SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS

MENÚ PRINCIPAL | ROTEIROS FEITOS | GALERÍA | LIGAZÓNS | GALICIAS | CONDICIÓNS XERAIS | O TEMPO | Favoritos
A Limia Alta. A lagoa de Antela ou Lago Beón ou strabon belionis

 

 

Esta vez quero adicar a presente páxina a un limiao namorado da Limia -Anxo Quintas- ao tempo que reivindico con orgullo o meu cincuenta por cento de sangue limiá. Elena Peaguda.

Na foto: Solpór sobre o castro de Morgade, unha das "cidades" que circundan a Lagoa de Antela. Feita na última visita de Via Auria (19.01.2008).

 

Contemplemos as terras que inspiraron os traballos de Murguía, de Marcelo Macías, de Conde-Valvís, de Eligio Rivas, de Xesús T. Chivite , de Antonio Rodríguez Colmenero, Serafín González, Antonio Villarino e Felipe Bárcena, entre outros grandes estudiosos. Coñecida tamén como Lago Beón, en referencia ao xunco do mesmo nome que medraba naquelas augas e servía de esterco nos labradíos, a lamentablemente desecada Lagoa de Antela, atesouraba importantísimos restos arqueolóxicos que, de non seren arrasados polas escavadoras a finais dos anos 50, hoxe arroxarían luz sobre un pasado únicamente lendario. Froito daqueles traballosos estudos, sabemos que se atoparon embarcacións con forma de tronco cun oco no medio, restos de construcións palafíticas, de industria lítica pulimentada, canais de época romana, estelas, aras… En fin, xoguemos a adiviñar onde quedaba a vergoñentamente desparecida Ponte das Poldras, admiremos as fortalezas que defendían este territorio: Pena, Sandiás, Ribeira, Celme, Porqueira, S. Iohannis... Busquemos tamén a Pedra Alta ou Antela -menhir que posiblemente dé nome a esta lagoa- os numerosos castros, a Civitas Limicorum, o oratorio prerrománico de Ouvigo, os mosteiros de Trandeiras e de Ribeira, ...

Baixemos as pálpebras para escoitar os ecos do canto das rás e das numerosísimas aves limícolas que voaron cara outros lares...Sintamos o ataque das tropas encantadas do rei Artús, os berros adoecidos da raíña Loba dende o seu castelo, non moi lonxe de aqui, e o repenicar das campás da cidade de Antioquía, asolagada por castigo divino, neste tempo de entroido que me trae arrecendo daquelas inmensas filloas rectangulares que facía a miña avoa limiá.

A LIMIA ALTA

A Limia Alta, ao sur da provincia de Ourense, sostiña ata os anos 50 a máis extensa lagoa de auga dóce (42 km cadrados) da península ibérica, a lagoa de Antela ou lago Beón, a 611 m. sobre o nivel do mar. Rodeada polas serras de S. Mamede (1.605m), Penedo das Portas (645m), Penamá (930m), Penagache (1.330m), Fontefría (1.456m), Aguioncha (1.345m), A Xironda (1.725m), S. Martín de Perós (1.276m), Cualedro (965m), e Cantariñas (910m).

Esta depresión tectónica de amplas chairas que o río Limia recorre de vagar, ten un clima oceánico continental con oscilacións térmicas moi acusadas entre o verán e o inverno e o solo está composto, fundamentalmente, por recheo aluvial procedente dos montes que a circundan e garda a 90 m de profundidade, en sedimentos fosilizados, o resultado de ir recollendo, entre o Neóxeno e o Cuaternario, unha manchea de resíduos orgánicos procedentes dos bosques circundantes: o lignito.

A súa morfoloxía repártese en tres niveis altitudinais:

  1. Aos 600m de altitude está o fondo da depresión, ocupado por grandes espazos que de seren, na súa maioría, mestas carballeiras, tras a concentración parcelaria, convertéronas en extensas leiras cuadriculadas de patacas e trigo, pero tamén de poulas.
  2. Aos 700/900m, vemos os bordes da depresión con pequenos bosques, toxeiras e xesteiras.
  3. Aos 1000m medran as carballeiras, soutos, bidueirais e espazos forestais de coníferas.

O RIO LIMIA, LETHES, OU RÍO DO ESQUECEMENTO

Nace a 975 m de altitude, no monte Talariño (parroquia de Paradiña-Sarreaus), recorre 41 km pasando por Xinzo de Limia e continúa outros 67 km en terras portuguesas, bordeando a Serra da Peneda, regando Ponte de Lima e vertendo as súas augas no atlántico, en Viana do Castelo.

Os LIMICOS ( limici , lat.) era o pobo ibérico protohistórico que habitaba as fronteiras entre os actuais España e Portugal, nesta pantanosa rexión das fontes do río Limia. Viviron nos castros de Morgade, o Roufeiro, A Gándara, Tarrazo, A Rocha ou Os Castros de Codosedo, aproximadamente entre os séculos VI / IV a. C. e IV d.

HISTORIOGRAFÍA NA QUE SE CITA O RÍO:

-Estrabón (ss I a. C. – I d. C.): Xeografía.
a) III, 3, 4:
“Despois hai outros ríos, e logo destes, o Lethes, que uns chaman Limia e outros Belión. E este río ven do país dos Celtíberos e Vacceos (…) este río foi o límite da expedición de Bruto”.
b) III, 3, 5:
“Arredor do Cabo (Nerión) habitan os Célticos, emparentados cos do Anas. Disque estes e os Túrdulos, que facían unha expedición militar se rebelaron tras o paso do río Limia. Engádese a esta rebelión tamén a perda do seu xefe, e quedaron por alí dispersos. Porieso o río se chama Lethes”.

Tito Livio (ss. I a. C. – I d. C.): Ab Urbe Condita, per 55:
“Décimo xuño Bruto someteu a Lusitania coa conquista das cidades ata o océano, e non querendo (os seus soldados) pasar o río do Esquecemento, el mesmo pasou o estandarte arrebatado ao signífero e así convenceunos para que pasasen”.

