SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS

MENÚ PRINCIPAL | ROTEIROS FEITOS | GALERÍA | LIGAZÓNS | GALICIAS | CONDICIÓNS XERAIS | O TEMPO | Favoritos
Paiocordeiro-San Salvador dos Penedos-Allariz

 

Pequena rota circular na Rota do Canelar (Allariz). Barallamos dúas opcións desde Allariz: deixa-lo coche en Paicordeiro ou en S. Salvador. Nós decantámonos pola segunda opción.

S.Salvador dos Penedos| O boi | Castro de Armea | Allariz

Para chegarmos a S. Salvador debemos toma-la estrada vella de Allariz a Xinzo. A ± 7 km á dereita veremos un cruce que indica a S. Salvador, entramos e deixamo-lo coche ó comenzo da aldea. Collemos un camiño á esquerda polo que imos cara un monte coroado de grandes rochas e abundante vexetación autóctona.

Este monte ten especial interese xa que nel se ubicaba o Castelo de Malpaso, garda dun paso natural entre A Limia e o Val do Arnoia, en Allariz; anteriormente foi un castro romanizado tal e como o testemuñan restos de cerámica e tégulas, presentes na zona. Na parte media do monte e mirando cara S. Salvador, existe un pequecho chan no que aparecen varios sartegos antropomorfos (iñoramos se pertencentes ó castelo ou a algún mosteiro). Da importancia que puido ter na Idade Media non temos datos pero a súa posición domiñante sobre varios camiños de importancia, fainos supoñer que tivo un papel relevante.

O camiño bordea este monte, cunha subida pronunciada pero despois comeza a llanear para logo descender pola ladeira dun val cheo de carballeiras e que xa non nos abandoará ata chegar a Paicordeiro.

Antes de chegar a Paicordeiro, cruzamos un regato ó lado dun muiño tradicional que nos ofrece unhas bucólicas imaxes de lameiros e fragas de carballo e bidueiros.

Subimos agora unha pequena costa e chegamos a Paicordeiro. Collemos un “camiño de carro” á dereita (un dos antigos camiños que levaban a Santiago, perfectamente recuperado).

A rocha que pisamos amosa as feridas deixadas –rodeiras- por tantos e tantos carros tirados por vacas e que serviron de medio de locomoción e transporte durante anos ós nosos antergos.

O camiño intérnase agora en San Salvador. Esta vez detémonos para admirar de vagar este lugar situado no fondo dun val no que enormes bolos graníticos desafían a gravedade e a tranquilidade dos camiñantes (de ahí procede a denominación de San Salvador dos Penedos).

Os nosos sentidos parabens a varias familias que tratan de manteñer vivo este lugar limpando maleza, coidando o patrimonio do pobo e restaurando algunhas das súas casas con delicado e razoable gusto.

Pero cecais o máis interesante que garda S. Salvador dos Penedos sexa a impoñente talla románica de Cristo que preside o altar da súa igrexa. Segundo nos contan os veciños, o ábside esborrallouse pola caída duns penedos, pero mantén aínda algúns elementos románicos e na Idade Media formaba conxunto co Castelo, que dominaba a zona.

Aquí rematamos esta pequena pero encantadora rota polo entorno de Allariz, posiblemente, a vila mellor conservada e acondicionada de toda a provincia de Ourense.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Atención telefónica de 17:00 a 20:30 horas | Asoc. Cult. Via Auria, sen ánimo de lucro. 2005/008617-1 (OU) 2005 | Conta: CaixaGalicia 2091-0471-35-3040002209