SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS

MENÚ PRINCIPAL | ROTEIROS FEITOS | GALERÍA | LIGAZÓNS | GALICIAS | CONDICIÓNS XERAIS | O TEMPO | Favoritos
Castro Laboreiro e A Peneda

 

FREGUESÍA de Castro Leboreiro

SITUACIÓN: sur da provincia de Ourense no sector occidental da comarca da Baixa Limia e fronteira con Portugal.

CLIMA : a precipitación oscila entre os 1000 e os 1200 mm anuais e a Temperatura media anual entre os 8- 10ºC .

XEOMORFOLOXÍA : Serra do Leboreiro No medio das dúas está o impresionante penedo que serve de fronteira natural entre Portugal e España: a Pena de Anamán.

 

SERRA DO LEBOREIRO

Apunta Aníbal Rodrigues: "Pertença do condado de Barcelos até 1834, comenda da Ordem e Cristo desde 1319, Castro Laboreiro ocupou um papel de grande relevo, quer na independência da Pátria quer na Guerra da Restauração, desde 1640 a 1707. Defendida pelo seu inexpugnável castelo, manteve-se sempre fiel ao ideário pátrio, sem nunca se vender ao estrangeiro. Desde 1136, data em que D. Afonso Henriques visitou Castro Laboreiro, até ao presente, o povo castrejo conservou-se sempre coerente consigo mesmo e de um portuguesismo a toda a prova."

Un dos seus privilexios, concedido por varios reises e confirmado por D. João V, era o de non se recrutaren aqui soldados.

CASTELO DE CASTRO LABOREIRO:

Fotificación medieval de planta oval ubicada nunha cima de 1033 m de altitude entre os ríos Miño e Lima. Aníbal Rodrigues dátao no ano de 955, fundado por S. Rosendo, gobernador do Val do Limia, dende Maio dese ano, por nomeamento de D. Ordoño III, rei de León. D. Afonso Henriques rodeouno de murallas e, nos principios do século XIV, cando caiu un raio no depósito de pólvora, que fixo choutar todo polos aires , D. Dinis ordeou a sua reedificación.

Ten dúas portas: Porta do Sol (entrada principal, cara ó nacente) e a Porta do Sapo ou da Traición (cara ó norte) e conserva tamén a cisterna.

Entre 1271 e 1855, Castro Laboreiro foi vila e sede do concello, com Alcaidia e tribunal . Pertenceu ó Condado de Barcelos ata 1834, e comenda da Ordem de Cristo dende 1319.

CAN DE CASTRO LABOREIRO : Tipo mastín, de grande porte, cun armonioso e vistoso manto. Abundante nas serras de Peneda e Soajo e apreciados dende o século VIII. Para saber máis sobre este can, preme aqui

IGREXA MATRIZ DE CASTRO LABOREIRO : Adicada á Nossa Senhora da Visitação , tratase dun edifIcio con elementos románicos que conserva unha curiosa pía bautismal do s. XII.

PELOURIÑO: data de 1560 e ten a consideración de monumento nacional.

 

O Santuario da Nosa Señora da Peneda:

A monumentalidade arquitectónica e escultórica barroco-neoclásica mestúrase cun enclave natural de extraordinaria beleza entre rochas xigantescas que semellan durmir arroladas polo son da fervenza que esvara por entre elas.

Atópase en Arcos de Valdevez, na parroquia de Gavieira, entre o Soajo e Lamas de Mouros, de camiño á vila de Melgaço. Data de finais do século XVIII tal como reza na columna que coroa a escaleira de acceso.   Crese que aqui existíu unha pequena ermida construída para lembrar a aparición da Señora da Peneda, cuxo culto foi crecendo e foi o motivo polo que se construiu o santuario.

  Destaca neste lugar de culto, un dos máis grandes santuarios marianos de Portugal, a escalinata das virtudes, con catro estatuas que representan a Fe, Esperanza, Caridade e Gloria e que data de 1854, obra do mestre Francisco Luis Barreiros. A igrexa principal finalizou en 1875, o terreiro dos Evanxelistas e a escaleira con preto de 300 metros e 20 capelas, con escenas do Vía Crucis a tamaño natural. No cumio hai un pórtico, que ten no centro unha columna, coa data de 1787, que soporta a figura do anxo da Guarda. Dende o alto da escaleira pódese ver a poboación da Peneda, do outro lado do val.

Dentro do templo destaca a imaxe pequeniña da Nosa Señora da Peneda, Santa Ana María ensina a ler. De pé, Joaquim contempla extasiado (algúns romeiros tocan coa imaxe de María rapaza na cabeza dos fillos "para aprender"); a sagrada Familia, a aparición da Señora das Neves ao criminal de Ponte de Lima. Ao lado, un ex-voto de homes do mar.

A Festa da Señora da Peneda é anual, e dura do día 31 de agosto ao oito de setembro.

O primeiro día hai novena, dende as nove da mañán e que dura ata que remata o día oito.

O día 2, é o sagrado Lausperene, co Santísimo exposto ...


O día 6, é a procesión eucarística, ás 5 da tarde, descenso a escaleira e voltar ao Santuario.


O día 7, é a procesión de Candeas,

O día 8, remátase coa Festa da Nosa Señora, con misa "instrumental" e procesión do "Adeus", ás 11 horas.

A música popular acompaña a unha gastronomía baseada en: “Pica no chan”, becerro do Soajo, arroz de feijão coa posta de vitela Barrosã, embutidos e afumados caseiros, queixos frescos e os capitais viños verdes, ademais dos saborosos dóces, charutos de ovos e os non menos coñecidos Rebuçados dos arcos ... Sen esquencer as tortillas e as empanadas , e o lacón con grelos.

 

 

 

Atención telefónica de 17:00 a 20:30 horas | Asoc. Cult. Via Auria, sen ánimo de lucro. 2005/008617-1 (OU) 2005 | Conta: CaixaGalicia 2091-0471-35-3040002209