Illas do Miño

Lugar de importancia comunitaria

O Miño lambe terras portuguesas e galegas, fronteira natural pero tamén nexo de culturas. Historias de batallas entre veciños dende o século XII até época moderna, historias de contrabando, de suculenta lamprea e de esquisito bacallau. Historias, en fin, de irmáns administrativamente separados pero fondamente semellantes.

"A terra toda do Miño, dun lado e outro da ría, por España e por Portugal, ábrese aos ollos coma unha visión de ensoño que nos ata á terra". Unamuno.

 

Comarca de Meira | O pai Miño | Castro de Viladonga | O Berce do Miño | Comarca de O Baixo Miño

O FORTE DE SAN LOURENZO

O Forte de San Lourenzo, no actual concello de Tomiño, atópase a medio camiño entre Tui e A Guarda.

Atacado e tomado en 1663, tras asinar a paz en 1668, devólvense as prazas conquistadas e decídese construir este forte para albergar unha guarnición. As obras comezan en 1671 e rematan dous anos máis tarde no reinado de Carlos II, mentres gobernaba a súa nai, Mariana de Austria, tal como se di na inscrición fundacional que está sobre a porta da foto.

 

 

 

 

 

Nacemento do río Miño no Pedregal de Irimia
Desembocadura do Miño no Atlántico da Guarda