Designed by olwebdesign
VIA AURIA: Sente orgullo da túa terra. Sente orgullo de ti

ROTEIRO ABERTO E DE BALDE

¡Estades tod@s convidad@s!

Quedaremos á saída de Buño-dirección Malpica, no Centro Comarcal de Bergantiños, as 10 da mañán.

Veremos praias virxes, dolmes, castros marítimos, castelos, cantís e finalizaremos o día no Faro de Punta Nariga onde asistiremos ao solpór, se a climatoloxía o permite, así como ao encendido do faro.

O regreso será, a partir das 19:00 horas.

En canto ao xantar, en principio comeriamos nunha praia, de bocatas. Pero se houbese posibilidade dalgún outro xeito, xa o iremos comunicando. Así que sería interesante saber cánta xente ven.

Confirmade asistencia, por favor, no noso muro de facebook ( Via Auria) ou por correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. indicando número de persoas.

 

A praia onde xantaremos:

Aquí tedes, en Street View, o aparcadoiro onde nos encontraremos o domingo, 25 de xaneiro as 10:00 da mañán. Está en Buño, a carón do Centro Comarcal de Bergantiños:
 

https://www.google.es/maps/@43.274165,-8.7811444,3a,75y,197.18h,84.16t/data=!3m4!1e1!3m2!1seveR-3UAC3qGFnDncAUBCA!2e0

 
Usando o rato, podedes mover o cursor para ver o mapa máis ampliado e cómo se chega.

 

Para os que ides dende Ourense, en Santiago seguir a Rúa Romero Donaio (ao rematar a autovía a Santiago), dirección centro ata pasar rodeando a Alameda e o Instituto Rosalía de Castro. Continuar pola Rúa do Pombal, e Rúa de Vista Alegre dirección Portomouro e seguir ata Carballo. Alí, dirección Malpica, e antes desta poboación, está Buño. Á saída de Buño indo cara Malpica, está o aparcadoiro do Centro Comarcal de Bergantiños, onde vos agardamos.