-Papiro Oxyrhyncos:
Ano 137: “Sendo cónsules M. Aemilio e C. Hostilio Manciano, Décimo Xuño Bruto en Hispania, despois dunha victoriosa campaña, atravesou de xeito doado o río do Esquecemento ”.

-Apiano (s. I d. C.): Iberia, 73-74:
“Desistiu (Bruto) de perseguilas (as bandas que saqueaban Lusitania) naquela vasta rexión, comprendida entre os ríos Taxo, Lethes, Douro e Baetis, todos eles navegables (…) así chegou ata o río Lethes e foi o primeiro dos romanos que se propuxo atravesalo”.

-Plinio (s. I d. C.): Historia Natural, IV, 115:
“Dende o Miño, do que xa falamos, como di Varrón, dista o Aeminio 200.000 pasos, que outros entenden que está noutra parte e chaman Limia, coñecido como Oblivion polos antigos e moi lendario”.

-Silio Itálico (s. I d. C.): Púnica, I, 235-236:
“O Lethes, decorre arrastrando brilantes areas pola terra dos Gravios evocándolle aos pobos o esquecemento do máis aló.

-Plutarco (ss. I-II d. C.): Cuestións romanas, 34:
“Era éste (Bruto) o que atacando a Lusitania, foi o primeiro en atravesar cun exército o Lethes”.

-Floro (ss I – II d. C.): Epítome de Tito Livio, I, 33, 12:
“Décimo Bruto, recorrida toda a costa do Océano como vencedor, un pouco máis aló dos Célticos e Lusitanos e os pobos de toda Callaecia, e o río do Esquecemento, pánico dos soldados, non retirou os seus estandartes antes de descubrir, non sen certo medo, o sol que cae nol mar e o lume que sobresae da auga”.

OS POBOADOS LACUSTRES: PALAFITOS NA LAGOA DE ANTELA.

Conde-Valvís atopa evidencias de ata 3 poboados palafíticos con 58, 56 e 36 estruturas de habitación cada un . Na imaxe podemos ver unha reconstrución ideal feita polo investigador.

Fálanos de vigas de madeira de entre 6-8m coas puntas queimadas, elevacións no terreo que recordan ás das mámoas e dun tronco oco a modo de embarcación.

Todo foi estragado polas excavadoras tras a desecación da lagoa.

Coñecidos popularmente como cortellos aínda atopamos certa toponimia como Cortegada, na zona onde se achou a Pedra Alta.

A XURISDICCIÓN DA CIVITAS LIMICORUM E O CENTRO ADMINISTRATIVO E COMERCIAL: O FORUM LIMICORUM.

Hai un controvertido debate sobre a súa ubicación:

¿Na cidá do Monte do Viso, en Sarreaus?.

" En un alto que se llama Do Viso, hay un llano , como dos millas de circunferencia, que nombran la Cidade. En medio de este plano está una ermita...". Pedro González de Ulloa, cura de Sta. Baia de Chamosiños (ano 1777). Tamén di este crego, referíndose a este monte de Sarreaus, que naquel recinto hai varias covas, fornos de ladrillo e moitos sartegos de pedra.

"En la parte oriental de esta llanura se estiende de Norte a Mediodia un monte llamado do Viso, que ácia Poniente tiene un llano como de dos millas de circunferencia, que domina y registra la planicie del valle, y llaman à dicho sitio la Ciudad ,aunque solo persevera una Ermita dedicada à S. Pedro: y aquí estuvo la Ciudad de los Limicos, según prueban las Inscripciones que pusimos en el Prologo del Tom. 12. y tocan à este sitio:

 

La una es:

IM CAES DIVI H ad

RIANI F DIVI TRAIAN

PARTHICIE NEP DIVI

NERVAE PRONEP

AELIO HADRIANO

ANTONINO AVG PIO

PONT M TRIB POT

IIII COS III P. P

CiVITAS LIMICoRvUM

La otra es:

IMP. CAES DIVI TRA

IANI PARTHICI F

DIVI NERVAE NEP

TRAIANO HADRIA

NO AVG PONTIF

MAX. TRIB. POT. XVI

COS III P. P CIVITAS…

El final que está borrado, diria sin duda despues de Civitas LIMIcorum como en la precedente, pues ambas existen en un sitio, y por ellas sabemos donde estuvo la Ciudad de los Limicos, pues son piedras geograficas, que hablan en nombre de la Republica , y existen en el lugar primordial, como prueba la situacion en despoblado, en altura, cerca del nacimiento del rio Limia, donde corresponde señalar la Ciudad de los Limicos, aunque no huviese otro fundamento: por lo que estando apoyado en los refereidos, no debe quedar mas duda en la reduccion de la Capital de los Limicos al sitio referido, que en si mismo brindaba a los antiguos para la fundacion de una Ciudad, por la elevación del terreno, que les favorecia para la defensa, cuyo buque bastaba para una buena poblacion, en sitio que predomina al valle, surtido de auga por la misma naturaleza, pues en el mismo monte del Viso brotan dos Fuentes copiosas y perenes de bella agua, y forman un arroyo que puede surtir a los molinos. Tiene tambien el sitio diferentes fragmentos de sepulcros, piedras labradas, ladrillos y aun Monedas antiguas, que todo califica la poblacion y seria en aquel tiempo fortaleza de las principales, porque demas de los que domina al Valle, se levanta al Sudeste del monte un pequeño cerro, cuya parte superior es llana con una milla de circunferencia, cercada alrededor de foso y contrafoso, que en todo tiempo podia hacer muy dificil su conquista." Tomado de: España Sagrada: Theatro Geographico-historico de la Iglesia de España. Origen, divisiones y limites de todas sus provincias, antigüedad, traslaciones y estado antiguo y presente de sus Sillas, con varias disertaciones críticas. Tomo XVII de la Santa Iglesia de Orense en su estado antiguo y presente. P.M.FR. Henrique Florez de la Orden de San Agustin, 1763. (Transcrición tal cal, en castelán do século XVIII).

