SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS

MENÚ PRINCIPAL | ROTEIROS FEITOS | GALERÍA | LIGAZÓNS | GALICIAS | CONDICIÓNS XERAIS | O TEMPO | Favoritos
Quegoas-Castro Laboreiro

CONCELLO de Entrimo, e FREGUESÍA de Castro Leboreiro

SITUACIÓN: sur da provincia de Ourense no sector occidental da comarca da Baixa Limia e fronteira con Portugal.

SUPERFICIE :84,53 Km 2

CLIMA : a precipitación oscila entre os 1000 e os 1200 mm anuais e a Temperatura media anual entre os 8- 10ºC .

XEOMORFOLOXÍA : Serra de Queguas , (cumios de1200 m.),e Serra do Leboreiro No medio das dúas está o impresionante penedo que serve de fronteira natural entre Portugal e España: a Pena de Anamán.

O POBRE NON TEN E O RICO NON DÁ! Quen queira sentar praza veña á Pena de Anamán sete pesos de entrada e un trabuco na man.(Retrouso tradicional da Baixalimia) 12.04.2003

ENTRIMO

Galicia deriva, segundo algunhas teorías, das tribus dos Callaicoi ou Callaecus que se situaban sin demasiadas dúbidas nas proximidades da Serra do Xures concretamente (hoxendía case tódolos historiadores os localizan) na zona de Entrimo.

A economía de Entrimo baséase no turismo rural , a construcción, a explotación forestal e madeireira, a avicultura e o porcino extensivo, xunto coa producción e elaboración de productos cárnicos ós que se engaden os derivados lácteos . Conta Entrimo cunha gandeiría única en Galicia, composta de exemplares de vacuno "Cacheno" (raza que só se atopa neste concello e nalguns pobos do veciño Portugal).

SERRA DO LEBOREIRO

Apunta Aníbal Rodrigues: "Pertença do condado de Barcelos até 1834, comenda da Ordem e Cristo desde 1319, Castro Laboreiro ocupou um papel de grande relevo, quer na independência da Pátria quer na Guerra da Restauração, desde 1640 a 1707. Defendida pelo seu inexpugnável castelo, manteve-se sempre fiel ao ideário pátrio, sem nunca se vender ao estrangeiro. Desde 1136, data em que D. Afonso Henriques visitou Castro Laboreiro, até ao presente, o povo castrejo conservou-se sempre coerente consigo mesmo e de um portuguesismo a toda a prova."

Un dos seus privilexios, concedido por varios reises e confirmado por D. João V, era o de non se recrutaren aqui soldados.

CASTELO DE CASTRO LABOREIRO:

Fotificación medieval de planta oval ubicada nunha cima de 1033 m de altitude entre os ríos Miño e Lima. Aníbal Rodrigues dátao no ano de 955, fundado por S. Rosendo, gobernador do Val do Limia, dende Maio dese ano, por nomeamento de D. Ordoño III, rei de León. D. Afonso Henriques rodeouno de murallas e, nos principios do século XIV, cando caiu un raio no depósito de pólvora, que fixo choutar todo polos aires , D. Dinis ordeou a sua reedificación.

Ten dúas portas: Porta do Sol (entrada principal, cara ó nacente) e a Porta do Sapo ou da Traición (cara ó norte) e conserva tamén a cisterna.

Entre 1271 e 1855, Castro Laboreiro foi vila e sede do concello, com Alcaidia e tribunal . Pertenceu ó Condado de Barcelos ata 1834, e comenda da Ordem de Cristo dende 1319.

CAN DE CASTRO LABOREIRO : Tipo mastín, de grande porte, cun armonioso e vistoso manto. Abundante nas serras de Peneda e Soajo e apreciados dende o século VIII. Para saber máis sobre este can, preme aqui

IGREXA MATRIZ DE CASTRO LABOREIRO : Adicada á Nossa Senhora da Visitação , tratase dun edifIcio con elementos románicos que conserva unha curiosa pía bautismal do s. XII.

PELOURIÑO: data de 1560 e ten a consideración de monumento nacional.

 

 

Atención telefónica de 17:00 a 20:30 horas | Asoc. Cult. Via Auria, sen ánimo de lucro. 2005/008617-1 (OU) 2005 | Conta: CaixaGalicia 2091-0471-35-3040002209