|
¿Cal é o proceso?
|
 |
|
Os secadoiros |
Esmonifado : ábrese á metade a testa do congro, facéndolle un oco para penduralo no banco.
Lañado ou rascado : Ábrese á metade o corpo do congro, quítaselle a testa e parte do espiñazo, operación que recibe o nome de “lañado” ou “rascado”.
Lavado nos “píos”: En auga de mar. No primeiro pío fáiselle un primeiro lavado e no segundo con auga máis limpa dáselle outro lavado.
Fánselle uns ocos cun coitelo en forma de fouce, de xeito que cando se coloque forme unha especie de rede á que traspase o ar para curalo.
Envarado : colócaselle unha cana polos ocos dun extremo á que se lle ata a cola e a testa para que quede estirado ó penduralo.
Pendurado nas “cabrias”: veñen a ser unha estrutura de “toros” verticais e horizontais. O congro fresco colócase na parte máis alta e vaise baixando a medida que vai curando. O último curado realízase nos valados de arredor do secadoiro.
Embalado : retíranse as canas, colócase o congro no molde, prénsase e átase con alambres e por último fanse os fardos de 50, 25 ou 10 kgs. Envoltos en arpilleira. Todo o congro que se cura nos secadoiros de Muxía vai destiñado fóra de Galicia, principalmente cara Aragón, Castela e Cataluña.
|
 |
 |
A pedra dos cadrís |
Dispostos a pasar por baixo |
A pedra de abalar |
A fermosura da paraxe desapareceu coa estiñaxe da cachoeira; pero di Otero Pedrayo, en Guía de Galicia, que non desapareceu o Pindo, que segue sendo un dos Olimpos eminentes dos países célticos, como asemade o Barbanza, a Capelada, Santa Tegra e outros fachos de Galicia non menos importantes.
Pedra da moa : pedra que existe no cumio rochoso do Monte do Pindo , de grande importancia relixiosa nos tempos pasados. Está rusticamente labrada, posúe unha vara de espesura, é máis ben oval ca cuadrada, poden acomodarse nela de 20 a 30 persoas de pé, e no seu centro hai unha lenda que algúns supoñen grega e que semella aludir ó lugar noxento en que certas doutrinas e prácticas idolátricas tiñan asento, sendo isto motivo de que reis, bispos e cregos excomungasen aquel recinto da comarca de Muros. [ Breviario Enciclopédico de Eladio Rodríguez] (facendo alusión a ritos profanos de fecundidade).
|
 |
 |
Restos de capitel prerrománico na igrexa de Muxía,posiblemente tardorromano |
No porto: vendo embarcacións e artes de pesca |
Faro de Muxía |
Cama do home : nome que dan a unha pedra que existe na arroquia de Taboadelo (Pontevedra) que, segundo a tradición recollida por Murguía, tiña a facultade de tornar fecundas as mulleres estériles. En Galicia existen outras pedras que gozan do mesmo privilexio entre as xentes crédulas. O Padre Sarmiento cita algunhas como a que no seu tempo estaba ó pé da ermida de San Guillerme, en Fisterra, e que era, di, como unha pía ou cama de pedra na que se deitaban a durmir home e muller que por seren estériles ían a aquela ermida, e alí, diante do santo, enxendraban, acto que se mandou prohibir por indecoroso.
O mesmo acontecía no Pindo con outra rocha semellante, segundo o propio bieito, quen non se esquece de adverti-la identidade do costume e do obxecto que subxace entre a pedra do Pindo e a de Fisterra.
|
Espadana exenta da igrexa de Muxía |
|