| As Médulas |
A historia e a natureza fixeron nas Médulas un pacto para alumear unha das mais belas paradoxas paisaxísticas da provincia leonesa, propia dun conto de fadas. O que comezou sendo unha brutal explotación aurífera plantexada polos romanos, é hoxendía un bosque de suxerencias arxilentas, unha fabulosa crestería de catedral de barro e pedra, desfiladeiros, covas, túneis, galerías do tesouro mineiro no medio dun entorno natural que abrangue ata onde o impide a vertixe.
XEOMORFOLOXÍA: Subfosa individualizada do resto da depresión berciana, por unhas liñas de falla constituíndose nunha ampla mancha sedimentaria debido ós procesos deposicionais, onde sobresaen os sedimentos vermellos miocenos, ós que vai asociado o ouro.
Vía Auria é tamén, como moi ben di Juan, un lugar para compartir coñecementos e, para facer boca, aquí nos deixa unha interesante aportación sobre o Valle do Silencio. |
 |
Pouco despois de Quiroga, no pobo de Sequeiros, a man esquerda, érguense, maxestuosas, as Torres de Novais que controlaban o paso medieval do Barco de Valdeorras a Lemos e que pertenceron á Orde de San Xoan de Malta.
Pasaremos a carón do Montefurado , onde convidamos ós viaxeiros a que observen esta complexa obra de enxeñería de factura romana. Nos tempos do Emperador Trajano (século II), construiuse en forma de bóveda de canón, con 400 m de longo por 19 de ancho e 17 de altura media. Fíxose para desviá-lo canal do río Sil a fin de recollé-lo ouro que arrastraban as correntes. Considerado unha das sete maravillas galegas. |
Á esquerda deixamo-la Serra da Encina da Lastra , formación caliza onde se atoparon vestixios neolíticos. Situada no límite das provincias León-Ourense, entre as montañas zamorano-galaico-leonesas. Caracterízase por unha paisaxe con fortes diferencias de altitude e unha topografía moi accidentada, con profundas gorxas e relevos moi marcados. Ós pés da Serra sitúase unha depresión pola que decorre o Sil, que ten o seu fondo a menos de 500 metros sobre o nivel do mar.
|
Os autocares lévannos á beira do Lago de Carucedo, cun perímetro de arredor de 57 hectáreas , rodeado de abundante vexetación de aciñeiras, castiñeiros, sauces, xuncos e canaverais, no que aniñan gran número de variedades de aves. Sobre a súa orixe hai numerosas teorías e lendas que nada teñen que envexar á do lago Ness : Contan que un xeneral romano seduciu a unha muller do pobo e que despois a repudiou. A muller chorou e chorou ata enché-lo lago). Aínda que hoxendía ninguén dubida de que xurdira como consecuencia do peche do val polos lavados auríferos de Las Médulas que produxeron unha acumulación de estériles no primitivo regato que existía nesta zona e que acada en determinados puntos ata 30 metros de profundidade de areas. Perante séculos pertenceu ós monxes de Carracedo en el pescaban anguías para a súa ben abastecida mesa.
|
Ó sul observamos restos da Vila Romana de Las Pedreiras de Lago : dela sábese que albergaría todo o aparato administrativo da explotación e cecais soldados de alta graduación para o control das minas. Moi posiblemente fora unha Officina metallorum. Cronoloxía dos séculos I-II d.C., coetáneo por tanto ó castro de Orellán que veremos no pobo do mesmo nome anque cunhas características totalmente diferentes ás de aquel.
Ten unha situación privilexiada e sen murallas. Orientada ó sol e ó agoiro dos ventos, preto do fértil val do pobo de Lago.
As técnicas constructivas son, dende o principio romanas e non lembran ós poboados indíxenas: tellas, ladrillos, morteiros, pavimentos, cal-area, etc., algo totalmente novo.
Planta de casa mediterránea organizada en torno a patios, con muros enfoscados e enlucidos con elementos xeométricos. Presencia de canalizacións que estaban ausentes nos poboados prerromanos.
Aparecen nela ósos de animais procedentes da caza, aínda que, a diferencia dos poboados prerromanos, nos que a súa presenza é menor e con carácter de subsistencia, o que pode indicar que se fala de caza por entretemento |
Entramos por un cruce á esquerda no pobo de Carucedo cunha igrexa románica ( na que se garda unha custodia rococó do século XVIII considerada unha das pezas de pratería máis importantes do Bierzo).
