ENSEADA DO VAO | INFORMACIÓN

 Fotos - avance 

Data: sábado, 17 de xuño de 2017

Distancia: 15 km.Percorrido totalmente chairo pola comarca do Salnés nunha zona de costa que é bastante improbable que coñezas.

Xantar: Hai que levar bocatas e xantaremos de vagar nunha illa idílica, chea de paz e con fermosísimas vistas.

Remate: Ao remate do roteiro, recóllennos os autobuses e trasládannos a Cambados, onde se dará tempo libre ata a hora que se fixe para que cadaquén faga o que lle pete.

De volta en Ourense: entre as 21:00 - 21:30 h.

Reservas e inscricións previas. Acabamos de ampliar número de prazas.

Prezos:

Confirmada a reserva, hai que facela efectiva nun prazo de 48 horas na conta de Via Auria en Abanca: 

ES76 2080 0471 7530 4000 2209, co nome e apelidos do participante.

Puntos e horarios de recollida dos participantes:

• Saínza. Sempre 15 minutos antes da hora fixada: 7:45 h

• Posío. Rúa do Progreso, parada de Bus do Parque do Xardín, 8:00 h

• Alameda. Rúa do Progreso, parada de Bus xunto ao Bispado: 8:00 h

• Parque de San Lázaro. Parada de Bus fronte á Subdelegación do Goberno, 8:00 h

• A Ponte. Rúa Vicente Risco, parada de Bus, xunto ao edificio da antiga escola de Maxisterio, 8:00 h