SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS

MENÚ PRINCIPAL | ROTEIROS FEITOS | GALERÍA | LIGAZÓNS | GALICIAS | CONDICIÓNS XERAIS | O TEMPO | Favoritos
A Cubela

Ruta de interese paisaxístico, histórico e etnográfico. Cun fermoso percorrido polas beiras do Sil, ese río cargado de lendas cuxa auga, noutrora coloreada polo ouro vai, paseniño, adentrándose no Canón ó que da nome.

Estamos no concello de Ribas de Sil, onde o Lor e o Sil mesturan as súas augas. Comenzamos en Castro de Abaixo, subimos até Torbeo, onde se pode visitar a igrexa parroquial do s. XII, baixamos até A Cubela, fermosa aldea ó pé do río e chegamos, de novo a Castro de Abaixo. Camiñamos por carreiros centenarios que veñen de ser rehabilitados para a práctica do sendeirismo. A paisaxe é abraiante, sobre todo cando se empeza a albiscar o famoso meandro do Sil, tal como se aprecia na foto e que marca o comenzo do Canón do Sil.

Interesante a rehabilitación levada a cabo na aldea de A Cubela onde, amáis do sendeirismo, se poden practicar a caza, a pesca ou as rutas a caballo.

Tamén ven de ser recuperada unha ruta que se chama "Os camiños a Santiago pola zona Sur". Unha parte está nesta zona (vindo dende Ponferrada pasa por San Clodio, Rairos, Nogueira, Castro de Abaixo, Torbeo e A Cubela, continúa no territorio do vecño concello de Póboa de Brollón, subindo até Vilachá, despois de cruzar o río.

NOTA ETNOGRÁFICA

A PENA TALLADA:

Os altos montes e profundos vales que rodean o concello de Ribas do Sil non foron obstáculo para que, desde a máis remota antigüidade, os seus habitantes mantivesen intensas relacións comerciais e culturais con outras zonas de Galicia e Castela.

Nalgúns casos, como neste de Pena Tallada, fíxose necesario abrir a man un camiño pola pedra para permitir o paso de carruaxes e gando.

Durante centros de anos, milleiros de homes e mulleres de toda condición percorreron esta ruta levando e traendo novas, fíos, cestas, música, reloxos, medicinas... (sengundo reza no cartel que indica a súa ubicación).

MINEIRÍA ROMANA DO OURO NA GALLAECIA

Plinio o Vello e Estrabón deixáronnos referencias ás minas de ouro na Gallaecia:

“As montañas de Hispania, que son maiormente áridas e ermas e non producen ren, por forza tiñan que producir ouro” [Plinio o Vello, en Naturalis Historia]

Segundo relata Caio Plinio Segundo, procurador romano que administraba algunhas minas galegas, parece que chegaron a supoñer o 10% dos ingresos totais do imperio.

Esta zona conserva varios vestixios de explotación aurífera de orixe romana das chamadas minas de tipo secundario, é decir, nas que o ouro se extraía mediante un lavado intensivo do terreo aluvial.

A auga utilizábase, tanto no proceso de extracción e lavado como na evacuación de estéris, reducindo así a man de obra e elevando a capacidade técnica de movemento de terras.

(Plinio, Naturalis Historia 33,70-73): “ o terceiro orde e xeito de sacar o ouro vencería as obras dos xigantes, porque, feitas as covas por longos espazos, cavan os montes con luces de candís, e eles mesmos son a medida do traballo e vixilias, e en moitos meses non se ve a luz do día. A este xeito de sacar o ouro chaman arrugias […]”

E, sobre o lavado final. (Plinio, NH 33, 76-78): “Despois, no chan, queda outro traballo. Cavan foxos nos que vaia a parar a auga, ás que chaman agogas. Fannas con gradas. Hai unha mata froitosa, chamada úlex (toxo), semellante ó romeo, áspera e que retén o ouro. Pechan os lados con táboas e penduran con inmenso traballo, para que non se ocupen con pozos, réganse deste xeito. O ouro buscado con arrugia non se cóce xa que é acendrado. O toxo, despois de seco quéimase e a súa cinza lávase poñendo debaixo un céspede para que asente o ouro. Deste xeito dixeron algúns que davan cada ano as Asturias e Galicia e Portugal vinte mil libras de ouro. E en ningunha parte do mundo, por tantos séculos, houbo esa fertilidade de ouro.”

A HISTORIA

No ano 1225 o rei Alfonso IX outórgalle a este concello un foro especial que se publicou no Boletín da Academia da Historia.Da división de España en provincias no ano 1833 data o paso do Concello de Ribas de Sil da provincia de Ourense á de Lugo e o paso da capitalidade de Torbeo a San Clodio.

A IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE TORBEO

Inscríbese entre as do románico rural galego, na Ribeira Sacra , e data de finais do século XII ou principios do XIII.

Pasto do lume, en 1936 só se salvaron os muros e bóvedas do ábside. Pero en 1945 quedóu reparada.

   

 

 

No exterior do ábside chaman a atención as fiestras de arco de medio punto sobre columnas con capiteis de follas estilizadas, ou con sinxelo entrelazo, destacando un que representa aves afrontadas e que se pode apreciar con máis detalle na foto superior, á esquerda.

Ábside con elegantes vanos abocinados e vanos de medio punto abocinados e peraltados do muro sur.( Pica para ampliar)


Camiño polos soutos da Cubela

 

 

Atención telefónica de 17:00 a 20:30 horas | Asoc. Cult. Via Auria, sen ánimo de lucro. 2005/008617-1 (OU) 2005 | Conta: CaixaGalicia 2091-0471-35-3040002209