Dende o adro divisamos o castro de Orellán: (segundo algúns autores non era tal castro senón un asentamento metalúrxico). A súa cronoloxía está entre os séculos I-II d.C.Tódolos datos falan agora dunha especialización do territorio, vertebrado en función do máximo aproveitamento de cada poboado en función dos seus recursos, co fin dunha optimización da explotación mineira.Este establecemento está adicado case en exclusiva, anque se constata gandeiría, á transformación dunha veta de ferro situada no mesmo cerro do xacemento en ferramentas. Abastecíanse de cereais por outros poboados especializados que, á súa vez se surtían das ferramaentas proporcionadas por él, o que fala dunha especialización para o mellor aproveitamento de cada poboado. |
|
Tamén dende o adro divisamo-lo castelo templario de Cornatel (da Alta Idade Media (século XI) na que se coñecía como castelo de Ulber. Desde comezos do século XIII estivo en mans dos templarios de Ponferrada ata a súa disolución en 1312. Despois, e, tras algunhas reformas, pasaría a mans dos condes de Lemos e os marqueses de Villafranca).
|
Orellán conforma un interesante pobo de rico valor etnográfico, rodeado de chopos (Populus ), freixos( Fraxinus ornus) e fermosas cerdeiras ( Prunus serotina ) que nesta época branquexan con toda a súa voluptuosidade.
Arquitectura típica berciana representada por casas de pedra e teito de pizarra de planta rectangular e dous pisos, o inferior adicado a cortes e o superior a vivenda; neste sitúase a cociña e o forno que sobresae cara ó exterior. Xeralmente con solaina de tableiros.
Ascendemos por unha empinada costa á esquerda dun dos canais ( corrugi ) que transportaban a auga empregada, como nos relata Plinio “o vello” (“Naturalis Historia”) , na ruina montium.
Tentaremos ilustrar neste percorrido o contexto sociohistórico que da lugar a esta explotación, ós asentamentamentos humanos anteriores e posteriores e os métodos de explotación así como aspectos botánicos e xeomorfolóxicos para comprendermos o xurdimento deste entorno . |
|

Os grupos étnicos que atoparon os romanos cando se internaron en territorio astur constituían o resultado da interacción de dous elementos: por un lado un sustrato indíxena prehistórico , con toda seguridade non moi amplo, mesturado perante a idade do Bronce Atlántico con diversos grupos de individuos procedentes do sul peninsular, de Bretaña e das illas Británicas e, por outro, os elementos culturais procedentes das invasións indoeuropeas.
|
A orixe da minería no Bierzo remóntase ás culturas prerromanas. Aínda que son abondosos os restos de asentamentos astures en toda a zona, a profusión dos xacementos e mesmo de xoias e arte en metais preciosos indican un coñecimento práctico dos sistemas de obtención do mineral. Pero ata a ocupación romana de Asturia, a mineiría debeu manteñerse dentro de niveis tecnolóxicamente semellantes á explotación do sílex na prehistoria europea, é dicir, tería un carácter altamente selectivo e non se coñecerían os beneficios dos grandes xacementos que, por outra banda, exixirían remover grandes cantidades de material.
Coa chegada dos romanos evoluciona a técnica de extracción do ouro empregada polos astures (indíxenas da zona), centrada na criba das areas dos ríos.
Plinio descrebe o método de “ruina montium” ou “arrugia” (hoxendía denominado cortas de minado) que foi o empregado de xeito maioritario en Las Médulas. A auga canalizábase dende o nacemento dos ríos e regatos ata depósitos (“piscinae” ou “stagna”) sitos na parte alta da montaña ata enchelos. |
|
No momento oportuno, a auga soltábase repentinamente e, ó seu paso polas galerías que minaban a montaña conseguíase a erosión e o derrubamento das masas aluviais. A forza hidráulica continuaba actuando, tra-lo derrube, arrastrando a masa cara ós canais de lavado,
As “agogae”. Os estériles mais grosos eliminábanse antes de penetrar nos canais (iso explica os montóns de cantos rodados, denominados “murias” que se ven en todo o entorno) e os estériles mais finos encauzábanse polos canais de evacuación cara ós conos de deyección de etériles ou colas de lavado.