 

«na planicie do Monte Viso, xunto ós pobos de Lodoselo e Nocelo dá Pena...» ubicábao Marcelo Macías en 1899.

No século XVIII M. Murguía e F. López Cuevillas din tamén que a patria do bispo Idacio foi A Cibdá do Monte do Viso, Idacio é o istoriador dos suevos e bispo de Chaves.

No século XIX di Barros Sibelo que o limicorum forum está no monte O Viso e que acharon tumbas que tiñan inscritas "a cidade dos límicos" e que se atopan no museo arqueolóxico de Ourense.

A"TRICIVITAS" , ou ara ao Lar, ou MATRI CIVITATIS LIMICORUM ou estela funeraria bifronte, segundo os diferentes investigadores.

Fonte: Boletín Auriense. Tomo XIII. Ourense, 1983. Sobre la identidad de la supuesta Ara Romana Tricivitas.

Aparecida en Nocelo da Pena (Sarreaus), no século XVIII e nunha das paredes da ermida que había no Monte do Viso (San Pedro do Viso). Nela a Civitas dos límicos fai a adicatoria, o que constitúe un indicio claro de que próxima ao lugar se debe de atopar a cidade dos límicos da que nos fala Ptolomeo.


A primeira noticia que temos dela, dánola Pedro González de Ulloa, cura párroco de Chamusiños, que recordaba, cando estaba de abade en Perrelos, unhas lápidas na ermita de Nocelo da Pena, entre as que se citaba a Cidade dos Limici. En 1835 trasládanse ao adro da igrexa parroquial de San Lourenzo de Nocelo da Pena; colócanas na base dun cruceiro e é así como as atopa Barros Sivelo. O 10 de novembro de 1897 lévanse ao Museo Provincial de Ourense e, ata o 1972, crese que é unha lápida conmemorativa dun pacto entre tres cidades.

Para Juan Carlos Rivas Fernández, trátase dunha estela funeraria bifronte que, na cara A presenta as imaxes en busto de tres personaxes e na cara B unha escena ritual de libación, no que dous familiares dos finados verquen ao mesmo tempo os contidos de sendos vasos oferentes, cecáis un con mel e outro con leite, -nalgúns casos con viño puro e algún licor-, sobre un gran recipiente en forma de copa.

¿No subsolo do casco histórico de Xinzo?.

"A existencia de vestixios arqueolóxicos no subsolo da actual Xinzo de Limia é coñecida xa desde moi antigo – véxanse as referencias recollidas por González de Ulloa (1777), Ceán Bermúdez (1832) ou Díez Sanjurjo (1904)– pero non será ata 1972 cando se realice a primeira intervención arqueolóxica científica –a dirixida por Xesús Ferro Couselo na finca Cortiñela (O Regueiro)–, dando lugar ó achado das dúas famosas estatuas sedentes de Xinzo e mais dun miliario. Non obstante, a relevancia destes achados certamente pasou desapercibida, sendo daquela interpretado o xacemento como unha pobre e sinxela villa baixoimperial romana.
A emerxencia do que propiamente se pode considerar arqueoloxía urbana xinzense prodúcese en 1995-1996 coa realización dunha importante intervención arqueolóxica no solar e adro da Igrexa Vella ou de Sta. Mariña, dirixida por M. Xusto Rodríguez. A escavación detectóu os vestixios dunha probable domus romana (ss. II-IV d.C.) sobre a que se sobrepoñen unha necrópole de inhumación paleocristiana (ss. V-VI) e, despois, múltiples estructuras constructivas medievais e modernas (igrexa prerrománica – ss. IX-XI–, igrexa románica –ss. XII-XV–, igrexa do s. XVI, transformacións dos ss. XVII e XIX), sempre asociadas ós correspondentes niveis de inhumacións.

A información arqueohistórica xenerada por esta intervención na Igrexa Vella, xunto con outros achados casuais –entre eles unha ara romana aparecida nunha obra da rúa Padrón esquina rúa Galicia–, supuxeron un cambio radical no coñecemento das orixes de Xinzo e, en consecuencia, tamén na valoración dos vestixios arqueolóxicos que denotan estas antigas orixes.

Prácticamente tódolos estudiosos coinciden en afirmar que o subsolo do Casco Histórico de Xinzo agocha os restos dun núcleo urbano romano importante –sen dúbida o que as fontes clásicas denominan Forum Limicorum, esto é, o núcleo capital da comunidade indíxeno-romana dos Limici– e que, polo tanto, é previsible que aparezan restos certamente relevantes tales como infraestructuras urbanas –rúas empedradas, cloacas, canalizacións–, edificios públicos –foro, templos, mercado, termas –, edificacións ArqueoGenitio Sistema de información da arqueoloxía urbana xinzense para a investigación, xestión e posta en valor do patrimonio arqueolóxico
domésticas –ricas domus con patios ou pavimentos de mosaico– ou construccións de índole artesanal e comercial –talleres, obradoiros, tabernae.–. O tamaño do antigo Forum Limicorum semella ser igualmente moi considerable –ó redor de 5 hectáreas de extensión– malia que a súa densidade interna aparentemente fose baixa".
Fonte: Arqueogenitio Sistema de información da arqueoloxía urbana limiá para a investigación, xestión e posta en valor do patrimonio arqueolóxico.

