SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS

MENÚ PRINCIPAL | ROTEIROS FEITOS | GALERÍA | LIGAZÓNS | GALICIAS | CONDICIÓNS XERAIS | O TEMPO | Favoritos
Pazos de Arenteiro

 

O conxunto histórico-artístico de Pazos de Arenteiro, atópase no Concello de Boborás, onde se xuntan os ríos Arenteiro e Avia e a 35 km de Ourense.

O Pobo

A primeira impresión nada tén que ver –nalgún caso paradigma do kitch- co que nos agarda máis adiante.

Pouco a pouco nos invade a sensación de deixar atrás o presente para introducirnos na Galicia dos Austrias. Rúas estreitas, flanqueadas por caseróns que sitúan a Pazos fora da, en xeral, modesta arquitectura tradicional do noso rural.

A explotación do viño cuxo promotor será o Abade de S. Clodio, sentará as bases da prosperidade económica que experimentará a zona dende o s. XVI e, especialmente, no Barroco. Os maiores beneficios reverquerán nos Condes de Ribadavia e na Encomenda de San Xoan.

Pazos era, efectivamente, un priorato da Orde relixiosa e militar dos Cabaleiros de Malta ou hospitalarios de San Xoan de Xerusalen, ricos e, en parte, herdeiros de parte do imperio Templario que converteron a esta poboación en fornecedora de productos derivados do viño e atraxeron comerciantes e fidalgos que construiron aqui os seus pazos.

A igrexa que, tal como reza na inscripción dunha pedra no seu interior, data do ano 1205 ( E.M.: CCXLIII), é de traza románica com elementos góticos hispano-flamencos.

Para chegar podemos coller a estrada de Carballiño a Leiro ou de Ribadavia a Leiro. Nós desviarémonos xusto antes de cruza-la ponte sobre o río Avia, que nos levaría a Carballiño (se vimos de Ribadavia) ou cruzando a ponte e collendo unha estrada á dereita se se ven de Carballiño.

A estrada é estreita e sinuosa pero lévanos entre árbores frondosas e ofrece excelentes vistas de bancais, fermosa arquitectura civil e relixiosa e carballeiras.

A uns 8 km e chegando xa ó noso destiño podemos deternos para contemplar unha ponte sobre o Avia que foi testemuña e víctima da batalla librada entre as tropas francesas e a guerrilla de Ribadavia en plena Guerra da Independencia. O 18 de febreiro de 1809 entran as tropas francesas em Ribadavia, despois de atopar gran resistencia na batalla de Francelos e en Santo Domingo de Ribadavia. O 1 de marzo os voluntarios do Ribeiro e os tiradores do Avia, capitaneados por Bernardo González “Cachamuiña” expulsan da comarca ós franceses. Segundo as fontes, deixóu un saldo de 200 mortos.

Continuamos un pouco máis e aparcamos á entrada do pobo.

O entorno

Seguimo-la indicación do Pozo dos Fumes cara a Ponte do século XV sobre cuxo arco maior se aprecia a cruz do Santo Sepulcro e o relevo dun Santo, tamén presente no pazo dos Cervela.

Opcións:

  • Continuar ó final da ponte, á dereita, seguimos un agradable carreiro que nos conduce xunto ó río cuxas rochas se esculpiron con figuras fantásticas, cara a outra ponte da que falabamos ó principio.
  • Antes de cruza-la ponte, colle-lo camiño á esquerda cara ó Pozo dos Fumes. Carreiro acondioado con pasarelas de madeira na marxe dereita do Arenteiro ata unha impoñente cascada.

A cantina

Voltamos ata onde deixamo-lo coche e facemos unha paradiña “técnica” na cantina que hai ó final, á dereita. Se se encarga con antelación, preparan un suculento cocido e empanada con bó viño do Ribeiro e mellor atención, a un interesante prezo.

Para saber máis: Pazos de Arenteiro, de Iolanda Barriocanal, na colección Guías do Patrimonio Cultural (de venda na cantina).

 

Atención telefónica de 17:00 a 20:30 horas | Asoc. Cult. Via Auria, sen ánimo de lucro. 2005/008617-1 (OU) 2005 | Conta: CaixaGalicia 2091-0471-35-3040002209