Dacordo coa descripción que fai Plinio, as “agogae” estaban feitas con gradas e cubertas con toxos. “O arbusto é semellante ó romero, áspero e capaz de reté-lo ouro. Pechan os canais laterais con táboas e depositan estes arbustos nas súas escaleiras(...). Atópanse así masas que pesan mais de dez libras(...)Despois o toxo quéimase, lavándose a súa cinza sobre un céspede de herba abundante para que alí se reteña o ouro”. |
|
Así pois, o paso previo para conquerir que a montaña se viñera abaixo era a excavación de galerías interiores o que, sen dúbida, requeriu a presencia de técnicos cualificados. Proba diso son as conclusións que se sacaron do estudio das dúas que aínda se atopaban en proceso de excavación no momento de abandoá-la explotación: a de Orellán e a de Yeres. Trá-la análise puidose saber que as dimensións que presentaban antes de ser sometidas á erosión continuada da auga variaba entre os 110 e 190 centímetros de altura e o ancho oscilaba entre 100 e 150 cm . A forma ovalada dos túneis pretendía conquerir estabilidade perante a excavación á vez que resistencia para que se produxeran amplas seccións antes de chegar ó desplome dos aluvións.
Mais sorprendente é o feito de que os romanos aplicaran un principio físico ( efecto venturi ) que non se enunciaría ata o século XVIII: ó trazá-as galerías con sucesivos ensanchamentos e estreitamentos conquerían diminuí-la velocidade do avance da auga cun inmediato aumento da presión. |
|
| O resultado final foi a creación dun auténtico labirinto nas entrañas da montaña. Primeiro excavábase un tunel principal e, a partir del, íanse abrindo outras galerías sencundarias que desembocaban no primeiro. O “ruina montium” alternouse noutros sectores con “sistemas baseados simplemente na forza erosiva e de arrastre da auga verquida dende depósitos situados no alto dos frentes de explotación” É o caso de La Rebolar (sobre Carucedo-pobo), La Fumia e El Couso. |
En diferentes puntos situados ó norte e ó oeste do pobo de Las Médulas aplicáronse “sistemas de explotación selectivos exclusivamente sobre os niveis mais ricos do aluvión”. A explotación de Las Médulas, tal como se realizou non sería posible sen auga en abundancia. Para procurala, os romanos construiron unha “infraestructura hidráulica de gran embergadura” baseada nunha rede de canais ou “corrugi” que captaban a auga no nacemento dos ríos e regatos existentes nas vertentes septentrionais e meridionais dos Montes Aquilanos. Chegaron mesmo a trasvasar da cunca do Douro á do Sil.
En total, 325 km de canalización, excavada na súa maior parte sobre rocha, pola que se conducía a auga ata os depósitos de distribución e explotación (“piscinae” ou stagna”). |
|
Veremos un mirador onde se ubica un monumento adicado ó montañeiro Elvio Nieto (cabaleiro berciano que foi pioneiro da promoción turística do Bierzo) . Ó pé deste monumento hai un aparcamento que, en realidade é un dos piscinae (embalses) da explotación aurífera coñecido como “Los jardines del Rey”.
O Mirador de Orellán permítenos contemplá-lo conxunto do xacemento dende arriba obtendo unha ampla panorámica do conxunto e apreciando tanto os desmontes (con barrancos de mais de 100 m ) como a rede hidráulica. Domínanse dende aquí distintos asentamentos arqueolóxicos e observamos cómo van variando as especies vexetais a medida que se abandona o val e se acadan as montañas, onde xa podemos apreciar especies arbóreas como aciñeiras ( Quercus rotundifolia) , castiñeiros (castanea sativa) e camiñar entre o agradable arrecendo das xaras (cistus ladanifer) en flor... |
|
Toda a rota está proxectada para ter sempre a mellor luz coa intención de fotografá-lo mais salientable dende o punto onde nos atopemos. Neste caso a perspectiva pérdese cos primeiros raios do sol, entre o verdor das castiñeiras e o contraste bermello das medas de arxila, testemuñas dunha febril actividade en procura do ouro.