AS LENDAS DA ZONA

"A Limia é unha terra que ten leenda, tanta leenda que hastra din qu´hai elí unha lagoa… A min xa me poden vir con contos, inda que sexa do FORUM LIMICORUM.
Eu vin ós limiaos, c´unhos grandes chapeus de palla, guiando unhos inmensos carros d´herba que van cantando por unhas estradas dereitas como fusos, antre ringleiras de negrillos. Vin o gando mouro vir á noite do monte, pola ponte das Poldras, y-as ovellas apretuxadas tras d´il. Vin as patacas sementadas nas leiras, y-o centeo segado, e vin-o mallar pol-a raxeira do sol. Vin ós cás sair a ladraren ó camiño – porqu-eu percorrín a Limia n-un coche de cabalos, esa cousa anacróneca que xa non sirve mais que para ir recoller ós viaxeiros n-as estaciós do camiño de ferro e levalos ás fondas - e hastra vin brincar un sapo d´entras rodas, n-unha noite de luar, vindo por unha d´esas estradas dereitas com´as que din qu´atravesaban o lago de Tezcuco en México, e qu´atravesan esta xa hipotética lagoa Antela, que non veredes anque vaidas a Limia; como non traigades no fardel o Coello ou o Fontán…
(Ver quen foi Fontan, máis abaixo)".Artigo de Vicente Risco no xornal La Zarpa , 02/06/1921.

 

FUNDACIÓN DO MOSTEIRO DO BON XESÚS DE TRANDEIRAS:

A fermosa lenda do rei Arturo aparece recollida nun manuscrito do século XVI titulado Origen, fundación y primeros tiempos del Buen Jesús de Trandeiras, un mosteiro que estaba próximo á Lagoa de Antela, na comarca ourensá da Limia.

"... Como había moitos charcos e lameiros, chegado o verán saían deles tantos mosquitos cínifes que, erguéndose á posta do sol, pola veiga abaixo voando, resplandecían as ás que parecían armas, e os da terra que os vían dicían e afirmaban que era o rei Artús (rei Arturo, importante figura da mitoloxía celta) que estaba encantado co seu exército naquela veiga"…, así ó crían porque dicían que seus pais e avós, e devanceiros así o dixeran e afirmaran. Estas e outras malicias, parvadas e pecados quitáronse e desterráronse co novo edificio (o Mosteiro de Trandeiras)".

A LAGOA: Baixo a lagoa, estaba sepultada a antiga cidade de Antioquía. Un mendigo apareceu un día pedindo esmola polas portas do pobo pero ninguén lle deu nada; na última casa do pobo vivía unha vella muller que atendeu e deulle de comer ó mendigo; este pediulle que o acompañara ata a saída do pobo cando se dispuña a seguir o seu camiño. Dende un cumio ás aforas do pobo, pediulle a vella que botara unha ollada cara atrás e esta pudo ver que o pobo quedara asolagado completamente e os seus habitantes foran convertidos en rás. O medigo era Xesucristo.

Nas mañanciñas de San Xoán, co primeiro raio de sol, aínda se pode ver no fondo o campanario da igrexa. E na Noiteboa, ás doce en punto, óese o canto dos galos

O RÍO LIMIA:A outra lenda era sobre o río Limia, Décimo Xuño " O Bruto " dispúñase a cruzar o río Limia, coñecido entre os romanos como río Letes ( río do olvido ), cando a sua tropa se negou a facelo porque xiraba entorno ao río un dito que dicía que todo o que o cruzaba, perdía a memoria. Para demostrar o contrario, foi o propio Xuño o primeiro en cruzalo, e dende a outra orilla, foi chamando un a un polo seu nome ós soldados da sua tropa.

 

Domingo Fontán

Mapa da Lagoa de Antela (París, 1845) na Carta Xeométrica de Galicia, de Domingo Fontán.

Domingo Fontán , matemático, teólogo, avogado, cartógrafo e parlamentario pontevedrés cuxo maior logro foi deseñar o primeiro mapa realizado en España con métodos científicos e medicións matemáticas, a Carta Xeométrica de Galicia, no ano 1834, dezanove anos antes de comenzarse a triangulación xeodésica total da Península. «primero en lograr un esquema del rostro, hasta entonces brumoso y oscuro, de Galicia, guíale un imperativo matemático [...]. Ascendió —continúa— a todos los castros, cumbres y ermitas; estuvo en todas las parroquias; sometió á cálculo y medida una multiplicidad de horizontes. En un tiempo en que sólo cruzaban Galicia la carretera general a A Coruña con su rama ferrolana y la trazada de Santiago a Pontevedra por los arzobispos, Fontán desplegó metódicamente un trabajo inmenso de perfecto resultado, sólo comparable al de don Antonio López Ferreiro [...]. Ambos —el geógrafo y el historiador, movilizando enormes espesores de documentos, formas plásticas y diplomas— no fueron abrumados por ellos [...]» . ( Otero Pedraio )

MENHIR DA PEDRA ALTA DE CORTEGADA OU ANTELA

Menhir monolítico duns 3.47 m de altura, cuns 72-42 cm de ancho que apareceu na intersección de 3 concellos: Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio e Sarreaus.

Os gravados que presenta na súa superficie son de clara época histórica, posiblemente dos séculos IX ao XII (na cara principal, xunto cunha cruz duns 25 cm, obsérvase unha inscrición de difícil interpretación:I(n) D(omini) N(ostri) IHESU VIMARA EBURONI... e, no lado esquerdo e cara posterior hai outras tres cruces máis pequenas, ademáis da letra E, cecáis posteriores á da cara principal). Ver: Vega Pato, T, 1988-9, «‘A Pedra Alta’ de Cortegada: un Menhir en ‘A Lagoa de Antela’», BoletínAuriense, XVIII-XIX. , 1988-1989 , páxs. 107-118

Derrubado por un tractor en 1975 e levantado (nun pedestal) en 1986, preto do lugar onde se achou.

AS FORTALEZAS: PORQUEIRA, PENA, SANDIÁS, CELME

Constituiron un conxunto estratéxico de defensa construido entre os séculos XI e XII, fronte ás tentativas invasoras de Alfonso Henriques de Portugal (futuro Afonso I de Portugal) dos territorios de Alfonso VII de Castela e León.

Da de Porqueira (A Forxa) -a única que podemos visitar por dentro- queda a torre da que fora residencia de don García I.

