SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS

MENÚ PRINCIPAL | ROTEIROS FEITOS | GALERÍA | LIGAZÓNS | GALICIAS | CONDICIÓNS XERAIS | O TEMPO | Favoritos
Condado de Monterrei

Vila amurallada dependente, na súa orixe do mosteiro de Celanova e repoboada en 1150 polo rei Alfonso VIII. Tivo un importante papel como base militar nas guerras con Portugal do século XVII. Serviu de asento para os Zúñiga, Ulloa, Viedma, Fonseca, Acevedo e os Duques de Alba. Foi un importante punto estratéxico desde a Idade Media na fronteira con Portugal. A Acrópole máis grande de Galicia está formada por tres recintos amurallados sobre una alargada loma, nas proximidades de Verín (Ourense).

Nel destacan a Torre de Damas, a galería renacentista, a igrexa do s. XIV coa capela do Conde, a Torre da Homenaxe do século XV.

A Casa de Alba cedeu o seu uso á Xunta de Galicia.

O recinto superior gardaba a poboación medieval. Consérvase o pazo renacentista, a Torre da Homenaxe do século XV, a Torre de Damas, os restos do Hospital de peregrinos e a igrexa gótica de Santa María. Estas construcións débense en gran medida a D. Sancho Sánchez de Ulloa e Monterroso, primeiro Conde de Monterrei en tempo dos Reis Católicos.

Na Idade Moderna construíronse dous recintos abaluartados que pechaban os conventos de franciscanos e xesuítas, baixo a dirección dos enxeñeiros militares de Felipe IV, Xoan de Villarroel e Carlos de Grunemberg. A función militar do conxunto fortificado, complementouse coa importante vida cultural da pequena corte nobiliaria, na que se imprimiu o primeiro incunable galego e impartíase docencia en gramática, artes e teoloxía.

Ó entrarmos no primeiro recinto, estaremos entre o Parador e o segundo recinto, cun cruceiro do s. XVII e un área de aparcamento. É recomendable deixa-lo vehículo neste punto e proseguir a pé a visita. Deste xeito podemos admirar as impoñentes defensas e baterías do segundo baluarte.

¿Onde está?

Provincia de Ourense, comarca de Verín, concello de Monterrei, parroquia de Santa María de Gracia, a 72 kilómetros de Ourense. A fortaleza érguese na confluencia de camiños entre Sanabria e Ourense, preto do río Támega, nun outeiro que emerxe do val de Monterrei e a 20 quilómetros do veciño Portugal.

¿Como chegar?

A Ruta máis interesante, se a podemos facer a pé, parte, no casco urbano de Verín, da Rúa da Costa que se atopa no barrio de San Lázaro e xunto á capela adicada a ese santo e a Casa do Asistente.

Tamén é posible ir en coche, collendo un desvío que hai ó pasar Verín en dirección a Ourense pola N-525, no pobo de Pazos.

Importante punto estratéxico desde a Idade Media na fronteira con Portugal. Preside un val que se poboou no século X.

Testemuña das loitas entre Pedro I o crú e mailo seu irmán.

En 1506 chegou aquí Felipe o Fermoso para encontrarse co Cardenal Cisneros e amosarlle a súa función como rei de España e oito Condes detentaron a súa representación desde 1474:

CASTELO DE MONTERREI

  • Triple recinto defensivo (muralla, contramuralla e murallón).
  • Hospital de Peregrinos (1429) cunha porta con arquivoltas apuntadas en cuxo tímpano se pode ver a imaxe de Cristo entre os catro símbolos dos evanxelistas e a ambos lados os personaxes da Anunciación. Na clave do arco obsérvase un anxo cara abaixo.
  • Torre das Damas ou torre Vella. Antiga Torre de Homenaxe do Castelo.
  • Torre da Homenaxe Moderna: 22 metros de altura rematada en barbacana, apoiada en ménsulas.
  • Templo parroquial: románico-oxival. Consta dunha nave e un ábside rectangular. Destaca a porta norte de arco apuntado con tres arquivoltas sobre columnas e xambas, con gran riqueza decorativa. Tamén é de resaltar a forza expresiva dos seus canecillos. No interior, a capela dos condes de Monterrei, oxival, con arco apuntado e bóveda de crucería e un retablo oxival de pedra, coa representación de Xesús sedente e doce escenas de finais do s. XIV ou comezos do XV. Curiosa imaxe da Virxe encinta.
  • Cerca da fortaleza están os restos doutra fortificación chamada "a Atalaia", que data de 1664 segundo reza nun sillar da parede e que servía de complemento defensivo.