Polo Leste pódense observar uns riscos que percorren a serra de La Cabrera e que forman parte tamén dos canais xa comentados
Continuamos a ruta pola pista que conduce cunha pequena subida ata un merendeiro onde podemos coller auga e seguimos, monte abaixo pola pista que conduce ata Las Médulas-pobo. Observaremos nas beiras do camiño toda unha orxía de cores que van dende o violáceo das violetas, gencianas , das uces (erica arbórea), da lavanda (lavándula stoeches ), ó amarelo das prímulas (primula vulgaris ) que tapizan importantes áreas e das carqueixas (chamaespartium tridentatum) en fror, pasando polo intenso branco das xaras (cistus ladanifer) que perfuman agradablemente o ambente, cerdeiras (prunus avies) e espiño albar (crataegus monogynae), matorrais de tomillo (thymus vulgaris). |
|
| Baixamos por camiño idílico con prímulas en fror e feraces bosques de castiñeiros ...disque, en tempos, se arrendaban os castiñeiros (“ trasmochos ”) por un periodo que remataba cando a árbore morría. A picaresca levaba ós arrendatarios a botar unha castaña no burato que se ía formando no medio para non perdé-lo dereito sobre a súa posesión e usufructo. |
Polo tramo que conduce a La Balouta observaremos mulitude de murias (montóns de cantos rodados) e o que queda de varias agogae (canais de lavado do ouro): Las Médulas-pobo (que hoxendía se atopa a 100 m por debaixo da súa ubicación primitiva), Lago Redondo , Lago Somido e La Balouta .
Colleremos un camiño cara ó oeste que pasa a carón do Lago Somido (de augas verdosas e cubertas de nenúfares) e, de aquí, de novo á esquerda para chegar a La Balouta , val encaixado no que vemos un pobo abandoado. Hai un forno encastrado na canteira da dereita.
Entraremos nunha cova con estalactitas e estalagmitas.
Entre a vexetación destacan neste lugar as oliveiras (olea europaea), nogais (juglans regia), violetas , prímulas , espiño branco , aciñeiras .
Alberga fauna composta por bolboretas limonarias e, entre as especies ornitolóxicas, currucas capirotadas , mirlos , zorzais , carboneiros comúns e aguias ratoeiras . |
|
O NÚCLEO MINEIRO
Esta explotación comeza a finais do século I a.C. e a súa administración correspondía á Legio VII ubicada en León, á que pertencían algúns enxeñeiros que participaron nela.
A nivel xeolóxico é unha explotación de tipo secundario por atoparse o ouro en aluvións formados no mioceno e compostos por unha mestura de coios, areas e arxilas. O contido en ouro varía: entre 60-300 mg/m 3 nos aluvións mais profundos e entre 20-1000 mg/m 3 nos mais superficiais. Calcúlase que perante os 250 anos aproximadamente que durou a súa explotación, removéronse 240 mm de m 3 de montaña, para sacar 750.000 e 900.000 Kg de ouro.
A explotación acadou o seu apoxeo na época do emperador Trajano (finais s. I e principios de s. II. A partires do 150 d.C. comenzou o seu declive coincidindo co comezo das loitas sucesorias en Roma, sendo abandoada definitivamente a principios do século III. |
|
Historiografía
“No noso mundo [...] o ouro extráese de tres xeitos: en primeiro lugar nas partículas [ou píbedas] dos ríos, como no Tajo en Hispania [...], e ningún é ouro tan puro, xa que está pulido pola corrente e o flotamento. Extráese de outro xeito mediante pozos ou búscase derrubando os montes. Falemos, pois, de eses dous sistemas [...].
O ouro extráese dos montes [mediante pozos de mina] chámase “canalicium”, outros chámano “canaliense”; adhírese ás pedras de mármore [empregado aquí por calquera tipo de rocha dura ], non do xeito como brilan o zafiro de Oriente e o de Tebas e outras pedras preciosas, senon que envolve as partículas de mármore [quere dicir que mais que en puntos aillados, atópase por toda a rocha, diseminado] [...]” |
|
“O terceiro procedimiento supera ó traballo dos Xigantes; as montañas son minadas ó longo dunha grande extensión mediante galerías feitas á luz de lámpadas. A súa duración permite medí-los turnos e por moitos meses non se ve a luz do día. Este tipo de explotación denomínase “arrugia”. A miúdo ábrense gretas, arrastrando ós mineiros no derrubamento [...] Por iso se deixan numerosas bóvedas de pedra para sosteñé-las montañas. Nos dous tipos de traballos atópanse a miúdo rochas duras; fanse estalar a base de lume e vinagre [ou auga], pero a miúdo, como neste caso, as galerías énchense de vapor e fume; destrúense estas rochas golpeándoas a golpes de martelos que pesan 150 libras [uns 50 kg] e os fragmentos son retirados ás costas dos homes, [...] Acabado o traballo de preparación, derrúbanse os apeos das bóvedas dende os mais alonxados; anúnciase o derrube e o vixías colocado na cima da montaña é o único que se decata del. En consecuencia, da órdenes con berros e con xestos para poñer en aviso á man de obra e, á vez, el mesmo baixa voando. A montaña, resquebraxada, derrúbase por sí mesma ó lonxe, cun estrondo que non pode ser imaxinado pola mente humana, asi como un increíble desprazamento de ar [...]”. |
|
“ As terras que no anterior sistema [pozos ou mineiría convencional] evacúanse con gran traballo para que non ocupen os pozos, neste [ruina montium ou arrugia] son transportados pola auga. O ouro obtido mediante a arrugia non se funde, senon que é ouro ó instante [...]”
