SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS

MENÚ PRINCIPAL | ROTEIROS FEITOS | GALERÍA | LIGAZÓNS | GALICIAS | CONDICIÓNS XERAIS | O TEMPO | Favoritos
Monte Branco

 

'E toparon no río Anllóns facéndose mar, desa maneira señor, que enfeitiza a alma.

Vese alí, nas gándaras do océano, como o devalar sereno é posuído por un corazón exaltado.
Habería que poñer no Monte Branco unha escola de beleza, dixo melancólico o rei de Galicia”

 

 

ENSENADA DE ÍNSUA : Unha lapa de arena divide en dous o estuario do río Anllóns. A ambas marxes da desembocadura amoréase a area dando lugar a un gran conxunto de dunas de casi dous kilómetros de lonxitude e uns 400 metros de anchura media; esa area trepa polas ladeiras do MONTE BRANCO ata o Alto das Travesas. Un espacio natural de gran valor paisaxístico e ecolóxico.

CONCELLO : Ponteceso

SITUACIÓN : limita ó norte con Malpica de Bergantiños, ó leste con Carballo e ó sul con Coristanco e Cabana.

SUPERFICIE :90,6 Km 2

POBOACIÓN : 7.663 habitantes

CLIMA : O clima é templado e húmido. Sen embargo, e malia á reducida extensión do concello, pódense distinguir varios microclimas.

XEOMORFOLOXÍA : Pode considerarse o perfil máis accidentado da comarca aínda que os cumios acadan pouca altura ( Monte Branco , 271 m).

COSTA DA MORTE : a primeira noticia documental que temos sobre este topónimo data de 1920. E, será no século pasado, cando se rexistren a meirande parte dos naufraxios –alomenos uns 140- acotencidos nesta zona.

Tal alto grao de sinestrabilidade deu lugar a multitude de lendas que uns se ocuparon de difundir e outros de desmentir. Dende as que enlazan coa tradición dos clásicos: A Fisterra dos gregos “comprendía a parte de Galicia que aparece co nome de Dutika Mere, que significa rexión da desgracia ou da morte” onde Helios, o Sol, desaparece a diario no mar, conducindo a barca da escuridade e penetrando no Hades, país dos mortos, que o Deus-Sol atravesa para volver de novo por vías misteriosas ó leste, aparecendo á mañán seguinte con todo o seu brilo e resplandor. Ata a que, felizmente desminte o Profesor Baña Heim, relativa á lenda negra sobre A Costa da Morte, segundo a que, as xentes destas poboacións se adicaban á pirateiría marina. Estes provocadores de naufraxios, asaltadores de barcos e asesinos de náufragos, co fin de apoderarse do botín do barco, colocaban fachos acesos nos cornos das vacas, que ó andaren simulaban barcos que navegaban máis preto da costa, ata encender fogueiras nos montes litorais para sustitui-las luces dos faros. Pero Baña argumenta a favor da xente da costa que, primerio, a meirande parte dos naufraxios se produciron de día,que ademáis por moi potentes que foran os fachos dos cornos das vacas o das fogueiras, difícilmente se podían confundir coas dos barcos ou dos faros, aparte de que ningún dos mandos ou tripulantes supervivintes dos naufraxios deron conta que foran enganados ou provocados por outros medios.

Nas fotos podemos aprecia-lo magnífico e laureado faro do arquitecto Cesar Portela e o escultor Manolo Coia en Punta Nariga, un dos numerosos faros desta zona

LITORAL : Por un lado, a costa que mira ó mar aberto é aberta e desabrigada, sen máis interrupción que a praia de Niñóns, onde disfrutaremos da súa amable beleza. Pero a parte que se orienta á ría é máis recollida, por exemplo, unha das praias que visitaremos: Balarés e a Punta de Enmedio ou Ensenada de Ínsua que da saída ó río Anllóns e que acolle as illas Cagallóns e Tiñosa. Ocupa unha superficie de máis de mil hectáreas e ten unha grande riqueza ornitolóxica de aves de paso e invernantes.

 

FARO DE PUNTA NARIGA

PRAIA DE BALARÉS : consta de dúas pequenas calas e un vello porto utilizado para o transporte clandestino de wolframio na II Guerra Mundial.

 

 

 

 

 

 

TORRES DE MENS:

Testemuña da antiga fortaleza medieval levantada polos Condes de Altamira. Totalmente derrubada nas revoltas Irmandiñas en 1467 e reconstruida posteriormente.

PONDAL: O BARDO E O HEROE

Eduardo González-Pondal Abente naceu en Ponteceso no ano 1835, e estudiou medicina en Santiago.

A letra do seu poema "Os pinos" foi convertida, xunto coa música de Pascual Veiga, no Himno de Galicia . Nel dinos como foi a Galicia do pasado e como debe se-la do futuro. No himno galego está resumido todo o ideario de Pondal sobre Galicia.

De estudiante frecuentou o Liceo de Santo Agostiño, onde había tertulias literarias, e revelouse como poeta, co seu íntimo amigo, Aurelio Aguirre, nunha ocasión que se fixo célebre: o banquete de Conxo, do que falan tódolos historiadores da literatura galega. Foi un banquete organizado polos estudiantes liberais, en 1856, en homenaxe "ao terceiro estado", no que fraternizaron obreiros e estudiantes.

Pondal é o poeta máis culto do Rexurdimento pleno da literatura galega. Ademais de ser un gran poeta romántico, é sobre todo un poeta épico. O poeta cría como os historiadores galegos do século XIX, que a étnia celta e a principal do pobo galego. 

A saudade de Pondal, poeta da liberdade, que ansiaba levantar un pobo, oriéntase cara a un pasado que el imaxinaba libre e independente, e que o seu impulso lírico quere reconquistar. A poesía de Pondal proponse renovar a historia. Como do pasado céltico non quedan máis que vagos vestixios, Pondal esfórzase en adiviñalo, guiándose polos poemas de Ossián, por algunhas citas de Leabhar Gabala e polas investigacións de Murguía, e crea un mito fragmentario, distante da historia, indeterminado, arredor de dous arquetipos: o Heroe e o Bardo. Pero trátase dun pasado de gran beleza, dunha forza de suxestión extraordinaria.

Pensamentos insomnes,
turbulenta ambición,
propósitos de ferro
o ánimo nobre ousou;
de mil suidades fondas
o túrbido escadrón,
como a Luzbel, privara
do primeirio esplendor.
Son os bardos sapientes
que lei fatal lanzou,
soñadores e vagos, 
da súa condición:
por eso eu a min mesmo
non me conozo, non,
e excraman os camiños
mesmos por onde vou:
parece un pino leixado do vento,
parece botado do mar de Niñóns.

Eduardo Pondal “Que barba non cuidada”

 

 

Atención telefónica de 17:00 a 20:30 horas | Asoc. Cult. Via Auria, sen ánimo de lucro. 2005/008617-1 (OU) 2005 | Conta: CaixaGalicia 2091-0471-35-3040002209