 

Á función función militar deste conxunto fortificado mediante o "sistema Vauban" engádese a importante vida cultural da pequeña corte nobiliaria, na que se imprimiu o primeiro incunable galego e na que se impartía docencia en gramática, artes e teoloxía.

O núcleo da construción primitiva, presidido pola torre da homenaxe, datada cara 1474, estivo cercado polos lados Norde e Leste. A carón da porta gótica decorada con blasóns en pedra, a capela e o patio de armas conforman a totalidade da construción orixinal de finais do século XV. A galería de arcos que engalana unha das fachadas principais é de época posterior, cara ó século XVI, data na que se procedeu a unha completa restauración do castelo que o dotou da apariencia pacega que hoxe observamos.

Este conxunto, situado sobre unha rocha que se eleva no val do Támega, trátase dun complexo fortificado que aglutina no interior distintas edificacións militares, relixiosas e pacegas. Presenta tres recintos e seis portas de acceso ó núcleo principal. O castelo coroa o punto máis alto do monte. Conta con DÚAS TORRES DA HOMENAXE : a máis vella, construida probablemente por Xan de Zúñiga en 1474, ten unha pranta cadrada e rematada por un friso de matacáns.

“ESTA TORRE MANDARON FASER DON SANCHO DE ULLOA E DONA TERESA DE ZÚÑIGA SU MUGER CONDE E CONDESA DE MONTERREY Y ACABOSE AÑO DE MIL E CCC ELXXXE II AÑOS”

A outra (“Torre das Damas”), edificouse en torno a 1482 na zona Norde do recinto, con pranta tamén cadrada e con pequenas garitas nas esquinas.

Outros edificios do recinto como Hospital dos peregrinos e a Igrexa parroquial de Santa María dan idea do aspecto que Monterrei puido amosar no século XVI e denotan a importancia do desenvolvemento do Camiño de Santiago.

HOSPITAL DE PEREGRINOS : En 1429, o abade Vasco Pérez constrúe o Hospital de peregrinos da Santísima Trinidade, segundo reza a inscripción en caracteres góticos que remata a fermosa portada con arquivoltas apuntadas en cuxo tímpano se pode ver a imaxe de Cristo entre os catro símbolos dos evanxelistas e a ambos lados os personaxes da Anunciación.: ”VASCO PERES ABAD ME FEZ AN.º DE MCCCCXXIX”. Andando os anos pasou a ser de patronato da Casa de Monterrei, sendo reformado polo Virrei do Perú, don Gaspar de Acebedo e Zúñiga.

IGREXA DE SANTA MARÍA DE GRACIA: Del s. XVI. . Construida por orde de Alfonso X en 1274 de estilo románico arcaizante propio da baixa Idade Media galega. Cunha sóa nave, cabeceira cadrada e torre na zona noroeste. No s. XVII refórzase a cabeceira. A torre data de mediados do XVII. Na parte sur está a capela dos condes do s. XV. O acceso faise pola porta norde, de románico de transicicón.

PAZO DAS DAMAS: Consta de dúas prantas orientadas cara ó patio de armas. Na inferior vemos unha arcada e pechinas con escudos de armas das casas que posuíron a fortaleza. A superior presenta o mesmo número de columnas que a inferior e estas soportan directamente a cuberta. No sur, repítese idéntico esquema constructivo pero presenta outra planta inferior debido a un nivel máis baixo do terreo. Esta pranta inferior presenta arcos levemente apuntados e, ó igual ca fachada este, presenta nas pechinas os escudos dos condes. La fachada de poniente preséntase como unha impresionante mole defensiva integrada na muralla.

Dentro do pazo atoparemos un museo sobre a Acrópole e a súa importancia no Camiño de Santiago, dividido en sete salas:

Sala 1. A comarca e os monumentos

Sala 2. Os camiños xacobeos

Sala 3. Restos epigráficos de Monterrei

Sala 4. Colgaduras de Semana Santa e unha reprodución do Misal Auriense

Sala 5 e 6. Colección de tallas e esculturas dos s. XVII e XVIII.