“ Outra tarefa análoga e mesmo mais costosa é traer correntes de auga para lavar estes derrumbres , en ocasións dende o cume dos montes, a miúdo a unha distancia de 100 millas ; [...]. É convinte que a pendente esté calculada, de xeito que, mais que fluir, corra; e por iso se traen dende as zonas mais elevadas . [...]” |
“Xunto ás cabeceiras dos declives [refírese aos frentes de explotación], nas crestas dos montes, excávanse uns depósitos, de douscentos pés por ambos lados e uns dez de profundidade [uns 60x60x3 m]. Neles déixanse cinco canais de desaugue duns tres pés cadrados [uns 90 cm 2 ], de xeito que, unha vez abertas as bocas de saída, co depósito cheo, se precipite cara a fóra un torrente de tanta forza que faga rodá-las rochas [...]”
“Aínda queda outra tarefa no chan. Excávanse unhas zanxas polas que decorra a corrente, denomínanse “agogae”, que se cubren a intervalos con urces [especie de pranta de brezo ou uz]. Trátase dun arbusto semellante ó romeo, áspero e que retén o ouro. Os laterais [das agogae] están pechados con táboas e polas zonas accidentadas os canais van suspendidos. Fluíndo deste xeito, a terra deslízase mar adentro e o monte dilúese nel , [...] A uz [brezo] seca, quéimase e a cinza lávase nun cauce de céspede herboso para que se deposite o ouro. [...]” |
|
“Alguns din que se producían 20.000 libras cada ano por este sistema en Asturia, Gallaecia e Lusitania, pero a maioría prodúceo Asturia e que en ningunha outra parte mantense esa fertilidade por tantos séculos.” |
IMPRESIÓNS DE VIAXEIROS ILUSTRES
"Madrugada: Se ven Las Médulas en la altura tras de la montaña que baña el Sil. Son unas tierras rojas derrumbadas, que representan ruinas. Me parece que cuando las vi diez años ha no estaban tan vestidas de verde como ahora. Se cree que Médula sea corrección de Metalla, pues este nombre daban los romanos a los trabajos de minas, y aquí dicen que los hubo. Acaso serían de minio; acaso de aquí el nombre de Miño al río cercano, y acaso el nombre de mina, minero, minera, de minio;merece pensarse…". (JOVELLANOS - 1792)
"La tierra parecía profundamente atormentada: crecían los castaños silvestres en aquellas laderas inaccesibles… La última vez que visitamos estos lugares fue en el otoño de 1840… entramos en las galerías que aún se conservan y las examinamos atentamente…
Cansados por fin de vagar por aquellos oscuros callejones, dirigímonos a una claridad que se advertía en el fondo de uno. Era una abertura de forma irregular con una mata de roble en su orilla por donde entraba el sol del otoño. El que iba delante se asomó a la rústica ventana, pero retrocedió sin color y turbado, no sin razón a la verdad, porque había visto a sus plantas el abismo. Era un despeñadero de más de doscientos pies perpendicularmente cortado, y los castaños del valle parecían albahacas, cabras los bueyes y muchachos los hombres que se ocupaban en recoger la castaña… En el marco de aquel extraordinario mirador estaban grabados varios nombres, de sujetos conocidos del país y algún otro extranjero…".
(GIL Y CARRASCO, E. Bosquejo de un Viaje a una provincia del Interior - 1840).
