SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS

MENÚ PRINCIPAL | ROTEIROS FEITOS | GALERÍA | LIGAZÓNS | GALICIAS | CONDICIÓNS XERAIS | O TEMPO | Favoritos
Malpica - Razo - Humidal de Baldaio

 

Ouh, terra de Bergantiños,
roxa ó arar, nobre e testa,
doce á vista desde lonxe,
onde vin a luz primeira. 

 

Eduardo Pondal

 

 

PROVINCIA : A Coruña.

CONCELLO : Malpica de Bergantiños. Componse de 8 parroquias: Barizo, Buño, Cambre, Cerqueda, Leilolio, Malpica, Mens, Vilanova de Santiso.  

HABITANTES : 7.377. PAISAXE-XEOMORFOLOXÍA : É unha superficie chan e as pendentes máis grandes miran ó mar. Está atravesada por dúas pequenas depresións de tipo tectónico, unha de Ponteceso a Malpica e outra de Malpica a Carballo. CUMIOS: As maiores elevacións corresponden a zonas graníticas coma o monte Neme ( 387 m ), no linde de Carballo, e o monte Nariga, que chega ó mesmo mar, onde está a praia e o porto de Barizo.

RÍOS: O río máis importante é o Va.

PRAIAS: Litoral acantilado, salpicado de praias limpas que veremos por esta orde: Area Maior, San Miro, Riás, Aviño e Razo.

MALPICA

Un documento do século XIII referíndose a Malpica como propiedade do Arcebispado de Compostela, é a primeira referencia histórica a esta vila mariñeira. A historia revela que o nome é ibérico, procedente dos termos “mal” (dominio) e “pica” (promontorio), en referencia ó Monte Atalaia que, xunto co porto e a praia dan nome ó itsmo de Malpica.

Contemplamos a pequena enseada hoxe convertida nun dos máis importantes portos de baixura de Galicia, nela agárdannos distintos tipos de embarcacións pesqueiras, os oficios centenarios que foron conformado a economía desta vila mariñeira e a variedade de peixes e mariscos capturados. As especies que máis pasan pola lonxa malpicá, ademais da sardiña e xurelo, son: raia, melgacho, maragotas, faneca, solla, abadexo, robaliza, sargo, polbo, centola, nécora ou percebe.

GASTRONOMÍA: Mariscada de percebes, centolas, caldeirada de maragota ou de congro, parrochas e o polbo son algúns dos manxares cos que nos poden deleitar nesta zona. Tamén podemos atopar productos de extraordinaria calidade como exquisitas carnes de porco e de ternera amais das mellores patacas de Galicia, cebolas, allos que no mercado podemos conseguir a bon precio “por lotes”. É típico tamén o bolo de trigo do país, empanadas, larpeiras, rosca malpicá...

Na parte central da enseada érguese a Casa do Pescador cos murais de Urbano Lugrís.

No Bar do Pescador , situado nos baixos da casa do pescador , ata o de agora podiamos ve-la rosa dos ventos, obra do malpicán Chunguito, a quen Lugrís lle regalara a súa paleta de pintor. A decoración “do Petróleo” (“Mareas Vivas”-TVG) inspirouse na deste bar. Estes días está en reformas.

Na Praza do Cruceiro , onde hoxe se ergue unha cruz de pedra gravada polas súas catro caras, manaba unha fonte natural desde onde se abasteceron de auga os moradores da Atalaia, ubicación dos primeiros moradores malpicás.

OS BOTEIROS: Malpica é o único lugar de Galicia onde existe este oficio coñecido tamén co nome dos taxistas do mar . Encárganse de levar á mariñeiría desde o peirao ata as embarcacións que están fondeadas no medio do porto nos "muertos". O sistema de cobro polo traballo desenvolvido era en especie, por trueiradas de pºeixe que, pasada a noite, venden na lonxa.

Rodeamos a Ensenada e dirixímonos á praia de Area Maior de 390 m e que ten bandeira azul. Ó fondo divisamos as illas Sisargas fronte ó cabo San Adrián. Saíndo de Malpica, emprendemos o camiño cara a Plancha, que nos ofrece espléndidas vistas da costa dende Malpica ata A Coruña. Atravesando despois os bosques de Filgueira , polo vello camiño que, antes da concentración parcelaria, comunicaba esta aldea.

Os camiños e carreiros, engalanados de orquidáceas, fentos, dixitales e margaridas, colorean itinerarios fantásticos e frondosas estampas enmarañadas que suxiren a pervivencia de trasgos, fadas e encantamentos.