Sala 7. Colección de calcografías que compoñen o Vía Crucis da igrexa.

Monterrei constitúe o encrave militar máis importante da “raia seca” (liña fronteiriza da provincia de Ourense) Pertencéu á Coroa até o reinado de Xan II, monarca que cedeu o dominio señorial ó nobre navarro Diego López de Zúñiga, que daquela ocupaba o cargo de xustiza maior. Dende entón, a súa importancia medrou dada a súa estratéxica ubicación durante as loitas hispanolusas que o converteron nun dos señoríos máis brillantes da Galicia do século XV.

A ocupación do trono castelán polos Reis Católicos interrumpe a herdanza directa do señorío, influíndo no nomeamento dun gobernador na persoa de Fernando de la Vega. Pero as necesidades económicas da Coroa obrigaron á venda do castelo que pasou á propiedade dos condes de Monterrei.

A debilidade dos abaluartamentos deixouse notar nas guerras con Portugal do s. XVII. Foi aquí cando se tentou adecuar as defensas co novo sistema Vauban.

Ata o século XIX desenvolveu a súa función de fortaleza militar durante as guerras de Sucesión e Independencia.

Está declarado Monumento Nacional. Bibliografía:

- RODRIGUEZ-VILLASANTE PRIETO, A. Historia y tipología arquitectónica de las defensas en Galicia, A Coruña, 1984.

- SORALUCE BLOND, J.R. Castillos y fortificaciones de Galicia, La Coruña , 1985.

O SISTEMA VAUBAN

Para saber máis: PARKER, G. "La revolución militar. Las innovaciones militares y el apogeo de Occidente 1500-1800".

Sistema defensivo creado polo enxeñeiro militar francés Vauban, no século XVII, caracterizado polo emprego de baluartes en forma de picos de estrela.

Durante o século XVII as principais innovacións na arquitectura militar tiveron orixe francesa e debéronse a Vauban. Non sería ata comezos do seguinte século, con motivo da Guerra de Sucesión, cando aquelas novidades se intruduciran na arquitectura militar española, posibilitándose a súa xeralización mediante a fundación do corpo de enxeñeiros militares, que estivo dirixido por Jorge Próspero de Verboon, flamenco ó servizo da coroa española.

O MISAL AURIENSE

Aquí instálase a primeira imprenta galega que, en 1494, editóu o Misal de Monterrey (Misal Auriense), xoia do patrimonio documental galego. Este incunable que se conserva no Arquivo Diocesano da catedral de Ourense ten 332 follas. O seu contido consta de: Kalendario , que só conserva o santoral de outubro a decembro e de maio a agosto; o Salterio, ou relación de salmos; o Himnario, Oficio de Difuntos e Horas da Virxe ; Propio do Tempo Litúrxico coas siete táboas para as antífonas que dice: ante Nativitatem Domini secundum consuetudinem Auriensis Ecclesiae . Logo ven o Santoral e o Sacramental onde se fala do bautismo por triple inmersión.
Letra gótica; texto a dúas columnas de 35 liñas sin paxinación orixinal xa que se lle puxo a man no século XVIII. Posúe notas marxinais dos séculos XV, XVI e XIX. A súa tirada debéu de ser aproximadamente duns 120 exemplares. Quedou en desuso co Concilio de Trento.

RÍO TÁMEGA

DATOS TÉCNICOS: ( Fonte : As concas fluviais de Galicia. Francisco Díaz. Avelino Nuñez e Eugenio López.)

Nacimento : na Alberguería preto de Prado. Vexetación predominante:   árbores e cultivo.
Desembocadura: no Douro, xa moi entrado en Portugal. Material xeológico : micacitas.
Afluentes principais:   Dereita:  río Bubal. Tipo de rotación de cultivos: centeo, trigo, patacas, barbeito.
Lonxitude : 38.5 km Densidade de gando: 0.8  vacuno/Ha.
Superficie conca: 669 km2 Densidade explotacións: 6.7  nº expl./km2
Densidade población:   32 hab/km2 Precipitacións: 1157 mm.
Diferencia entre cotas:   1000 m. Deficit hídrico: máis de 90 días
Pendente : 2.26º Días non útiles verquidos: 193 días
Textura do suelo: arenoso. Aceptación choiva: moi alta
Porcentaxe de Ayuntamientos que compoñen a conca: Laza 40%, Castrelo 10% , Verín 10% , Monterrei 30%, Oimbra 10%. Risco de contaminación: 2.4/3