A de Pena é o que se conserva, xunto con parte do lenzo da muralla, da Torre da Homenaxe do castelo de A Pena da Portela. Ten unos muros de aprox. dous metros e medio en perpiaño dispostos en planta cuadrangular, con marcas de canteiro. Na porta pódese observar ménsulas decoradas cunha folla de oito pétalos que sosteñen o dintel, onde aínda se vislumbra un escudo de armas. No interior divídese en tres plantas, a segunda e a terceira con bóveda de canón.

A torre de Sandiás ou do Castro está ubicada sobre os vestixios dun castro. Sofriu o asalto e destrución do duque de Lancaster, que pretendía a coroa de Castela, en 1386. No século XV pasa a mans de Alonso Pimentel, conde de Benavente e en 1436 é derrubada polos Irmandiños. Na guerra hispano-lusa do século XVIII foi punto de concentración de tropas para a súa posterior distribución a diferentes puntos da fronteira durante un episodio da Guerra de Sucesión Española (1704-1715). Hoxendía consérvase, en estado de ruina consolidada e cuns muros de case 4 metros, parte da torre da Homenaxe. Constaba, ademais de soto, de 3 pisos e terraza superior. Dende ela podemos ver unha boa panorámica da Limia.

" A súa fundación aparece envolta en varias lendas relacionadas, incluso, con Bernardo do Carpio (século IX), aínda que o máis seguro é que fora construída na primeira metade do século XII. Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do condado da Limia, entre o monarca Afonso VII de Castela e León e Afonso Henriques de Portugal, o futuro Afonso I de Portugal. No ano 1386 foi asaltada polo duque de Lancaster, pretendente á coroa de Castela. No século XV vai ser posesión de Alonso Pimentel, o conde de Benavente, punta de lanza da nobreza de Castela en Galicia que tamén vai se-lo señor da vila de Allariz, preto de Sandiás. Durante a revolta antiseñorial da primavera de 1467 vai ser derrubada polos irmandiños que estaban a asediar o castelo de Allariz. A partir deste momento non sabemos se foi reconstruída ou non, posto que algún autor opina que xamais se reconstruíu, mentres que a maioría deles opina que foi reconstruída polos Pimentel despois de 1469. Algún destes autores chegan a opinar que foi A partir deste momento non sabemos se foi reconstruída ou non, posto que algún autor opina que xamais se reconstruíu, mentres que a maioría deles opina que foi reconstruída polos Pimentel despois de 1469. Algún destes autores chegan a opinar que foi destruído polo famoso Pedro Madruga nas loitas sucesorias (1474-1479) entre os partidarios da irmá do rei (entre eles os Pimentel), a futura raíña Isabel a Católica, e os da filla do rei, Xoana a Beltranexa (apoiada por Pedro Madruga). Na guerra hispano-lusitana do século XVIII foi punto de concentración de tropas para a súa posterior distribución a diferentes puntos da fronteira durante un episodio da Guerra de Sucesión Española (1704-1715). Foi posesión das máis poderosas familias da provincia. Hoxe só queda parte da torre da homenaxe, na que se poden admira-los seus grosos muros. Constaba, ademais de soto, de 3 pisos e terraza superior. Ó seu pé pódese admirar unha extraordinaria panorámica da desecada lagoa de Antela e da Limia". Fonte: A Torre do Castro. Revista cultural e turística do concello de Sandiás.

Montaxe fotográfica da Torre de Sandiás, en YouTube (Por Xan Arco da Vella)

Da de Celme, en Congostro-Rairiz de Veiga, pouco queda. Apenas un cubo de sillería de granito aberto nun dos lados por un vano con arco de medio punto. Construido por Afonso Enríquez e asaltado polo duque de Láncaster, os marqueses de Valladares foron os seus últimos propietarios. Durante os conflitos do século XII entre Galicia e Portugal, Afonso Henriques, primeiro rei luso, levantou o Castelo de Celme hoxe desaparecido. Esta fortaleza que dominaba o río Limia e a antiga Via Nova, foi sitiada no propio siglo XII polo rei de Castela Alfonso VII, o que proba os vaivéns aos que se viu sometida A Limia, terra de ninguén entre distintos reinos peninsulares. No XIV Celme foi tomado polo Duque de Láncaster, partidario de Pedro I «el Cruel», quen pasou por esta zona en 1366 durante a guerra dinástica contra o bastardo Enrique de Trastámara. En Congostro, ao pé da torre de Celme, existiu o mosterio de Santo André, se ben foi o de Santa Clara de Allariz o que – ademáis dos señores de Celme – tivo aqui amplos dominios. As inxustizas e abusos aristocráticos motivaron revoltas populares que en Galicia culminaron coa rebelión dos Irmandiños en 1467; Celme, que daquela pertencía ao conde de Ribadavia, figura entre as fortalezas derrocadas.

OUVIGO (OS BLANCOS): probable oratorio ou basílica paleocristiana (San Verísimo, o Santo Vello), segundo Antonio Rodríguez Colmenero. Rodeado por unha necrópole correspondente a épocas altomedievais. O Museo Arqueolóxico de Ourense acolle unha peza, o Píxide de Ouvigo, de finais do século XIII, caixiña adicada a gardar a Eucaristía ou levar o viático aos moribundos. Máis sobre o Píxide de Ouvigo e sobre o oratorio (páxina do Museo Arqueolóxico de Ourense).

OS MOSTEIROS: O BON XESÚS DE TRANDEIRAS E STA. MARÍA DE RIBEIRA
O Bon Xesús de Trandeiras
O edificio deste convento franciscano, de finais da Idade Media, ten unha igrexa do século XVI e foi fundado en 1520 polo prior de Xunqueira de Ambía Don Alonso de Piña, promotor e mecenas de numerosas empresas artísticas do século XVI.