Tamén nos invitan a contemplar un pasado que se vai: os muíños , hoxe, cubertos por hedras e silvas e que, no seu momento foron pezas moi importantes na economía e no desenvolvemento da vida nas aldeas, así como do seu folclore e as súas lendas.

 


Atravesamos as toxeiras e bosques que nos levan ata a praia virxe de S. Miro . Aquí o camiño intérnanos en interesantes bosques autóctonos que filtran o atlántico e a luz a modo de fiestras góticas.

Praia de Riás , ó pé do monte Neme ( sagrado ). O guía tamén nos explicará a lenda que envolve esta montaña, hoxendía coroada de antenas.

E, PARA REMATAR: Praia de RAZO : 5,5 km distinguida con bandeira azul pola Unión Europea. Acada ata 10.000 visitantes cada día en período estival N este espacio de Razo-Baldaio encontran un auténtico paraíso todos aqueles amantes das actividades en contacto co medio e no que se dan cita case a diario practicantes de surf en mar aberto e windsurf na marisma; apaixonados do parapente, que lenemente descenden pola ladeira dun monte Neme que con toda solemnidade esvara ata penetrar no océano, dando acubillo nunha das súas ladeiras ó pequeno porto de Razo; as rutas a cabalo, que aquí parecen transportar ó xinete a tempos remotos, co único ruido do Atlántico, que é case un silencio; ou os que non queren perder un detalle e, con mochila ó lombo, se lanzan a camiñar polos múltiples sendeiros da marisma; pacientes pescadores coa súa cana, mergulladores que buscan tesouros... en definitiva, xentes ávidas de aventura.  

ESPAZO NATURAL DE RAZO-BALDAIO

As, cerca de 1000 hectáreas de superficie protexida, albergan un ecosistema formado por unha lagoa con marisma, xuncais e pequenas canles limosas.

A diversidade xeográfica de Razo-Baldaio, con areais, dunas, marismas, acantilados, praderías litorais,... así como o efecto termo do mar, produce unha extraordinaria riqueza da flora, con adaptacións moi específicas a condicións extremas. Pódense encontrar diferentes especies, algunhas das cales son exclusivas desta área e outras están consideradas en perigo de extinción. A vexetación de dunas e areais é unha das máis representativas de Razo-Baldaio. Encontraremos a gramínea mariña, o cardo de ribeira, o rabo de lebre ou o trobisco nestas zonas e nos acantilados non falta o perexil de mar e a herba de namorar. Os xuncos, a acelga salgada, a estrela das xunqueiras e o "coral" son sen embargo máis propias da marisma e da lagoa e tamén algas como a leituga de mar, o golfo e o ficus.

Como zona húmida de litoral na que conflúen augas doces e salgadas e o medio terrestre, aparece nela unha elevada diversidade de especies animais -só entre os vertebrados contabilizáronse máis de 250 especies-, aínda que algunhas teñen unha presencia esporádica, como as numerosas aves migratorias tales como corvos mariños e alcatraces.

As limícolas son o grupo faunistico máis relevante, tanto pola súa cantidade como pola súa presencia ó longo de todo o ano. Píldoras, chorlitejos grandes, patinegros, garzas reais, patos reais ou garcetas comúns son habituais en Baldaio. Non faltan tampouco a gaivota mascato, o corvo mariño real e entre as aves de presa destaca o lagarteiro. Réptiles como a víbora, o escáncer e lagartos.

ARTESANÍA DO BARRO: CERÁMICA DE BUÑO

Ten este Buño o feitizo dunha vangarda milenaria. 
Botixo que renuncia ao volume pechado 
para alugar a alborada. (Manolo Rivas).

O inicio da tradición oleira de Buño dátase na prehistoria coa elaboración de cacharros feitos a man. Nas minas de estaño de Monte Neme ou nas de ouro de Corcoesto empregábanse crisois de barro de Buño. Os séculos XVI e XVII marcan o inicio dunha idade esplendorosa trala elaboración dos canos para a traída de auga da fonte do Mercado da Coruña. Nos séculos XVIII e XIX viviu a súa idade de ouro. Pezas de alfarería, documentos e fotografías de Buño espalláronse mesmo polo Museo da Hispanic Society of América. 

 

Atención telefónica de 17:00 a 20:30 horas | Asoc. Cult. Via Auria, sen ánimo de lucro. 2005/008617-1 (OU) 2005 | Conta: CaixaGalicia 2091-0471-35-3040002209