AS AUGAS E OS VIÑOS

O Val do Támega é célebre polas súas augas e polos seus viños. Balnearios como Fontenova, a 1 kilómetro do centro da vila, Sousas a pouco máis de 2 kilómetros , e preto del, o de Cabreiroá. Bicarbonatadas, sódico-litínicas e fluoradas, estas augasson bóas para a pel, reuma e aparato dixestivo.

BALNEARIOS

SOUSAS: Situado a 1.5km de Verín, ó fonda da avenida de Sousas. As súas augas posúen propiedades antisépticas, diuréticas, e son disolventes do ácido úrico.
Permítese o acceso ó manantial

FONTENOVA: Situado a 1km de Verín polo camiño vello de Sousas.
As súas augas están indicadas para o tratamento de enfermidades como: infeccións renais, do estómago, e do fígado.
No se permite el acceso al manantial

CABREIROÁ: Situado a 2km de Verín atópase nun fermoso recinto axardiñado, no que se pode admirar un antigo hotel de principios de século que actualmente permanece pechado e serviu de localización para algunha que outra película.
As súas augas minero-mediciñais están indicadas para o tratamento de enfermidades de tipo intestinal, de tipo estomacal, de riles, e diabetes.

FONTE DO SAPO Situada a 1km de Verín pola N-525 dirección a Madrid, por un camiño á esquerda da estrada chégase a esa fonte. A súa auga brota dunha pedra no medio dun prado e posúe un arrecendo un tanto peculiar debido a súa composición.
Indicada para enfermedades da pel.

A CRÓNICA DO ROTEIRO POR TERRAS DE MONTERREI

09:30 horas do 18 de febreiro de 2006. Recollida de excursionistas nas paradas habituais. Partimos 109 persoas cara ó Condado de Monterrei. Os prognósticos do tempo falaban de alerta bermella para Galicia e neve segura con abundante auga e fortes ventos. Pero a viaxe xa estaba programada e os cordeiros "en capela" para o xantar no restaurante El Camionero, de San Critovo (Riós).

Non sabemos aínda quen ben sendo o "patrón protector" de Via Auria pero, como de costume, todo deu un xiro inesperado e poidemos facer o percorrido programado da mañán, sen gota de choiva até a hora de subir ós autocares para dirixirnos ó restaurante.

Remontamos a calzada medieval que arranca do vello lazareto que está xunto á Casa do Asistente.

Amáis do clásico que se pode ver nesta impresionante fortificación, detalles na igrexa de Sta. María da Gracia, como:

  • A fenda na pedra que marca a lonxitude exacta dunha vara, mandada gravar alí polo concello para contrastala coa que medían os teceláns (na galería de imaxes é a foto 3 de esq. a dta.)
  • Un retablo de pedra que representa, en doce escenas, a Paixón de Cristo.
  • Virxe encinta en granito.

Despois de visitar a Atalaia e as fontes que hai na súa base, seguimos a Vía da Prata cara Mixós onde se ergue a igrexa de Santa María supervivinte dun mosteiro feminino documentado dende o século XI, aínda que a súa idade é máis antiga, tal como se deduce dos elementos prerrománicos que podemos observar.

Da obra orixinal -nos séculos XV e XVI reformouse- quedan tres ábsides rectangulares de estilo visigótico ou suevo. Cada ábsida está formada por un arco de ferradura. A ámbolos dous lados da central pódense observar os arrinques doutros arcos que formarían as tres naves coas que contaba orixinalmente a igrexa. As ábsidas están cubertas con bóvedas de ladrillo sobre unha enfiada de dentes de serra e reciben luz por fiestras de arco de ferradura e moldura sogueada. Na ábsida central consérvase un fragmento de pintura mural, do s. XII ou XIV que representa ó Salvador amosando as palmas das mans e sostendo no colo o crucifixo. As basas da capela do evanxelio e do primitivo altar son dúas aras romanas. Nunha delas vense debuxos xeométricos. Na outra lese unha adicatoria á divinidade indíxena Bandua.

