SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS

MENÚ PRINCIPAL | ROTEIROS FEITOS | GALERÍA | LIGAZÓNS | GALICIAS | CONDICIÓNS XERAIS | O TEMPO | Favoritos
Cabo Silleiro-Mougás

 

 

En 1866 inaugurouse o Faro Silleiro, situado no Cabo Silleiro. O primeiro combustible que utilizou foi unha lámpada de mecha de aceite vexetal e en 1909 pasou a funcionar cunha lámpada de petróleo. En agosto de 1924 inaugurouse o novo edificio que albergaría o faro a 85 m . no alto da montaña. Este edificio tén pranta rectangular e na súa fachada oeste está a torre do faro, que dende 1960 tén unha lámpada de 3000 w. que se pode ver a 40 millas se o tempo está despexado. Ademáis da serea ten un emisor eléctrico de 200 millas de alcance. Hoxe é un dos puntos principais de orientación dos navíos que surcan as augas. Fonte: Turgalicia.

 

A DEFENSA COSTEIRA   Teremos ocasión de ver que evolución experimenta a vixiancia e defensa marítima desde os primitivos fachos ata as hoxe abandoadas baterías de costa da artillería de costa española.

1. FACHOS-PATRIMONIO MARÍTIMO DE GALICIA facho s.m. 1 . Lume que se acendía antigamente no cume dun monte para guía de mariñeiros. Acendían fachos en lugares falsos para provocar naufraxios. 2 . Lugar elevado onde se acendía unha fogueira para guia-los barcos. Pasou a noite no facho coidando do lume. 3 . Fachuzo. Fíxosenos de noite e acendemos un facho.(Dic. Real Academia Galega). Construíanse tamén para vixiar o mar e defenderse de eventuais agresores. No interior encendían un “fachuzo” (presa de palla acesa) para avisaren da presencia de embarcacións sospeitosas.

 

As illas Cíes, ao lonxe, dende o curro de Mougás.

2. BATERÍA DE COSTA En Cabo Silleiro aínda contemplan a ría os catro impoñentes Vickers 152,4/50 baixo a antiga protección dun bunker de telemetría. Este bunker aínda deu un último servizo cando se producíu a catástrofe do Prestige , para seguir o avance do fuel polo mar e utilizando prismáticos dos atuneiros. Características do Vickers (na foto): Calibre: 152,4 mm . Alcance: 21,600 m . Velocidade: 915 m/seg Peso do proxectil: 45 Kg . apr. Cadencia: 4 disparos/minuto Peso do tubo: 8738 Kg . Lonxitude do tubo: 7,86 m .

No argot artilleiro, chámanlle “quince vintecatro” e son pezas de orixe naval deseñadas pola británica Vickers Armstrong, compradas no ano 1926 para potenciar buques e defensa de costas españolas e construídas en España entre 1926 e 1952.

OS CURROS OU RAPA DAS BESTAS

Curro: 3 . Curral valado con madeira onde se encerran as cabalerías que se crían no monte. Rapa-las bestas no curro. (Dic. Real Academia Galega).

Valga, Mougás e Torroña, no concello de Oia, son tres curros dos máis senlleiros de Galicia.

Serven para identificar as bestas, raparlles as crinas e sedas do rabo, desparasitalas e tamén para vender os poldros que non vaian quedar no monte para utilizalos como reproductores.

A festa coordínase polos “besteiros”, que na mañanciña do día do curro suben ao monte para cercar os cabalos. Diríxenos cara un punto común, a parada (serve como punto de recoñecemento dos animais e de descanso e organización). Posteriormente ten lugar a entrada no curro. A continuación sucédense as operacións de separación, rapa e marcaxe dos animais . Rematadas estas tarefas, realízase a solta, e libéranse as bestas ata o seguinte ano.

Os petroglifos de Viladesuso xa amosan imaxes de cabalos que poderían das pistas sobre a orixe deste evento.

Disque os monxes de Oia eran donos de moitos destes animais.

•  Curro da Valga: 2º domingo de maio

•  Curro de Mougás: 2º domingo de xuño

•  Curro de Torroña: 1º domingo de xuño

STA. MARÍA DE OIA

Monumento Histórico Artístico dende 1931, é un exemplo craro de arquitectura cisterciense e único desa orde no litoral. Construido en 1132 baixo mandato do Rei Afonso VII, foi un importante baluarte defensivo ante as constantes invasiós marítimas, como a dos turcos en 1624, que repeleron os monxes, feito que provocóu que o Rei Felipe IV lles concedese máis privilexios.

En 1835, coa desamortización, pasóu a propiedade privada. Durante a Guerra Civil, utilizouse como cárcere. Na actualidade únicamente se pode acceder ao templo e, recentemente ven de ser adquirido por un grupo hostalerio para convertelo en Hotel de cinco estrelas.

Asociación Cultural Vía Auria, sen ánimo de lucro e con sede en Ourense. Número de Rexistro 2005/008617-1 (OU) © 2005 Vía Auria

 

Atención telefónica de 17:00 a 20:30 horas | Asoc. Cult. Via Auria, sen ánimo de lucro. 2005/008617-1 (OU) 2005 | Conta: CaixaGalicia 2091-0471-35-3040002209