A CONCHADA
(poema escrito por Pilar de A Conchada)
Conchadiña, concha de ouro
feita de ouro e prata fina,
se a souperas buscar
Conchada enrriquecía.
É nun pobiño pequeno
que causa admiración.
as cores da arboleda
cando cambia a estación.
Ten a forma dunha cuncha
é ouro ó lado da fonte,
é o que di a historia
e de ahí ven o seu nome.
A fonte é moi pequena
con menos dun metro de auga
sempre botando para fora
abundante, fresca e sana.
Tamén ten un sobrenome
polo glamour da súa xente
chámaselle Ourense pequeno
puxéronllo noutro tempo.
A Casiña do Outeiro
un museo anticuario
con vistas ó rio miño
e de Ourense, a cidade.
A Carballa do Campo
varias veces centenaria
é o símbolo do pobo
quizáis sexa milenaria.
Na Costiña de Canedo
unha grande lapineira
onde durmía o Busca
cando pedía esmola.
Unha cruz de dous brazos
ó lado, nunha pedra grande
que as facían os Foros
para mandar os territórios.
O grande Outeiro da Pena
onde estiveron os mouros
cunha gran cova debaixo
para gardar os seus tesouros.
Convento de Santa Comba
co castigo da pingueira
para que a moza non pecara
mentres estaba solteira.
Alí pasaba a noite
para podela revisar
e se non estaba virxe
non se podía casar.
Entre outras moitas cousas
tamén temos os muiños
as casiñas restauradas
e tamén novos veciños. |