No ano 1523 establecéronse os franciscanos. O edificio mantén en pé a igrexa e o claustro, que responden a tipoloxías e formas do primeiro renacemento, aínda que tamén conserva elementos góticos postmedievais: cubricións de cruzaría, abundancia de decoración de nas portadas e arcadas que achega este edificio a formas utilizadas coetáneamente pola arte "isabelina" desenvolvida en Castela e "manuelina" en Portugal. O claustro, cuadrangular, presenta arcos conopiais -obra do mestre canteiro Bartolomé de Nosendo- que se apoian en columnas de fuste moldurado e rematadas en capiteis sinxelos pero elegantes con sobria decoración vexetal ou animal, de modelo similar ao utilizado nas misericordias de coros da mesma cronoloxía. O interior do templo custodia imaxes de Cornelius de Holanda e a fachada é de estilo prateresco con influencias de Juan de Egas e do estilo manuelino.

Do ano 1824 ao 1827, acolleu ao coengo-cardeal e futuro bispo de Ourense, D. Juan Manuel Bedoya, a onde foi desterrado polas súas ideas liberais. A finais do século XVIII, chegan a refuxiarse neste mosteiro cregos procedentes da Francia revolucionaria.

Hoxendía, o mosteiro, atópase en estado ruinoso con partes consolidadas. Montaxe fotográfica do Mosteiro de Trandeiras, en YouTube (Por Xoan Arco da Vella)
Sta. María de Ribeira

Cenobio benedictino fundado no s. X por Afonso Romarixiz e dona Gutina que pasou a ser priorato de Celanova, onde Frei Martín Sarmiento atopou lápidas romanas adicadas a individuos da Tribo Quirina ( unha das 35 tribos romanas, nas que se adscribía todo cidadán romano para poder exercer o seu dereito de voto nos comicios por tribos. Tiña a consideración de tribo rústica, fronte ás catro tribos urbanas). Ordoño II donou estas terras ao pai de San Rosendo, o conde Gutier Menéndez, que construiu un castelo no cumio do monte coñecido actualmente como O Castelo. Hoxe descoñécese cal era a ubicación exacta deste mosteiro.

"Fue San Rudesindo, señor de la antigua Casa y soloar de Ribera, que era un Castillo deste nombre, de que ahora parecen los cimientos, junto al río Limia, algo desviado del, llamase Castro de Ribera, cerca de San Bartolomé de Ganade, en la tierra que llaman Ribera, quatro leguas de Celanova...". Fonte:Castellá Ferrer, Historia del Apóstol de Jesus Christo Santiago Zebedeo Patrón y Capitán General de las Españas. Madrid, 1610, fol. 167r.

A FAUNA DA LIMIA

Dunha conferencia de Serafín González, científico titular do CSIC e director do Instituto de Investigaciones Agrobiológicas de Galicia (CSIC). Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela:

"En la llanura de Limia existió hasta mediados del siglo XX uno de los mayores complejos húmedos de agua dulce de toda la Península Ibérica, formado por la laguna de Antela y la llanura de inundación de río Limia y sus afluentes. La superficie inundada en la época invernal era de entre 6.900 y 7.500 hectáreas, de las cuales 3.400 correspondían a la laguna de Antela (alcanzando los tres metros de profundidad); entre 1.500 y 2000 a las vegas perimetrales de Antela; y otras 2.200 hectáreas a las llanuras inundables del Limia y sus tributarios.

Durante los meses de verano, la lámina de agua mantenía profundidades de hasta un metro en la laguna, con unas 1.340 hectáreas de aguas permanentes, y de algunos centímetros en las vegas inundables que ocupaban entre 150 y 250 hectáreas adicionales.

Fue a partir de una ley de 27 de diciembre de 1956, al amparo de la Ley Cambó de 1918, cuando se estableció el saneamiento y colonización de la laguna de Antela por el Instituto Nacional de Colonización, que en 1957 comenzó los trabajos que llevaron a la desaparición de la laguna. Las transformaciones hidrológicas y agrarias continuaron con las concentraciones parcelarias y el drenaje de las llanuras inundables, trabajos que extendieron hasta comienzos de los años 90.

Con la desecación de la laguna de Antela se extinguieron de Galicia como reproductoras 11 especies de aves acuáticas ( avetoro, martinete, garceta común, ánsar común, ánade rabudo, pato cuchara, cerceta carretona, aguja colinegra, archibebe común, charrán común y fumarel cariblanco ).

Otras dos especies ( cigüeña común y zarapito real ) pasaron a ser sólo nidificantes ocasionales y resultaron diezmadas las poblaciones reproductoras gallegas de otra docena de especies ( zampullín chico, avetorillo común, ánade real, cerceta común, gallineta común, focha común, sisón, alcaraván, chorlitejo chico, avefría europea y agachadiza común ).

“La desaparición de Antela fue un duro golpe para la biodiversidad gallega y española”, afirma Serafín González. En Antela y el resto de la llanura limiana hay registradas 303 especies de vertebrados autóctonos, y otros cuatro introducidos en los últimos años, además de siete especies de peces, 12 de anfibios, 13 de reptiles, 231 de aves y 44 de mamíferos.

“La pérdida de Antela supuso la desaparición del último lugar de cría del ánsar común, así como de un área muy importante para la reproducción del avetoro , la avefría europea, la agachadiza común y al charrán común”, señala el investigador del CSIC. “Esta nueva situación también dio lugar a la desaparición de una destacada zona de alimentación y reposo para numerosas especies migratorias e invernantes”, añade González.

No obstante, el interés ecológico que aún conservan Antela y Limia las convierten en lo que se denomina Área Importante para las Aves (IBA) Este hecho viene avalado por la presencia en la zona de 56 especies de conservación prioritaria, de ellas 15 reproductoras, según la Directiva europea de Aves. “Además, la capacidad de regeneración de la naturaleza en este espacio del suroeste de Europa hace pensar en la regeneración de la dinámica hidrológica y la recuperación de su mosaico de zonas húmedas, arboladas, cultivadas y pastoreadas” . Fonte: Gabinete de Prensa (CSIC)

AS TRADICIÓNS. O ENTROIDO

Artigo do escritor limiao Carlos Casares en La Voz de Galicia, 05.03.2000, sobre o entroido:

"Recordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou de algo polo estilo. Foi hai bastantes anos, cando eu era neno, e a memoria non está xa moi fresca para lembrar sucesos tan lonxanos. O que si recordo con precisión é que a Garda Civil andaba detrás deles, metralleta en man, e que eles fuxían polos tellados. Eu vinos precisamente preto da miña casa, escondidos detrás dunha mansarda. Como quedaban apenas a un tiro de pedra, a pesar de que levaban a cara pintada de negro, recoñecín a un dos dous, era o Juan Manuel Tejada, un veciño noso, porta con porta, fillo da Lucita Peláez, amiga da miña nai.