Tras ver esta xoia prerrománica, veñen a recollernos os autocares e lévannos a San Cristovo (Riós) para xantar. Que digo xantar... todo un espectáculo orxiástrico para os sentidos...!. O restaurante El Camionero, combina perfectamente un prezo máis que razonable cunha calidade extraordinaria nos produtos, un esmerado arte de cociñar ó xeito tradicional e unha atención cercana e familiar. Custa erguerse da mesa, pero temos que continuar viaxe.

A sorpresa final consiste en visitar dúas xoias arquitectónicas que delimitan o Condado de Monterrei polo lado oriental: Torre de Pena e Mosteiro de Trandeiras.

A torre de Pena é un dos mellores miradores da comarca da Limia aparte da carga histórica que tén desde época castrexa, medieval, moderna...

En canto ó Mosteiro de Trandeiras, arrinca do século XVI como consecuencia dunha teórica miragre (aparición dunha imaxe de Xesús no medio da fraga). Mantivo unha comunidade franciscana até ben entrado o século XIX. A igrexa é un dos poucos exemplares que se conservan en Galicia do Gótico Manuelino e, tanto o monumento como o seu entorno son dignos dunha visita sosegada para ver o claustro (gótico final), fornos, refectorio, canalizacións de auga en granito que parten de fontes dos arredores e atravesan prados e bosques ata chegar a unha pía onde descargan o seu contido e que mostra marcas de afiar fouces.

Voltamos a Ourense ás 20:30.

AS VOSAS IMPRESIÓNS

¿Mosteiro de Trandeiras? Na páxina web (imaxinaria) aventurasdetrandeiras.com" escoitei este conto:

"Tarde de inverno. Chuvia. Vento. Lóstregos zumbando no ceo de cando en cando. Tronos escuros. Anoitecendo. E cada vez o vento e a choiva arreciaban mais forte.

Unha ringleira de camiñantes ían polo monte buscando un mosteiro. Trandeiras. Parecía que voltaramos ós tempos medievais. Entre a bruma escoitábase o ruxir dos fantasmas. Por un lombeiro baixaba en fila a Santa Compaña. A ringleira de camiñantes chegou a un pobo que seguramente era pequeno, pero que tiña moitas rúas, todas parecidas, e todas sen nome e sen sinalización. Nun cruce o grupo cortouse. A choiva e o vento cegaban a un. Quince camiñantes topáronse perdidos. Sen saber por onde coller. Non se vía un alma no pobo. (Estarían todas no desfile da Santa Compaña).

Alá ó lonxe, na fiestra dunha casa, divisase unha luz medio adormecida. Un dos camiñantes diríxese a ela para preguntar por onde se vai ó mosteiro de Trandeiras. Cando chega cerca da casa ... atópase de súpeto ca boca dun can, grande, enorme, inmensa, ... aberta... E o can ladra.  Un bicho enorme. Tamaño león. Abre a boca, ladra, e ponse de pé sobre as patas traseiras. O camiñante queda sen fala. Morto de medo.

Non se sabe moi ben por qué, pero o certo é que o can non o comeu. Non se sabe moi ben como, pero o certo é que o camiñante volveu a xuntarse co resto do grupo. O que si se sabe é que non houbo maneira de saber por ónde se ía ó mosteiro. Cada vez chovía mais. A noite estaba pecha. Escura. Ó lonxe sentíanse os pasos da Santa Compaña. O grupo conseguiu topar o camiño de volta. Fogar-autobús. Alí non chovía.

Pronto volveron os esforzados que ían na cabeceira e que conseguiron chegar ó Mosteiro de Trandeiras. E contaron as marabillas que alí viron. ...."

Todo o anterior é froito da imaxinación momentánea deste cuentista [...]. O único certo é que íamos un grupo de sete ou oito e que nos quedamos cortados no medio do pobo, nun cruce de varias rúas, sen saber por onde había que seguir. Non había a quén preguntarlle. E diante dunha casa na que se vía unha luz había un can de tamaño respetable e cara seria que non nos deixaba acercar á casa. Chovía con canseira.  E despois de varios intentos infructuosos decidimos volver para o autobús.

