SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS

MENÚ PRINCIPAL | ROTEIROS FEITOS | GALERÍA | LIGAZÓNS | GALICIAS | CONDICIÓNS XERAIS | O TEMPO | Favoritos
O val do Támega

O Val de Verín (93,9 quilómetros cadrados) amosa, dende o punto de vista da xeomorfoloxía, dous sectores diferentes: o que forma o val do río Támega e, por outro as montañas que o circundan cuxa altura máxima está ao oeste, no alto de Valdeauga. Tamén tén gran importancia a falla que o atravesa denominada Creba da Corga, nai dos numerosos mananciais de augas medicinais (Sousas, Fontenova, Cabreiroá, Caldeliñas e o Sapo) que tanta sona deron a esta vila enchendo de vida hoteis, balnearios e rúas de “auguistas” na época estival.

O Támega (Tâmega, en portugués) nace na Serra de San Mamede e con 145 km de lonxitude, rega os concellos de Laza, Verín, Castrelo e Oímbra, recollendo as augas do Búbal, o Camba, o Trez, o Ábedes, o Rego de Gondulfes e o Cabreiroá, entre outros. Despois entra en Portugal pasando por Chaves e mestúrase co Douro (Duero) en Amarante, no distrito do Porto.

A vila de Verín xurde ao abeiro dunha importante fortaleza medieval: o castelo de Monterrei.

OS TAMAGANI

O nome do río semella fundir as súas raíces no pobo prerromano dos tamagani que habitaba a zona e que se reflicte no Padrao dos Povos, columna epigráfica conmemorativa da construción da ponte de Chaves e que contén a adicatoria ás dez tribos ou civitates da Gallaecia pertencentes ao Conventus Bracarensis que colaboraron na súa construción e unha homenaxe aos emperadores flavios Vespasiano e Tito e á Lexio VII Gemina:

IMP CAES VESP AVG PONT / MAX TRIB POT X IMP XX PROCOS IX / IMP VESP CAES AVG F PONT TRIB / POT VIII IMP XIIII COS VI / ... / C CALPETANO RANTIO QUIRINALI VAL FESTO LEG AVG PR PR / D CORNELIO MECIANO LEG AVG / L ARRVNTIO MAXIMO PROC AVG / LEG VII GEM FEL / CIVITATES X / AQUEFLAVIENSES AOBRIGENS / BSALI COELERNI EQUAESI / INTERAMICE LIMICI AEBISOC / QUARQUERNI TAMAGANI (Siendo Emperador César Vespasiano Augusto, Pontífice Máximo, con poder tribunicio por décima vez, Emperador vigésimo, padre de la patria, cónsul por novena vez, siendo emperador también Tito Vespasiano César, hijo de Augusto, Pontífice, con poder tribunicio por octava vez, emperador decimocuarto, consúl por séptima (...) siendo legado de Augusto el Propretor Cayo Calpetano Rancio Quirinal Valerio Festo y siendo legado de Augusto Decio Cornelio Meciano y procurador del mismo Augusto Lucio Arruncio Maximo, la Legión Séptima Gémina Félix y diez ciudades, a saber: los Aquiflavienses, los Aobrigenses, los Bibalos, los Coelernos, los Equesos, los Interamnicos, los Límicos, los Aebisocios, los Quarquernos y los Tamaganos (...)

Na toponimia da zona aínda quedan exemplos como Tamagos, e Tamaguelos coa mesma raíz.

A FLORA. OS VIÑOS.

A escasa flora existente ou, máis ben supervivente, está constituida por árbores de riveira e matogueiras. Quen escribe isto aínda non pode esquencer aquel verán do 2006, no que se fixo a noite a pleno día, a cinza voaba sobre as nosas cabezas e, dende o centro do val semellaba que estiveramos no medio dun Vietnam trasnoitado baixo o ruxido de helicópteros e avionetas adoecidos. Empeza o 2008 e aínda ollamos, cun nó na gorxa, a paisaxe actual descarnada, froito da suprema ignorancia de auténticos desalmados que odian a natureza, que se odian a sí mesmos e que queren deixar aos seus fillos o deserto como herdanza. ¿Para cando se vestirá todo isto coas especies autóctonas que precederon ás repoboacións de piñeirais?.

En fin, deixemos que Baco guíe a nosa catarse e botemos uns grolos de viño de Monterrei, para aplacar os ánimos e eliminar o mal sabor de boca que nos deixaron os adoradores de Hefesto. Dona Branca, Godello ou Verdello, Treixadura, Palomino, Gran Negro, Merenzao, Mencía, Garnacha e Arauxa ou Tempranillo modelan a Denominación de Orixe Monterrei que, hoxendía enche ata decaseis adegas locais.