    Nun primeiro momento, como non había ninguén na casa, a non ser Maruxa, que estaba limpando e non lle prestaba moita atención ó que naqueles intres sucedía fora, eu pensei que debían ser atracadores, pois daquela, a presencia da Garda Civil armada asociábase case sempre co problema dos atracos, que era como se lle chamaba ás accións dos fuxidos a guerra no monte, anos despois de que esta rematara nos frontes regulares de batalla. Alí, na comarca da Limia actuaba, entre outras, a partida de Casto Cabezas, a que eu consideraba un heroe lexendario. De xeito que, durante algún tempo, ata que se aclarou todo cando os meus pais chegaron á casa, eu pensei que o meu veciño Tejada andaba metido no lío aquel dos atracos.

   Por suposto non era así. O que ocurría é que estabamos no entroido e a Garda Civil, supoño que por órdenes superiores, prohibía calquer tipo de disfraces. Debeu ser entón cando eu aprendín que, ó chegaren as festas de carnaval de cada ano, a vila de Xinzo de Limia se puña en pé de guerra, por máis que ó principio, durante algún tempo, se chegase a unha especie de solución intermedia. Salvo no caso de algúns tipos arriscados e destemidos, xeralmente a xente moza, que facián cuestión de honor de saír á rúa vestidos de entroido en contra da prohibición e do perigo de pasar unhas horas na cárcere ou de pagar unha multa gubernativa, a maior parte dos habitantes da vila limitábanse a disfrazarse dentro das casas.

  E de todos estos que recurrían a unha versión tan doméstica e familiar do entroido, habíaos de varias categorías. Os máis tranquilos permanecían no interior dos pisos, sentados na cociña ou no salón ou o pe do lume, facendo tertulia cos amigos, comendo o cocido e as filloas, e bebendo. Pero de repente, como si lles entrase o formiguillo, cada pouco, puñan a careta, preferentemente a pantalla  característica de Xinzo, daban un par de voltas batendo coas vexigas de porco contra a man, movendo a cintura para que soasen as chocas e os axóuxeres, emitindo aquel berro gutural típico, tan parecido a un pequeno aturuxo, e durante un par de segundos convertían a casa nun carnaval. Logo quitaban a careta, puñan de novo a cara de todos os días e proseguínan con toda serenidade a conversa que deixaran interrumpida.

PROHIBICIÓN

   Había outra especie, dentro desta mesma categoría dos que non se atrevían a saír a rúa por culpa da prohibición, pero que tampoco renunciaban a celebrar o entroido dentro das casas, que elexían unha solución intermedia, entre o estrictamente privado e o público.Estos saían disfrazados as ventás e ós balcóns, facían as monadas que se lle ocurrían ou que eran inherentes ó tipo de disfrace elexido e logo saudábanse discretamente entre eles, de casa en casa, dun lado ó outro da rúa, en silencio, con movementos de mans ou de cabeza. Era como unha festa de mudos. Polas rúas, mentras tanto,non circulaban máis que a Garda civil e a xente aburrida.

  Houbo un momento no que, ou ben por cansancio das autoridades, que se vían incapaces de frear aquel trebón de vitalidade irrefrenable, ou ben porque alguén con sentido común debeu chegar á conclusión de que non tiña sentido de ningún tipo, nin común nin do outro, prohibir o carnaval, o caso foi que este pasou a ser definitivamente tolerado. Polo tanto, nos anos cincuenta, o entroido celebrábase en Xinzo de Limia polo grande, con miles de persoas lanzadas á rúa e vestidas de todas as loucuras inimaxinables, incluídas algunhas tan pouco santas que aínda hoxe parece imposible que non foxen obxecto de algún tipo de sanción ou de censura.

   Cando se tiña conquistado aquela especie de bula especial concedida de xeito tácito pola autoridade civil, apareceu polo medio o señor cura párroco. Era daquela Don Cesáreo, un home alto e delgado, cunha certa semellanza física co Papa Pio XII, elegante e solemne, un pouco altivo, que decretou desde o púlpito que disfrazarse era un gravísimo pecado mortal. Como eu estaba aínda na edade da inocencia, non entendín ben os motivos daquel anatema, pero polo que lle poiden escoitar ós maiores, a cousa tiña que ver co xeito de que algunhas persoas pouco decentes aproveitaban o anonimato e a impunidade que lles otorgaba levar a cara tapada, para pecar. Xa se sabe contra que mandamento.

   Durante algún tempo, algunhas persoas aceptaron o novo código de xeito radical, o que supiña non poder disfrazarse de ningunha maneira, nin sequera coa cara destapada porque, segundo a doctrina moral, na versión xupiterina interpretada por don Cesáreo, o simple feito de participar no entroido implicaba cooperar activamente no pecado dos demáis. Pouco a poco , sen embargo, a fidelidade á rixidez da norma empezou a afroxar, incluso con fieis bastante fieis, como podían ser o caso da miña nai e as súas amigas, que non estaban dispostas a renunciar a algo tan inocente como era vestir os seus fillos de figuríns e levalos de adorno ós bailes para nenos do casino.

ORGULLO E VERGOÑA.

Aquela relaxación da miña nai, tan escrupolosa sempre cos mandatos da Igrexa, a non ser en cuestións políticas, que nunca acatou nin siquera na época franquista, foi unha verdadeira desgracia para min. Ainda recordo como se fixe onte, un dos días máis tristes da miña vida, entrando pola porta do salón nobre do casino, dandolle o brazo á miña irmá, eu vestido de cordobés e ela vestida de non sei que. Incapaz de chorar por orgullo, sentía unha rabia insoportable, que me levaba a non responder cando me falaban, a fulminar á miña irmá con ollos de lume e convertirme nunha especie de túzaro que se negou reiteradamente, polo procedemento de arrimarse contra unha parede, mirar ó chan e non dicir palabra, a saír ó medio da pista de baile para bailar a raspa.

