|
GRANITO ROSA
Desnivel: 623 metros
Cumio: Cota 627 metros. Vértice xeodésico de 2º orde.
O Pindo é unha grande barreira montañosa que acada a súa máxima altitude en Pena da Moa com 627 m.
Amáis de impresionar pola súa altitude, chama a atención polas extranas formas das súas rochas, que o maxín humano viu nelas figuras de monstros, animais e persoas, o que lle confeiu un carácter lendario e misterioso.
O Padre Sarmiento fai unha ampla referencia a este monte decindo que o seu nome se lle puxo pola semellanza co Monte Pindo de Grecia. El mesmo recolle varias lendas sobre a zona, como que la erba medra moito da noite prá mañán ou que alí acodían as parellas estéris, coa intención de ter descendencia.
Otero Pedrayo chámao “gran testa xupiteriana”. Pero o Monte Pindo ten tamén unha historia real, documentada e coñecida, sobre a que existen certas contradicións acerca de fortalezas e outro tipo de construcións que noutrora se levantaron na zona. Idade Media, esta zona debeu desempeñar un protagonismo importante na defensa destes territorios, como revela J. Barreiro Barral, sobre todo a de San Xurxo, sobre o monte Pedrullo (Pindo-Carnota) e a de Canedo (San Mamede-Carnota), de patrimonio real e que despois pasaron á Igrexa e ós Condes de Traba, sendo derribadas na revolta irmandiña de 1467.
A fervenza, abanqueiro ou cadoiro do río Ézaro, nun estribo do monte Pindo, foi dunha grande beleza mentres as industrias non represaron a auga do salto, daquela un dos máis grandes de Galicia, para a producción de enerxía eléctrica.
|
 |
 |
Fervenza do Xallas |
Desembocadura do Xallas |
O impoñente Olimpo dos galegos |
A fermosura da paraxe desapareceu coa estiñaxe da cachoeira; pero di Otero Pedrayo, en Guía de Galicia, que non desapareceu o Pindo, que segue sendo un dos Olimpos eminentes dos países célticos, como asemade o Barbanza, a Capelada, Santa Tegra e outros fachos de Galicia non menos importantes.
Pedra da moa : pedra que existe no cumio rochoso do Monte do Pindo , de grande importancia relixiosa nos tempos pasados. Está rusticamente labrada, posúe unha vara de espesura, é máis ben oval ca cuadrada, poden acomodarse nela de 20 a 30 persoas de pé, e no seu centro hai unha lenda que algúns supoñen grega e que semella aludir ó lugar noxento en que certas doutrinas e prácticas idolátricas tiñan asento, sendo isto motivo de que reis, bispos e cregos excomungasen aquel recinto da comarca de Muros. [ Breviario Enciclopédico de Eladio Rodríguez] (facendo alusión a ritos profanos de fecundidade).
|
 |
 |
A Moa |
Entre os restos do Castelo de San Xurxo |
E... non todo é subir |
Cama do home : nome que dan a unha pedra que existe na arroquia de Taboadelo (Pontevedra) que, segundo a tradición recollida por Murguía, tiña a facultade de tornar fecundas as mulleres estériles. En Galicia existen outras pedras que gozan do mesmo privilexio entre as xentes crédulas. O Padre Sarmiento cita algunhas como a que no seu tempo estaba ó pé da ermida de San Guillerme, en Fisterra, e que era, di, como unha pía ou cama de pedra na que se deitaban a durmir home e muller que por seren estériles ían a aquela ermida, e alí, diante do santo, enxendraban, acto que se mandou prohibir por indecoroso.
O mesmo acontecía no Pindo con outra rocha semellante, segundo o propio bieito, quen non se esquece de adverti-la identidade do costume e do obxecto que subxace entre a pedra do Pindo e a de Fisterra.
|
 |
 |
Ó fondo, Fisterra. Abaixo o Ézaro |
Coroando o cumio do Pindo |
De volta para abaixo |
|