Roteiro:  Edrada, San Mamede de Edrada, Pradoalbar e val do Cerveira

 

 

CRONOGRAMA

O domingo, 25 de outubro de 2015 agárdanos este paraíso. Se queres pasar unha xornada en contacto coa natureza máis virxe, deixarte invadir pola sabedoría dos antergos e sulagarte no máis enigmático misterio da arqueoloxía galega, ven a este roteiro interpretativo.

O roteiro é gratis e vaise en coches particulares. Por favor, confirmainos asistencia!

Estades todos convidados e podedes facelo estensivo ás vosas amistades.

Quedaremos entre as 9:00 e as 9:20 horas am, na Gudiña no aparcadoiro do Hotel El Relojero, preparados e listos para partir (nos coches).

 

MOITO OLLO: Na madrugada do vindeiro domingo, 25 de octubre (na noite entre o sábado, 24 e o domingo, 25) entrará en vigor horario de inverno. Hai que atrasar os reloxos unha hora, de xeito que as 3.00 voltarán ser as 2.00.

Así que este cronograma rexirase pola nova hora.

 

1ª concentración: A Gudiña (de 9:00 a 9:20 horas)

No aparcadoiro dos Restaurantes “El Relojero” e Suizo (están un fronte ao outro).

 

2ª concentración: Edrada (10:00 horas)

 

3ª concentración: Pradoalbar (aprox. as 12:40 horas)

4ª concentración. Voluntaria e previa confirmación (entre as 19:15 e as 19:30 horas)

 

CONVITE

Á volta, e por convite persoal do actor e director Rubén Riós, estamos todos (os que confirmemos asistencia) convidados nas Ventas da Barreira, Autovía das Rías Baixas A-52, Salida Km143, S/N, Riós a unha degustación de pan de castaña con embutidos en “Secreto Galaico”. Podedes ver o que fan na páxina http://www.secretogalaico.es/

Precisamos CONFIRMACIÓN de asistencia (por mail a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ou por whatsapp, ao 630283440) a esta degustación porque estaremos en contacto coa xerencia da empresa para decirlles cántos seremos a tomar os pinchiños.

Rubén Riós actualmente,  atópase en Madrid coa rodaxe dun novo proxecto audiovisual (“Vida”).

Trailer de ADEUS EDRADA do xove director Rubén Riós

https://www.youtube.com/watch?v=PyQZORHE_rw

 

Acadou varios premios no festival de curtas de Torrelavega así como no Premio Mestre Mateo á mellor curta de ficción.