   Aquel día acabaron para sempre as miñas posibilidades de aprender a bailar nin siquera o pasodobre. Esa foi tamén a razón de que máis adiante, cando era adolescente e os meus compañeiros de pandilla empezaban a ir ós bailes dos maiores no casino, vestidos coa pecaminosa mascarita, durante anos centro dos ataques de don Cesáreo desde ó púlpito, eu permanecese á marxe, privándome por ese motivo das festas que eles logo me describían con toda clase de detalles, dándolle así a razón indirectamente ó señor cura párroco. É decir, que nos bailes, con aquela túnica negra, que cubría todo, desde a cabeza ata os pés, e que aseguraba un anonimato total, se pecaba.

  Coincidiu aquel descubremento cunha etapa de fervor adoslescente, o cal me levou a instalarme nunha posición moral de intensidade baixa, unha decisión que implicaba que, por un lado, non me puña a terrible mascarita pero polo outro tampouco aceptaba o que se podería chamar con bastante propiedade "a doctrina Cesáreo" que como dixen antes, na súa formulación extrema establecía que un non se podía disfrazar nin siquera coa cara descuberta.

   A primeira vez que decidín violar a norma, púxenme de acordo cun compañeiro daquelos anos, Manolito Dobaño, encargamos nun carpinteiro unhas caixas de limpiabotas e con elas na man nos botamos á rúa.

   Sucedeu , sen embargo, que aquelo que nós concebíramos nun principio só como unha broma, acabou convertíndose nun negocio, prácticamente sin inversión económica de ningún tipo, pois en vez de betún ou crema, o único que gastabamos os dous limpiabotas era un pouco de chuspe que lle botabamos ós clientes nos zapatos. Aqueles foron os primeiros cartos que gañei pola miña conta e non o atribuín tanto ó mérito propio nin a disposición especial para os negocios, como unha especie de premio otorgado polo ceo. De xeito que aquel botín foi a proba e a confirmación de que don Cesáreo non interpretaba correctamente a moral cristiana nos asuntos realacionados co entroido. Ó ano seguinte puxen a mascarita e fun ó casino con ela, sen intención de bailar.

  De súpeto, en cambio, non se me ocurre outra cousa que sacar a bailar a miña nai, que estaba sentada co meu pai nun sofá. Para despistala, dinlle a man cambiada, como se eu foxe tamén muller, e finxín, poñendo aquela voz de rato característica das mascaritas, que era amiga do seu fillo, é decir, de min, e que estaba namorada. De primeiras, noteina preocupada, como sorprendida de que eu, un rapaz de quince anos, tivese unha moza e ela non soubese nada, pero de seguida se repuxo e empezou a eloxiarme con discreción e con elegancia, pero igualmente con paixón de nai. Gustoume cando dixo que era un fillo estupendo. Nese instante quixen quitar a máscara e darlle un bico, pero non me atrevín. Acababa de descobrir , eso si, que o entroido non era pecado".

Blog sobre o entroido de Xinzo de Limia

Outro artigo sobre o Entroido da Limia no século XXI

Para saber máis da etnografía limiá, visita o Museo da Limia

RAZA AUTÓCTONA DA LIMIA: a vaca limiá.

A VACA LIMIÁ (Páxina da Consellería do Medio Rural)

Para saber máis:

  • Fita, F.; “Lápidas romanas de Mosteiro de Ribeira, feligresía de Ginzo de Limia en la provincia de Orense”, BRAH 58, 1911, 388-407.
  • A Torre do Castro. Revista cultural e turística do concello de Sandiás.
  • Antela: a memoria asolagada. Xosé Luis Martínez Carneiro. Edic. Xerais de Galicia, 1997.
  • Vertebrados da Limia. Dende a Lagoa de Antela ós nosos días , de Serafín González, Antonio Villarino e Felipe Bárcena. Edit. Limaia.
  • Vertebrados da Limia: dende a lagoa de Antelaós nosos días. II. Aves: Paseriformes. Limaia Edicións
  • Macías, Marcelo, Civitas Limicorum , no Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense (1898) t. I, nº 5
  • Rodríguez Colmenero, Antonio, Galicia meridional romana . Universidade de Deusto. 1977
  • González, S., Villarino, A. (2003). Criterios científicos ornitológicos para la declaración como ZEPA de laIBA 008 «A Limia» (Ourense, España). En: Actas V Congreso Galego de Ornitoloxía, (S. González, coord.), pág.165-173. Sociedade Galega de Historia Natural, Santiago de Compostela.González, S., Villarino, A., Bárcena, F. (2007, en preparación).
  • Vega Pato, T, 1988-9, «‘A Pedra Alta’ de Cortegada: un Menhir en ‘A Lagoa de Antela’», BoletínAuriense, XVIII-XIX. , 1988-1989 , páxs. 107-118
  • Castellá Ferrer, Mauro: Historia del Apóstol de Jesus Christo Santiago Zebedeo Patrón y Capitán General de las Españas. Madrid, 1610, fol. 167r.
  • España Sagrada: Theatro Geographico-historico de la Iglesia de España. Origen, divisiones y limites de todas sus provincias, antigüedad, traslaciones y estado antiguo y presente de sus Sillas, con varias disertaciones críticas. Tomo XVII de la Santa Iglesia de Orense en su estado antiguo y presente. P.M.FR. Henrique Florez de la Orden de San Agustin, 1763.

 

Atención telefónica de 17:00 a 20:30 horas | Asoc. Cult. Via Auria, sen ánimo de lucro. 2005/008617-1 (OU) 2005 | Conta: CaixaGalicia 2091-0471-35-3040002209