualmente nos roteiros que organizamos mensualmente) a revivir un roteiro que xa fixeramos hai cinco anos. Pois ben, esta vez será de balde, máis curta e desprazándonos ata alí en coches particulares.

Aqui tedes o trazado que seguimos no ano 2012. Insistimos, esta vez será un tramo de poucos km., non todo o que se fixera daquela. Ademáis, unha microguía do que veremos, un vídeo ilustrativo e un álbum de fotos.

 

HORA E LUGAR DE ENCONTRO: 10:00 horas a.m., nas inmediacións do restaurante Volobriga, no Bolo.

XANTAR: bocatas e auga ou ben, de restaurante.

RESTAURANTE: Temos a posibilidade (totalmente opcional) de comer de restaurante. O menú pactado componse de:

  • 1º Sopa de cocido
  • 2º Cocido galego
  • Postre, pan, viño/auga

 

TOTAL: 13€ por persoa

 

Con data 9 de febreiro, xa temos 105 reservas confirmadas para este roteiro.

A partir de agora, os que queirades participar do cocido e aínda non reservastes, preferimos que fagades as reservas para xantar directamente co restaurante Volobriga. Os teléfonos son:

 

 
988 32 30 99
638 38 43 99
 
 
No caso de non poder asistir, por favor, facede as cancelacións oportunas neses mesmos teléfonos.
 
Dado que imos ser moitos participantes, no caso de que se esgotaran as prazas no Rest. Volobriga, rogamos que vos poñades en contacto connosco para buscar outra solución se queredes comer de restaurante.
 
E por suposto, os que queiran xantar de bocata como se dixo nun principio, con total libertade e sen ningún compromiso!!. Únicamente comunicarnos o número de participantes.
 
PRODUTOS LOCAIS ARTESÁNS

 Como o día 19 é domingo, e non ha ser moi doado atopar onde facer compras, hai un establecemento que se comprometeu a abrir para aqueles que queiran encargar embutidos de porco (segundo o dono, animais cebados con castañas).

 
Nome: Cárnicas bolesas | Tel. 988 323 005
 
Produtos:
  • Androia e botelo: 10€/kg
  • Chourizos frescos:8.95 €/kg
  • Chourizos curados:12.40 €/kg
  • Salchichón: 12.40 €/kg

IMPRESCINDIBLE CONFIRMAR ASISTENCIA (vale por teléfono, por sms, por WhatsApp, por correo electrónico ou polo messenger do noso perfil en Facebook. Indicar número de asistentes e se vos queda algún espazo no coche para alguén que o poida precisar.

Teléfono: 630283440; WhatsApp: 630283440; Correo: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ; Messenger no noso perfil de Facebook (Via Auria).