| Catamarán do Sil, xantar e ruta a pé: Moura - Santo Estevo de Ribas de do Sil |
¡Ouh viños antergos de Amandi e de Quiroga con prestixio de hexámetros latinos...! ¡Viños de Valdeorras que en vós tendes o vello ouro do Sil: soño e leenda...!
Manuel María
|

|
|
O OURO MINERAL E O OURO LÍQUIDO
VÍA AURIA arrólase nesta primavera a lombos dun seo que enxendra ouro mineral e ouro líquido, aderezado con amarelos de piornos, xestas e toxos.
Ben seguro que os Galaicos aproveitaron estes recursos de xeito razonable. Pero serán os romanos os que, sometendo á poboación local a pactos de obediencia, exploten sistemáticamente as riquezas mineiras da zona perante máis de trescentos anos e pregoen as excelencias dos seus viños ó longo de todo o imperio.
Na Idade Media os monxes, axudados polo clima benigno, melloraron e desenvolveron o cultivo da vide, xa coñecido desde os romanos, e que aquí resulta unha tradición centenaria na meirande parte das familias da ribeira. O sistema de cultivo en bancais, socalcos, pataos ou muras foi xerando unha lenta e remodelación das vertentes, nas que os viñedos se contemplan hoxe absolutamente integrados nunha paisaxe, que tras o enorme esforzo realizado durante séculos, se aprecia moito máis valioso.
A tranquilidade, o recollemento e o misterio da zona, que hai séculos foi motivo de illamento, hoxe permanece case intacto e supón un dos maiores valores da Ribeira Sacra.
|
OS VIÑOS
Case o 90% dos viños responden a variedades de tinto como a Señorial Mencía ou a Garnacha, mentres que as principais variedades de branco son o Albariño e o Godello. As súas características son as de un viño moi aromático e de excelente e fresco paladar.
|

|
O ENCORO
O encoro de San Estevo, ubicado nos concellos de Nogueira de Ramuín e Sober, tén unha capacidade de 200 millóns de metros cúbicos de auga, unha lonxitude de 43 kilómetros , unha superfice navigable de 10 kms. cadrados e un ancho medio de 232 metros .
|
|
|
A TEBAIDA GALEGA
Patrimonio Monacal de importancia singular na Europa Occidental.
A época de mais esplendor da Ribeira Sacra foi a Idade Media. Tanto foi asi que é neste tempo cando recebe o seu actual nome: ‘ Rivoyra Sacrata ' Este termo empregado pola primeira vez pola Raiña de Portugal Dona Teresa, a comezos do século XII, nun documento no que ordena a fundación do mosteiro de Montederramo . Este nome débese ao florecimento desde o século VI de numerosos e importantes eremitorios , mosteiros e cenobios nas marxes do Miño e do Sil.
Asi, os mosteiros chegan a administrar a práctica totalidade da vida política, social e económica de amplos territorios. Tamen receben os favores e privilexios de reis galegos como Fernando II e Afonso VI ou de poderosas familias nobres como os Traba e os Lemos. Pasan tamén por este apoxeu monástico diferentes ordes relixiosas como a benedictina, a cisterciense e nalgún caso a cluniacense. No século XVI e por medio de diferentes bulas papais, a maioria deles pasan a ser simples prioratos ou mesmo a depender das congregacións cistercienses e benedictinas de Castela.
Finalmente, a desarmortización dos bens eclesiásticos e o fin dos señoríos levaron ó definitivo esmorecer de fortalezas e mosteiros, algúns dos que xa non conservan mais que as súas igrexas, mentres outros tiveron que ser restaurados.
|
|
LENDAS
Conta a lenda que a filla dun poderoso nobre de Quiroga gustaba de percorrer os montes dos arredores ataviada con roupas vulgares, co obxecto de pasar inadvertida entre as xentes humildes. Nunha tarde de outono atopou nun dos seus paseos un cazador mozo. A doncela, deuse a coñecer como pertencente ó castelo de Quiroga , mentres que o mancebo fíxoo como vasalo do señor de Osorio, de Castro Caldelas . Asi e todo, a beleza de ambolos dous mozos fixo que se namoraran nese instante o un do outro, acordando manter novos e apaixonados encontros .
Aqueles encontros tiñan lugar nas beiras do Sil e ó facérense frecuentes chegaron a coñecimento do poderoso pai da rapaza. Don Pedro de Quiroga, que asi se chamaba o nobre, consideraba ós de Castro Caldelas os seus adversarios e indignos de pretenderen á súa filla, polo que lle prohibiu a esta que volvera a ver o xoven cazador.
Así e todo, os namorados atoparon axiña o xeito se veren, pois había un pasadizo que comunicaba o castelo de Quiroga cun túnel que pasaba por baixo do Sil e ía ata o castelo de Castro Caldelas. Sen embargo, o pai da doncela decatouse axiña do que acontecía e considerándoo unha ultraxe decidiu impór un castigo a ambos os mozos.
Así pois, unha vez que os amantes penetraran no pasadizo para correr un aos brazos do outro, o pai da doncela mandou aos seus homes pechar ambas as entradas do túnel con gran número de rochas para que estas dificilmente puderan ser outra vez abertas.
Desta maneira, baixo das augas do Sil ficaron para sempre os amantes. Deles tamén conta a lenda que foron os proxenitores das lavandeiras, os seres mitolóxicos que a crenza sitúa nas augas profundas do río, e das que se cré lavan e pulen as pepitas de ouro que o Sil deposita no seu leito. |
|
|
ARTESANÍA
Alfareiros de Niñodaguia, Esgos, Maceda e Gundivós.
Constructores de rodas de afiar en Luintra.
Follateiros e artesáns do cobre en Pereiro de Aguiar.
A cerámica de Gundivós é unha das catro tradionais que existen en Galicia, e a única que é de cor negra e que se realiza con torno manual baixo. De orixe incerta, xa que conta coa lenda de que na época romana o viño de Amandi era levado en ánforas de Gundivós. O que sí sabemos é que adquiríu moita importancia perante o século XIX e principios do XX. O oficio de alfareiro non se podía compaxinar con outro para non perde-la sensibilidade das mans.
O barro extráese da propia parroquia e a cor negra que caracteriza a estas pezas, provén de que, unha vez cocidas, quéntanse ó lume para despois botarlle pez formando no seu interior unha capa brilante que as impermeabiliza. Antigamente tan só eran negras tres pezas: a ámboa, o xerro e o escorrecubas, que tamén son as máis tradicionais.
|
|
|
|