SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS

MENÚ PRINCIPAL | ROTEIROS FEITOS | GALERÍA | LIGAZÓNS | GALICIAS | CONDICIÓNS XERAIS | O TEMPO | Favoritos
Campobecerros

CAMPOBECERROS
Carboeiros e carrileiros marcaron a vida económica e social destas terras a comenzos do século XX.

Os Carboeiros: Sería primeiro a obtención de carbón vexetal, destiñado ós ferreiros de Verín. Castrelo do Val ríndelle homenaxe cun monumento ós carboeiros, unha festa anual que se celebra en agosto e unha ruta de 17 km que amosa os camiños e paisaxes usados por estas xentes, o muíño de Nocedo, os fornos tradicionais de Castrelo e Servoi, os restos do mosteiro de Servoi, o peto de ánimas de Gondulfes o Cruceiro de Pepín.

"O Torgo ou Turgueiras  
O carbón faise de raices de torgo; primeiro córtase a parte aérea do vexetal, arrincando despois as raices cun aixadón e xuntándose nunha morea.  
Con petas e aixadas prepárase o braseiro, que consiste nun buraco mais ou menos grande feito na terra. No braseiro bótanse as raices e pónselle lume, cando acaba de arder tápase ben con terra para que se apaguen as brasas e quede feito o carbón.  
Unha vez feito o carbón metíano en sacos, cargábanos en burros ou machos e collían ruta en dirección ás vilas e pobos da bisbarra. Os seus mellores clientes eran os ferreiros das aldeas e a xente das vilas."
  Fonte: A rota dos carboeiros Publicado polo Concello de Castrelo do Val.

 

 

Os carrilanos: Uns anos despois, aló polo 1927, máis de catro mil postos de traballo son ocupados polos carrileiros na construción do camiño de ferro Ourense-Zamora que se inaugurarían trinta anos máis tarde.

En Campobecerros erixíuse un monumento a estes traballadores que moitos pagaron con numerosos riscos, enfermidades como a silicose, por non falar das penurias laborais que tiveron que soportar en plena época franquista.

Romería dos Danzantes de Santa Marta (Fontefría)-primeiro domingo de setembro: Ó rematar a misa, os danzantes van bailando até chegar á praza, onde dan unha volta arredor do cruceiro e fan o trenzado das cintas nun mástil chamado "mapola".

Os danzantes son seis homes, vestidos cunha casaca branca e longa, a xeito de chaquetón, un pantalón da mesma cor, unha banda azul cruzada no peito e un ou dous panos para secar a suor.

Na testa levan un gorro cónico, branco, con cintas da mesma cor que que despois teñen que trenzar na "mapola", ou sexa, branca, verde, dourada, azul, bermella e negra. Os danzantes van marcando o ritmo con castañolas adornadas con cintas da mesma cor que as que levan no gorro. A danza ten música que xa fora recollida por Risco, Xocas e Taboada Chivite.

 

 

Atención telefónica de 17:00 a 20:30 horas | Asoc. Cult. Via Auria, sen ánimo de lucro. 2005/008617-1 (OU) 2005 | Conta: CaixaGalicia 2091-0471-35-3040002209