Inscricións
RESERVA DE PRAZAS
- Número de prazas: 55
- Seguros de accidentes e responsabilidade civil.
- Transporte en autobús, con 5 paradas na cidade de Ourense.
- Roteiros deseñados por nós. Sobre a marcha vanse explicando aspectos tanto de natureza como de historia, arte e etnografía.
- PREZO por persoa: 20€ / roteiro
CATEGORÍAS DE PRAZAS:
Esquema-resumo
• DEFINITIVA: As 55 prazas son definitivas e van sempre previamente pagadas dende o roteiro anterior.
EXEMPLO.: Supoñamos que estamos en decembro. Non podes ir en xaneiro, pero sí en febreiro. Daquela, en decembro pagas febreiro poñendo en xaneiro a túa praza a disposición do provisional que a organización asigne e facendo constar expresamente o mes no que pensas vir.
Se tampouco podes asistir en febreiro, chamas ao 630283440 ou envías unha mensaxe mediante whatsapp, sms ou nun correo electrónico a viaauria@gmail.com para avisar por se tivesemos alguén dispoñible en lista de espera. Caso de non habelo, podes darnos os datos doutra persoa que coñezas, vaia no teu posto e che abone marzo. Resumindo: non podes pasar a de xaneiro a febreiro e esa de febreiro, novamente a marzo.
Outra posibilidade é que nin teñamos quen te substitúa, nin o teñas ti. Solucións: nun prazo de 48 horas a a nolo ter notificado, ou ingresas a cota de marzo ou ben, pasas a lista de espera e cando vaias tendo sitio irás ocupando provisionalmente o lugar doutro definitivo.
• PROVISIONAL: Aquelas prazas que, malia seren definitivas, para un roteiro concreto quedan libres por concurrir algunha circunstancia persoal do seu ocupante habitual. Hay unha lista de espera que irá nutrindo estes ocos.
PRAZOS PARA EFECTUAR OS PAGAMENTOS NA CONTA DE VIA AURIA
Definitivas: 72 horas dende o día do último roteiro (o seguinte martes).
Provisionais: 48 horas dende a confirmación de asistencia.
DATA TOPE PARA CANCELAR CON DEREITO A TER PAGA A INMEDIATA SEGUINTE
Non se devolven os cartos en ningún caso.
Poderemos pasala á INMEDIATA SEGUINTE, e non a outra posterior, ata o venres anterior á semana da rota, as 20:30 horas.
ATA CÁNDO ME PODO INSCRIBIR
Casos:
• O teu nome aparece no listado de inscricións: podes pagar nese momento, do contrario perderás o dereito á praza que ías ocupando e posteriormente, se regresaras cubrirías calquera outra praza que quedara vacante no autocar (onde houbera unha libre).
• O teu nome non figura no listado de inscricións: significará que vas ocupando a praza de alguén que, téndoa pagada, avisou que non pode vir.
• Se durante o mes que queda ata a ruta, ves que podes e che apetece vir, poderás chamarnos ao 630 283 440, en horario de 17.00 a 20.30 horas, e a partir do luns seguinte para que che digamos se queda algunha praza. Só en caso de que che confirmemos que hai praza, dasnos o teu nome, apelidos, DNI e parada elexida e disporás de 48 horas para ingresar o importe na conta ES76 2080 0471 7530 4000 2209 de ABANCA, indicando ao bancario que poña en "concepto" o teu nome e apelidos, con iso é suficiente para saber quen o efectuou. Isto tamén se aplica aos que non veñen ese día no autocar. Transcurridas 48 horas sen ingresar o importe, entendemos que xa non vés e causarás baixa.
• Se xa non quedan prazas, podémoste anotar en Lista de Espera se así o desexas e, en canto xurda algunha, chamámoste nós.