Eso si, en canto poida e teña unha tarde libre na que faga bo tempo collerei o coche e irei a ver a Torre da Pena, as vistas dende a Torre da Pena, e o Mosteiro de Trandeiras. Agora xa sei onde topalo. E quedoume  gana de volver por alí. [...] Non creo que faga falta aclaralo, pero por si acaso escríboo: "este correndorio literario non ten ningún ánimo de criticar a organización da marcha do outro día, que foi fantástica". O castelo de Monterrei xa o coñecía. Gustoume moito coñecer a igrexa de Mixós. Estaba fantástico o caldo. E o cordeiro. E logo a camiñata pola torre da Pena e hasta Trandeiras tamén tivo moito encanto.

-----------------------

" Noraboa a unha organización espléndida, que non deixou nada á improvisación. Con tanto traballo voso, nós, que somos "cómodos camiñantes" puidemos conquistar o castelo de Monterrei, sen escalar murallas. E con só andar uns metros, amosádesnos que para ver arte prerrománica e restos romanos, non fai falla coller o avión; que Mixós estaba a media hora da nosa casa e non sabiamos dela. E temos que levar todo o día na conciencia, que por mor da man do home, o que a natureza tardou tantos anos en facer, o lume estragou en só unhas horas. UN XANTAR DE PELÍCULA: non esquecestes ningún detalle; o voso traballo contribuiu o éxito, tanto como a boa man da cociñeira. E no serán, tivemos a mellor ambientación un filme de misterio: tronos, lóstregos, auga e vento, .... noite... e case parecíamos a Santa Compaña, ou a procesión dos caladiños, pero os guías sempre á fronte sen abandonar o proxecto de todo o día. ÁNIMO, e seguide amosando desa forma tan especial, que na nosa Galiza hai tantísimos tesouros por descubrir. P.D.: A que tivo o seu bautizo no sendeirismo o pasado sábado, xa quedou enganchada para sempre."

-----------------------

"El sábado lo pasamos muy bien, a pesar del tiempo, de los truenos y relámpagos. Le comentaba a mi hermana en el bus, que la gente que iba subiendo en Trandeiras, la mayoría calada hasta los huesos pero todos tan contentos, con una alegría en el cuerpo… así que ya sabes no importa el tiempo, ni que alguno se hubiera perdido en el pueblo, que no hubiese llegado al mosteiro… lo que cuenta es que hubiéramos pasado una jornada increíble, la visita a Monterrey genial, la comida un éxito total, la lluvia es pura anécdota. Ya estoy deseando que llegue pronto la de marzo. "

-----------------------

"Agardo que a ruta de marzo conte con todos eses ingredientes dos que falades. Alédome de que a xente esté ilusionada co Teatro. Trataréi de ser un bo espectador. Gracias unha vez mais por todo o que estades facendo. Pero para min o simple feito de que pase polo camiño de Santiago xa é de abondo. Soio por eso xa me parece algo máxico. Todo o que ten que ver co Camiño de Santiago faime sentir unha emoción especial."

-----------------------

"A verdade é que así ides facendo a historia de Viaauria. E calquera pode ir vendo o que se fixo, cándo se fixo, ... E de paso ides facendo xeografía integral de Galicia. Lugares. Historias de lugares. E moitas cousas máis. E para vós é tamén unha forma magnífica de coñecer esta nosa terra. Porque non hai millor maneira de aprender algo que cando o aprendes para poder contarllo a outros. Norabaoa."

-----------------------

"Ya he visitado la página web. PRECIOSAS LAS FOTOS. Menudo dia tuvisteis de bueno a pesar de la información meteorológica que decian. Me he guardado algunas fotos en mi carpeta de "no he podido ir.... por" lo que sea. Y menuda comilona!,!que pinta de bueno tiene el cordero. He leido la crónica que hiciste. MUY BIEN. Así nos enteramos, hasta que, de vez en cuando cae bien el ducado de Alba, por la cesión del Castillo de Monterrey a Galicia. Y también entré en las bodegas, esta vez como cotilleo para ver la bodega y sus instalaciones, de Roberto Verino (como es amigote [...] )"

 

 

Atención telefónica de 17:00 a 20:30 horas | Asoc. Cult. Via Auria, sen ánimo de lucro. 2005/008617-1 (OU) 2005 | Conta: CaixaGalicia 2091-0471-35-3040002209