Designed by olwebdesign
VIA AURIA: Sente orgullo da túa terra. Sente orgullo de ti

 NOITE DE MORCEGOS

 

Data: 30 de xuño de 2017

 

Programa

  • 20:00 horas: quedamos na Conchada – Palmés (Ourense). Á entrada do pobo hai unha zona de aparcamento. Como chegar?

  

 
  • Pasamos lista.

  • Facemos un pequeno roteiro interpretativo pola zona de Palmés que rematará no campo da festa de A Conchada.

  • A cea inclúe empanadas, asados e pan que un forno local se encargará de preparar e traer ata o pobo. Haberá bebidas frías e, de sobremesa, bica amanteigada. Remataremos cunha queimada, fogueira e moita troula.

  • Só é preciso levar algo de auga para o roteiro, roupa cómoda e algunha mantorra para estar máis cómodos porque se comerá de campo.

  • O importe da inscrición vai exclusivamente destinado ao pago da cea, bebidas, menaxe dun só uso e, se sobran cartos, haberá tamén agasallos.

  • Tal como fixemos na anterior edición, sería bonito que os que saibades tocar, traiades instrumentos como pandeiretas, gaitas...para a festiña. Enviaremos letras de cantigas tradicionais, por correo electrónico.

 

Inscricións

  1.  Envía un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.  ou Whatsapp ao 630 28 34 40 indicando os nomes e apelidos da/s persoa/s que van participar.
  2.  Ingresa ao teu nome ou, no caso de grupos, a nome dun dos participantes, 10€ por persoa na conta de Via Auria: ES76 2080 0471 7530 4000 2209 – ABANCA.

 

Prazo – reservas: do 13 ao 23 de xuño.

 
 
Montaxe da pasada edición: