SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS

MENÚ PRINCIPAL | ROTEIROS FEITOS | GALERÍA | LIGAZÓNS | GALICIAS | CONDICIÓNS XERAIS | O TEMPO | Favoritos
Ruta polos humidais da Limia e Xantar de invernía no Riós

 

O 24 de xaneiro recorreremos os humedais recuperados nos ocos que deixou a extracción de áridos polas antigas veigas da Limia.

A recuperación da Lagoa de Antela: As Areeiras

Medio século vai xa dende que naquel setembro do 1958 comenzara o forzoso desecamento dun dos humidais máis importantes da Península.

¡LEVA PRISMÁTICOS!

 

Xinzo da Limia, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Vilar de Santos, Rairiz da Veiga e A Porqueira foron mudando unha fisonomía de carballeiras centenarias, media dúcia de pontes romanas –pasto dos buldocers- e unha enorme riqueza faunística por unha paisaxe cadriculada de patatais e parcelas á poula onde a velocidade do vento aumentou un 40%, as xeadas son máis intensas, hai menos precipitacións e elevouse a temperatura do aire, todo consecuencia da desaparición de semellante cantidade de vexetación existente na contorna.

Artigo sobre a recuperación da lagoa, por S. González e A. Villarino publicado en Paspallás, revista trimestral da Sociedade Galega de Historia Natural

"Es violado el ensueño de la Antela. Doblarán a muerto por la Poesía y el triunfo de la economía las campanas sumergidas. ¿Dónde posarán los flamencos - rosa y las garzas, mensajeros de los deltas del Danubio y de los lagos, de pupilas nubladas de fantasía, del Báltico? No nos asustemos demasiado. Si en vez de nuestras ¨lagunas pontinas¨ se doran grandes trigales la ciudad ¨asulagada¨ queda en el fondo del alma de Galicia, en la geografía y paisaje, inaccesible a las máquinas, de su espíritu.

Quien mejor conoce la Antela, el ingeniero y arqueólogo Conde Balvís, se despidió de sus cristales melancólicos, de su suelo dormido, hace poco tiempo. Y su hermoso estudio suena, sin quererlo su autor, a elegía y canto de adioses.

No intentaremos ni aun el esquema de los intentos y trabajos anteriores. Sólo apuntaremos algunas. La Galicia del XIX pensó en rescatar dos tesoros: la plata de los galeones de Redondela y la riqueza cereal de La Limia. La idea es antigua. En 1831 publicó el docto, simpático y famoso canónigo-cardenal, aun no deán de Orense, don Juan Manuel Bedoya, en la ¨oficina¨ de Pazos, su ¨Memoria sobre el desagüe de la laguna de Antela o de la Limia, en la provincia y Obispado de Orense y Reino de Galicia¨. La conoció cuando desterrado por pasiones políticas habitó con los buenos franciscanos del Bon Jesús de Trandeiras que tenia caminos de zarzales entramados sobre el fango de la laguna.

Na foto pódese apreciar unha colonia de cormoráns, niños de cigoñas e a Torre de Pena ao fondo.

Los trabajos de desecación se habían comenzado con los donativos del espléndido mecenas don Manuel Fernández Varela, comisario de Cruzada de Fernando VII, de los concejos del país, y de del obispo señor Iglesias Lago. La idea, si no nació, se fortifico en la tertulia del obispo-cardenal señor Quevedo en cuya amable órbita comenzó Bedoya su vida orensana. Ya en el famoso libro de Labrada ¨Descripción económica del Reino de Galicia¨ se menciona la voladura de las peñas por la ¨ponte Liñares¨ para dar salida a las aguas acrecentando el caudal del río. Se ¨formó¨ un mapa. El alma de la obra fue el corregidor de Ginzo Ldo. D. Julián Toubes. Estaba al frente de la empresa en 1832. Muchos años después el Ldo. Toubes, juez de Celenova, recuerda, en 1847, contestando a los que le acusaban cómo se desecó parte del área inundada, se rectificaron cauces y se abrieron caminos. Trabajó personalmente al frente de los vecinos de cuya simpatía disfruta por haber estado en las obras con ellos pasando frío, humedades y hasta sin comer, sigue diciendo en su escrito del 13 de enero del año citado. Salió en el Boletín Oficial de Orense.
Sentimos no tener a mano el Diccionario de Madoz, cuyo artículo sobre la Limia, contiene interesantes datos.
Los trabajos de desecación sirvieron, como todo sirve en tal ocasión, para la guerra. En octubre de 1837 los carlistas de Guillade, que traía por segundo a un don Juan Antonio de Garabelos de Baltar, y fiaba en un gran movimiento tradicionalista en La Limia, se atrincheraron en Ordes
en las obras de desecación y sostuvieron con las fuerzas constitucionales del comandante de operaciones en el país, don Juan Gualberto Corcuera.
No deja de tener relación con estos recuerdos la empresa que en 1847 se formó para desecación y riegos con el título un poco de cabalgata carnavalesca de ¨La Nereida fertilizadora¨.
Sin recordar otros intentos como el de una aristocrática extranjera, no olvidemos el libro de don Francisco Javier Mugártegui y Parga ¨La empresa para el desagüe y saneamiento de la laguna Antela a los pueblos de la Limia¨ publicado en 1866 en Orense.Terminemos con una evocación de Vicetto. Es de la fantasía novelesca ¨El lago de La Limia¨. La profecía de las sibilas tejedoras vuela sobre el lago que refleja ¨como una inmensa placa metálica los tres formidables castillos¨: al nacer la niña predestinada ¨las aguas de la Antela se rizaron como las de los mares, los ¨gayos¨ cantaron tristemente, los castillos se entrechocaron en el fondo como si lucharan entre sí y las negras nieblas del Buen Jesús y de Lodosedo los borraron del paisaje que se reflejaba en su oscilante linfa¨. ¨SE QUIEBRA EL MÁGICO CRISTAL¨, POR R. OTERO PEDRAYO, ( DEL ORENSE ANTIGUO. LA REGIÓN, 04.10.1958)

 

 

 

 

A Limia semella redimir un pasado de cigoñas, zouvicos, sougaróns, algarias, rabisacos, lontras e seráns de taloura en man cazando rás para o consumo das afamadas ancas.

A SAÍNZA

CON PÓLVORA E POLBEIRAS.

“¡SE GUERRA QUEREDES, GUERRA TEREDES!”.

A Saínza, no concello de Rairiz de Veiga celebra cada último domingo de setembro unha pouco usual romaría en Galicia: a festa de mouros e cristiáns. Curiosamente, hoxendía máis de 300 inmigrantes do Magreb conviven cunha poboación maioritariamente cristiana en Xinzo da Limia.

A tradición de representar un combate entre mouros e cristiáns na Saínza seica se remonta a mediados do século XIX, no que un coengo ourensano a institúe como promesa ante un perigo que sofre por terras africanas. Nese mesmo momento constrúen o “castelo” que serve de decorado para esta mostra de teatro popular inscrita nunha advocación cristiana á Virxe da Merced que foi decrarada “Festa de interese turístico galego”.

A CARBALLA DA ROCHA: O SEXTO MONUMENTO NATURAL DE GALICIA

DECRETO POLO QUE SE DECLARA “A CARBALLA DA ROCHA” COMO

MONUMENTO NATURAL

Decreto 45/2007, de 1 de marzo, polo que se declara monumento natural A Carballa da Rocha, no concello de de Rairiz de Veiga:

“A Carballa da Rocha é unha árbore (Quercus robur L.) que se atopa no Concello de Rairiz de Veiga, dentro da comarca da Limia na provincia de Ourense, é un elemento da natureza constituído por unha formación arbórea de notoria singularidade e beleza que merece ser obxecto dunha protección especial, reunindo un especial interese científico, cultural e paisaxístico.

A zona forma parte da conca do río Limia, antigamente ocupada pola desecada Lagoa de Antela e próxima ao LIC Veiga de Ponteliñares. É o individuo mais espléndido dunha masa boscosa de propiedade particular, que forma mosaico con prados e sebes de gran valor e diversidade florística. Presenta un fuste impresionante cun perímetro a 1,30 m de 6,90 m , bifurcándose aos 7 m de altura en dúas pólas de grandes dimensións ata alcanzar a excepcional altura total de 33 m .

O carballo mostra unha vitalidade excelente, sen feridas nin pudricións, con tampouco síntomas de pragas ou presenza de ataques fúnxicos foliares.

A paisaxe do entorno é froito dos usos agrogandeiros tradicionais da zona, intercaladas con masas forestais que constitúen un ecosistema de grande biodiversidade, potenciada pola proximidade do LIC ES 1130005 e destacando que no entorno inmediato localízase a zona de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) declarada polo Decreto 72/2004 como LIC ES 1130006 “Veiga de Ponteliñares”, con formacións de vexetación herbácea e arbustiva produto do ecosistema dulceacuícola da zona.

Tamén cabe destacar a súa importancia social e histórico-cultural pola súa proximidade á Capela da Virxen da Merced, lugar de celebración de romarías e por ser protagonista de numerosas lendas e contos populares na zona. Polo tanto debese manter a integridade dos valores morfolóxicos e históricos-culturais da “Carballa da Rocha” e fomentar o seu coñecemento.”

RAIRIZ DE VEIGA

Rairiz de Veiga, Reserva da Biosfera, sestea nun val ao abeiro do Monte Penamá e por el se desangran dous ríos - o Limia e o seu afluente o Bidueira- que fornecen as súas afamadas Veigas, entre as que destacan as de Ponte Liñares.

Aínda se poden contemplar vestixios da antiga Vía Nova ou Via XVIII romana que comunicaba Bracara Augusta con Asturica Augusta, nalgún que outro miliario reubicado.

AS VEIGAS DE PONTELIÑARES: Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.

Veigas aluviais con enchoupamentos temporais a carón do río Limia, asolagables cando hai enchentes. A zona é completamente chaira, aínda que está rodeada de montes que superan os 1.000 m s.n.m. na zona de Bande/Verea e Calvos de Randín. A altura máxima do espazo natural denominado Veigas de Ponteliñares é de 620 m s.n.m.

O "boedo" con el facíanse as bombas para as festas atándolle pólvora envolta con liñol.

O LIC inclúe unha extensión de case 130 ha de veigas, que supoñen unha parte significativa das aínda existentes ás beiras do Limia, e mais unha pequena fracción das que houbo ata mediados do século XX, cando a política da ditadura de Franco levou consigo a desecación e cavadura de boa parte destes terreos, incluíndo a vasta lagoa de Antela.

Hábitats de interese comunitario (incluídos no anexo I da Directiva 92/43/CEE):

  • Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition (código 3150).
  • Vexetación flotante de ranúnculos dos ríos de zonas premontañosas e de planicies (código 3260).

Abrangue localidades como A Saínza, Ordes, Penelas e Congostro, en Rairiz de Veiga, e O Toxal, A Forxa e A Filgueira, en Porqueira.

Os humidais en proceso de recuperación coa Serra de S. Mamede ao fondo.

 

 

SANDIÁS

A torre de Sandiás ou do Castro está ubicada sobre os vestixios dun castro. Sofriu o asalto e destrución do duque de Lancaster, que pretendía a coroa de Castela, en 1386. No século XV pasa a mans de Alonso Pimentel, conde de Benavente e en 1436 é derrubada polos Irmandiños. Na guerra hispano-lusa do século XVIII foi punto de concentración de tropas para a súa posterior distribución a diferentes puntos da fronteira durante un episodio da Guerra de Sucesión Española (1704-1715). Hoxendía consérvase, en estado de ruina consolidada e cuns muros de case 4 metros, parte da torre da Homenaxe. Constaba, ademais de soto, de 3 pisos e terraza superior. Dende ela podemos ver unha boa panorámica da Limia.

" A súa fundación aparece envolta en varias lendas relacionadas, incluso, con Bernardo do Carpio (século IX), aínda que o máis seguro é que fora construída na primeira metade do século XII. Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do condado da Limia, entre o monarca Afonso VII de Castela e León e Afonso Henriques de Portugal, o futuro Afonso I de Portugal. No ano 1386 foi asaltada polo duque de Lancaster, pretendente á coroa de Castela. No século XV vai ser posesión de Alonso Pimentel, o conde de Benavente, punta de lanza da nobreza de Castela en Galicia que tamén vai se-lo señor da vila de Allariz, preto de Sandiás. Durante a revolta antiseñorial da primavera de 1467 vai ser derrubada polos irmandiños que estaban a asediar o castelo de Allariz. A partir deste momento non sabemos se foi reconstruída ou non, posto que algún autor opina que xamais se reconstruíu, mentres que a maioría deles opina que foi reconstruída polos Pimentel despois de 1469.
Algún destes autores chegan a opinar que foi A partir deste momento non sabemos se foi reconstruída ou non, posto que algún autor opina que xamais se reconstruíu, mentres que a maioría deles opina que foi reconstruída polos Pimentel despois de 1469. Algún destes autores chegan a opinar que foi destruído polo famoso Pedro Madruga nas loitas sucesorias (1474-1479) entre os partidarios da irmá do rei (entre eles os Pimentel), a futura raíña Isabel a Católica, e os da filla do rei, Xoana a Beltranexa (apoiada por Pedro Madruga). Na guerra hispano-lusitana do século XVIII foi punto de concentración de tropas para a súa posterior distribución a diferentes puntos da fronteira durante un episodio da Guerra de Sucesión Española (1704-1715). Foi posesión das máis poderosas familias da provincia. Hoxe só queda parte da torre da homenaxe, na que se poden admira-los seus grosos muros. Constaba, ademais de soto, de 3 pisos e terraza superior. Ó seu pé pódese admirar unha extraordinaria panorámica da desecada lagoa de Antela e da Limia". Fonte: A Torre do Castro. Revista cultural e turística do concello de Sandiás.

IGREXA DE S. ESTEVO

Igrexa construída antes de 1520, cunha portada de ¨estilo manuelino¨. Retablo de Francisco de Moure (ano 1607). O retablo de Sandiás é uns dos poucos retablos tardomanieristas que chegou ata nós completo.

Para saber máis sobre Sandiás tedes máis información no Concello e unha páxina sobre cultura popular de Sandiás.
 

Día 24 de xaneiro de 2009

Restaurante: Asador José – Riós, Ourense

Menú

1.- Caldo galego ou Callos ó Asador. Poñerán sopeiras nas mesas e que cada quén se sirva o que queira.

2.- Cordeiro leital asado con patacas e guarnición ou Robaliza (Lubina) á espalda con pataca cocida e guarnición. Ó inscribirte, especifica se queres cordeiro ou robaliza.

3. Postre caseiro, a elexir.

Pan, viño, auga, refrescos e café.

Calquera outro produto que saia do especificado deberá ser pagado aparte e persoalmente polo interesado/a.

Aínda que moitos xa o coñecedes, ten novas instalacións, nova ubicación e a mesma cociña e trato esmerado. Prezo do xantar:13 €

Haberá ruta pola mañán e miniruta pola tarde para facer a dixestión. O prezo dela será o mesmo que nos últimos meses.

Data tope para cancelar: venres día 16 ás 20.30 horas.

Asociación Cultural Vía Auria, sen ánimo de lucro e con sede en Ourense. Número de Rexistro 2005/008617-1 (OU) © 2005 Vía Auria

 

Atención telefónica de 17:00 a 20:30 horas | Asoc. Cult. Via Auria, sen ánimo de lucro. 2005/008617-1 (OU) 2005 | Conta: CaixaGalicia 2091-0471-35-3040002209