 

PERSONAXES ILUSTRES

Verín é tamén berce de persoeiros que contribuiron ao seu progreso e que deixaron a súa aportación á cultura galega: Laureano Peláez (creador e mecenas da Escola de Música no Colexo Irmáns Lasalle), Xosé García Barbón (fundador do Hotel Balneario de Cabreiroá), Xesús Taboada Chivite (intelectual, discípulo da Xeración Nós)…

José García Barbón (Verín, 1831-Vigo, 1909)

Empresario verinense procedente dunha familia acomodada, emigra a Cuba en 1856 onde funda o seu propio banco e onde tamén coñece a Policarpo Sanz co que impulsa a Sociedade de Beneficencia dos Naturales de Galicia e o Centro Gallego de La Habana.

Volta a Verín aos 53 anos e funda o Balneario de Cabreiroá, pero en 1894 trasládase a Vigo coa familia (non tiña fillos) e ergue a Escola de Artes e Oficios e a Escola Superior de Industriais e merca o o Teatro Rosalía de Castro para adicalo a fins culturais que, un ano despois da súa morte, sofre un incendio e os seus sucesores encargan a Antonio Palacios a construción dun novo que levará o nome de Teatro García Barbón. Axuda á Cociña Económica, á Casa da Caridade, aos asilos e tamén deu doacións para atender aos repatriados da guerra de Cuba.

Xesús Taboada Chivite (Verín, 1907-1976)

Etnógrafo e arqueólogo discípulo de Vicente Risco e Florentino López Cuevillas, entra en contacto dende moi novo co galeguismo moderado da Xeración Nós.

Publicóu numerosos artigos sobre mitoloxía e lendas populares así como un estudo sobre as litolatrías que lle valeu o ingreso na Real Academia Galega.

Colaborador do museo arqueolóxico de Ourense e do museo do Pobo Galego, do que foi presidente.

Tanto Galicia como Portugal nomeárono membro de importantes institucións científicas, entre elas, na sección de arqueoloxía e prehistoria do Instituto de Estudos Galegos, como protector do patrimonio artístico e arqueolóxico de Galicia.

O Instituto de Bachalerato Xesús Taboada Chivite (Verín), que tan bos recordos trae a quen escribe como discente e, á súa nai como docente, rendeulle unha homenaxe en 1987 coa colocación dun busto de Buciños.

Tamén existe o Premio Xesús Taboada Chivite, convocado pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín “ co fin de promover traballos de investigación científica nos ámbitos da arqueoloxía, a antropoloxía e a historia, e de homenaxear a D. Xeús Taboada Chivite pola súa obra de estudo e divulgación nesas discipl inas”.

MÉRITOS E DISTINCIÓNS:

•  Comisario Local de Excavaciones Arqueolóxicas.

•  Correspondente de Asociación Española de Etnología y Folklore.

•  Correspondente da Real Academia Galega.

•  Cronista Oficial da Vila de Verín

•  Numerario da Sociedad Española de Antropología, Prehistoria y Etnolografia

•  Delegado de Arte de Verín.

•  Correspondente de Associaçao dos Arqueologos Portugueses.

•  Miembro de Asociación Española para el Estudio de Cuaternario (Barcelona)

•  Correpondente da Real Academia de la Historia.

•  Patrono do Museo del Pueblo Español de Madrid.

•  Miembro de la Societé Internacionale D'Ethnologie et de Folklore de Paris.

•  Vogal de C.I.T.E. (Centro de Iniciativas Turísticas) de Ourense.

•  Miembro Numerario de la Real Academia Galega.

•  Fillo Predilecto de Verín

•  Membro da comisión Provincial de Monumentos de Ourense e Tesoureiro de mesma.

•  Director Honorario do Instituto Histórico e Geográfico de Uruguaiana

•  Director da Sección de Arqueoloxía do Boletín Aurinense.

•  Director da Sección de Arqueloxía e Prehistoria do Instituto de Estudios Galegos "Padre Sarmiento".

•  Vicepresidente do Patroato do Museo do Pobo Galego.

•  Membro correspondiente da Real Academia Portuguesa da Historia (Un dos seus últimos nomeamentos e cargo do que xa non puido tomar posesión).

•  Director da Sección de Etnografía na Gran Enciclopedia Galega.

O XANTAR TRADICIONAL DO 2008: CORDEIRO, NO PARAÍSO DO CORDEIRO

Un ano máis, poidemos degustar o exquisito cordeiro do Riós, no Restaurante "El Camionero" e os seus deliciosos postres caseiros. Como de costumbre, non defraudou: atención impecable e dilixente, soberbia preparación e prezo máis que razoable.

Por certo, que bonito o recibimento que me destes todos ao chegar...graciñas. Só lamento ter que entrar en dique seco os vindeiros meses e non poder estar máis convosco. En fin, todo sexa pola boa marcha de quen ven en camiño.

Tras o xantar, continuamos rota por terras da Limia Alta. Entra para seguir lendo>>

Para saber máis:

 

 

Atención telefónica de 17:00 a 20:30 horas | Asoc. Cult. Via Auria, sen ánimo de lucro. 2005/008617-1 (OU) 2005 | Conta: CaixaGalicia 2091-0471-35-3040002209