SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS

MENÚ PRINCIPAL | ROTEIROS FEITOS | GALERÍA | LIGAZÓNS | GALICIAS | CONDICIÓNS XERAIS | O TEMPO | Favoritos
Rota por Moldes
De seguido , presentamos unha rota sinxela para calquera persoa e onde historia, arte e natureza salvaxe se debruzan no río Arenteiro en todo o seu esplendor.
Comarca de O Carballiño | Contorna da Martiñá | Consello Regulador Pan de Cea | Mosteiro de Oseira | Moldes | Terras de Oseira: o Pan de Cea

Chegamos a Moldes -concello de Boborás- dende un cruce que se abre a metade de camiño na estrada de Carballiño e Boborás (N-541 Ourense-Pontevedra).

Xa en Moldes, deixaremo-lo coche á entrada do pobo, xunto á capela e onde ademáis podemos consultar uns paneis informativos da zona.

Subiremos unha pista empedrada que nos conducirá á igrexa románica de Moldes. Corresponde ós s. XII-XIII, xa de evolución a gótico, presente en elementos como o arco apuntado. Tanto esta igrexa coma os edificios anexos, hoxe desaparecidos, formaban parte dunha encomenda tempraria asentada sobre un antigo asentamiento castrexo. Chama a nosa atención o enreixado que trepamos ó pasa-la porta que da acceso ó atrio e cuxa misión era impedi-lo paso ós animais, pola inseguridade que sentían ó tentar pisala.

Descendemos ó punto donde deixamo-lo coche e seguimos o camiño que vai cara á dereita, internándonos nun piñeiral, ata acadar un promontorio sobre o Arenteiro dende onde podemos deleitarnos cunha boa vista do canón que forma o río nese punto.

Un pouco máis adiante, un anaco da nosa Historia agóchase á espreita, entre abundante e desordeada vexetación: restos dunha torre de homenaxe, un dobre recinto amurallado, numerosas estructuras de habitación… Estamos, nada menos, que no recinto amurallado do Castelo de Castro Covadoso. Pertenceu ó Conde de Ribadavia. Disque a súa antigüidade se remonta ó s. XII e que pervive ata o s. XVIII, última data da que temos noticia. Tal foi a súa importancia, mesmo económica, que contaba con Feira propia.

Bordeando o Castelo, baixaremos un camiño que, chegado un momento, pasa baixo unha gran tubería de auga. Avanzamos sobre un enlousado posiblemente de época medieval. A pouca sensibilidade que teña o camiñante, as súas retinas impresionarán a garrida puente medieval que agora invita a escoitar tódala musicalidade dun Arenteiro que semella alegrarse coa nosa presencia.

Deixamo-la ponte voltando sobre os nosos pasos e regresamos polo camiño no que atopamo-la tubería de auga. Partindo da entrada do Castelo, atopamos unha bifurcación, máis ou menos a 400 m . É decir, nós chegamos polol camiño da dereita e agora collemo-lo da esquerda, que nos levará ó pobo de Paradela.

Paradela domina o curso baixo do Arenteiro e a súa unión co Avia. Aqui podemos admirar unha fermosa adega do s. XVI, rodeada de cornisa con medias esferas e cunha fiestra en dirección ó oeste que presenta un cáliz e decoración gótica. Este pobo elexíuno como residencia o cineasta José Luis Cuerda ("A lingua das bolboretas ").

Seguimos camiñando cara Moldes, berce e última morada do senlleiro historiador e arqueólogo Chamoso Lamas así como do precursor do Grupo Nós, Antón Losada Diéguez.

 

 

Atención telefónica de 17:00 a 20:30 horas | Asoc. Cult. Via Auria, sen ánimo de lucro. 2005/008617-1 (OU) 2005 | Conta: CaixaGalicia 2091-0471-35-3040002209