"En el término de Médulas se encuentran vestigios de grandes trabajos en la esplotación de las minas de oro y plata que tanto renombre han dejado… En todas las montañas mencionadas hay señales de algunos trabajos mineros hechos por los romanos, los cuales sacaron una cantidad de oro que parece fabulosa. Además de las minas de este metal, abandonadas hoy, y otras de plata que es fama existen hacia Salas de la Ribera y Puente de Domingo Flórez …" (MADOZ, P. Diccionario Geográfico-Estadístico-Histórico de España y sus Posesiones de Ultramar (León) - 1845-1850).
"Encontramos a un labrador anciano que con sus bueyes se dirigía á sus labores.
Propusímosle el pagarle bien si nos acompañaba á visitar Las Médulas, y el aldeano, yendo á dejar su yunta volvió en seguida, encaminándonos por una larga senda hasta el inmenso interior de aquellos montes…
En aquella gruta, labrada por los esclavos del romano imperio para extraer el oro, recogen ahora los pastores vercianos sus rebaños en las noches de invierno, y en torno de la lumbre, mientras que llueve ó nieva, cuentan raras consejas de aquellas grutas y de las gentes que pudieron labrarlas, y aseguran, según nos dijo el labrador, que ha habido veces de oir un estruendo subterráneo y espantarse el ganado, y aparecer ante ellos un corpulento anciano con los cabellos y las barbas de oro, soltando chispas al rizarlos el aire que brama entre ellos, y que tomándoles, si alguna vez ha estado cerca, algún macho cabrío, y montando sobre él, ha desaparecido lanzando estrepitosas carcajadas, cuyos ecos se oyen repetir de una en otra galería, recorriendo los montes hasta extinguirse en el más remoto y elevado, en que existe una gruta misteriosa, donde tienen las brujas su aquelarre". (CÁCERES PRAT, A. El Vierzo - Su Descripción e Historia - 1883).
"R oma, que había posado sus águilas en los confines del mundo conocido, fijó su mirada en el monte Médulo, y descubriendo las inmensas riquezas encerradas en sus entrañas, aumentó su ya desmedida codicia. El afán de poseer aquellos ricos tesoros, consistentes en brillantes pepitas de oro, que abundaban esparcidas entre los aluviones del famoso monte, fomentó poderosa industria que sostenía millares de brazos, ejecutando bajo la sabia dirección de entendidos jefes, esas obras colosales que revelan gran inteligencia, y nos asombran por su desusada magnitud". (CASTAÑO POSSE, J. Una Excursión por Las Médulas - 1904).
"P or todos los lados, se levantan las más caprichosas figuras, alcanzando una altura más que considerable, con un intenso color rojizo. Parece una agrupación de colinas erigidas en un momento en que la naturaleza se volvió loca. Bocas de cuevas, restos de galerías, conos, pirámides truncadas de mil formas, un batiburrilo de esculturas gigantescas debidas a la mano de un artista de pronto desengañado, enloquecido y terrible. Son los restos de un trabajo que sólo Roma pudo haber llevado a cabo, los restos de una labor titánica que parece interrumpida de repente…" (GARCÍA PÉREZ, F. Crónicas de El Bierzo - 1981). |
|
| Para saber máis: |
PEREA CAVEDA, A. y Sánchez-Palencia Ramos, F. J., 1995
Arqueología del oro astur. Orfebrería y minería . Ed. Caja de Asturias. Oviedo.
SÁENZ RIDRUEJO, C. y Vélez González, J., 1974
Contribución al estudio de la minería primitiva del oro en el Noroeste de España . Ed. Ediciones ATLAS. Madrid.
SÁNCHEZ-PALENCIA RAMOS, F. J., 1983
" Explotaciones auríferas en el 'Conventus Asturum ' ". En VV. AA. : 67-87.
SÁNCHEZ-PALENCIA RAMOS, F. J., 1995
" Minería y metalurgia de la región astur en la antigüedad " . En VV. AA. : 141-157.
SÁNCHEZ-PALENCIA RAMOS, F. J. (et alii), 1996
La zona arqueológica de Las Médulas . León . Ed. Junta de Castilla y León.
VV. AA., 1983
Indigenismo y romanización en el Conventus Asturum . Ed. Ministerio de Cultura y Universidad de Oviedo. Madrid.
VV. AA., 1995
ASTURES. Pueblos y culturas en la frontera del Imperio Romano . Ed. Asociación Astures. Gran Enciclopedia Asturiana. Gijón.
ARES ALONSO, Inocencio
Astúrica y el oro astur. Impre-offset. Gijón. 1996 |
|
|