SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS

MENÚ PRINCIPAL | ROTEIROS FEITOS | GALERÍA | LIGAZÓNS | GALICIAS | CONDICIÓNS XERAIS | O TEMPO | Favoritos
Casco Vello de Ourense:As pegadas do tempo. Moito máis de tres cousas hai en Ourense...que non as hai no mundo enteiro...

 

O viaxeiro quedará enganchado no balcón do casco vello, auténtico mirador para coñecer de verdade e sen fisuras esta Auria compracente e afable. Pedra a pedra constrúe unha atmósfera evocadora: cálida en días de néboa, refrescante cando o sol increpa, adormecida se procuras un anaco de sosego. Pedra a pedra edifica o seu futuro entre as figuras e finuras e ficcións que a catedral atesoura: un Cristo ó que lle medra o pelo, un silencio que enxordece, unhas vidrieiras misteriosas coma un conto de Poe. Pedra a pedra báñase na auga quente de As Burgas: ese arcano inexplorado que arrinca do máis íntimo da cidade e que outorga, ás veces, a recompensa de aliviar feridas (máis as da alma que as do corpo). Pedra a pedra un ten a sensación de vagar coma unha personaxe de A esmorga, esa gran novela de Eduardo Blanco Amor. Pedra a pedra, Auria, esa é a túa verdadeira xeografía.

Xosé Carlos Caneiro

A primeira referencia á nosa cidade aparece a fins do século VI no Parrochiale Suevum atribuindo o adxectivo “auriensis” ós obispos que acodiron ó Concilio de Braga do ano 572. Isto é un craro indicativo da importancia da cidade como sede episcopal. O termo Aurea pervive na actual Oira, na marxe dereita do río Miño.

Segundo Cuevillas e Ferro Couselo, as orixes de Ourense, fundaméntanse en tres factores, como son: a presencia dos manantiais de augas termais das Burgas; a encrucillada de camiños naturais entre castros, e a ponte, motor do seu desenvolvemento, que permite o paso do Miño nunha vía secundaria que partía da XVIII do Itinerario de Antonino. A ponte construida no tempo de Augusto e reconstruída no século XIII, exixía para a súa defensa da presencia dun Praesidium cunha guarnición. Unha cloaca, moedas, enterramentos e aras adicadas a deuses do panteón indíxena e romano, hoxendía no Museo Arqueolóxico, entre as que destaca Calpurnia Abana adicada ás Ninfas das augas.

Ermita da Nosa Señora do Posio. 1616. AHPOu. Col. cart., carpeta II/4.

Porta da Aira. 1616. AHPOu.

Col. cart., carpeta III/1.

Mostra de aillamento nos muros laterais das casas, feitos con tella invertida.

Restos de almofadillado romano nas pedras que conforman as paredes do pazo episcopal.

 

Igrexa dos Santos Cosme e Damián na praza de San Cosme en cuxa portada se pode apreciar unha alegoría ao milagre atribuído a eles (trasplante cirúrxico dunha perna con cancro)

Igrexa de Santa María Nai , sita na Praza da Magdalena, que foi mercado, atrio e cementerio. No seu centro hai un cruceiro de 1718, procedente das inmediacións da ponte romana.

No século VI, Carriarico, monarca con corte en Ourense, ó ter sido curado o seu fillo de lepra pro intervención de San Martín de Tours, convertéuse ó Cristianismo con toda a súa Corte e levantou unha Catedral baixo advocación de San Martín.

A vella basílica ocupou o mesmo solar que hoxe ocupa a Catedral ourensana, adicada a San Martín e Santa María. Derrubada en diversas ocasións, erixiuse en 1084 Santa María Nai, como catedral temporal.

 


 

Igrexa da Trinidade e Portada orixinal do antigo Hospital de San Roque

 

 

 

 

Atención telefónica de 17:00 a 20:30 horas | Asoc. Cult. Via Auria, sen ánimo de lucro. 2005/008617-1 (OU) 2005 | Conta: CaixaGalicia 2091-0471-35-3040002209