A auga
A cantidade de auga que necesitamos depende da temperatura e humidade ambental e da actividade física que desempeñemos, pero nunca será menos de dous litros diarios.

O Básico | Auga | Lume | Alimento | Orientación | Sinais

 

 

Atopar auga

Escarbar nos leitos secos de ríos ou regatos arroyos da ás veces bos resultados. Os cúmulos de vexetación nun determinado lugar son indicativos de existencia de auga. En terreos calcáreos podemos buscar no interior das grutas. Os animais tamén necesitan beber; observar os seus desprazamentos a primeira hora da mañán ou última da tarde pode darnos pistas de ónde se atopa a auga. Determinadas prantas, que varían segundo a zona xeográfica só medran onde hai auga.

En caso de que non atopemos ningunha fonte de auga aínda podemos aproveitar a a da condensación que se produce improvisando un destilador.

Necesitaremos un plástico de 2 x 2 m . e un recipiente para recoller a auga. Un tubo de plástico para beber sen desmontar o destilador é tamén moi útil. Con este sistema dícese que podemos obter entre 0,5 e 1 litro de auga ó día.

Hai que cavar un oco en cuxo fondo colocaremos un recipiente que recibirá a auga da condensación que se produce nas paredes do plástico con que cubrimos este oco. Unha pedra no centro do plástico conducirá as gotas até o cubo. O destilador será máis efectivo se introducimos prantas no oco para aproveitar a súa humidade.

Perigos
Existe certo risco ó consumir auga de regatos que pasan por prados sometidos a abonado con puríns, altamente contaminantes.

O consumo de augas contaminadas pode producir enfermidades como febre tifoidea, cólera ou disentería, ademáis de outros trastornos provocados por parásitos que podemos pillar non só ó beber, tamén ó bañarnos en augas estancadas e contaminadas.

Non se debe beber auga salgada, a súa concentración en sal é tan alta que colapsa os riles e provoca a morte entre fortes dores. Tampouco se debe beber orina e non debemos esquencer que las sabias de aspecto leitoso de moitas prantas son, a miúdo, velenosas.

Purificar a auga

Se existe risco de contaminación hai que purificar a auga con algún destes métodos e esperar alomenos unha hora antes de consumila.

Pastillas potabilizadoras: É o método máis práctico e efectivo 100%. Consiste en engadir á auga pastillas purificadoras. Estas liberan ións de prata que acaban cos xermes, preveñen de novas infeccións e non producen dano algún aínda que se rebase a dose.

Iodo: Para desinfectar a auga con tintura de iodo usaremos unhas 10 gotas por litro. A coloración tarda un pouco en desaparecer.

Lixívia: A lixívia deixa un sabor pouco agradable na auga. Usaremos de 4 a 6 gotas por litro.

Ebullición: Ferver a auga non remata con tódolos xermes (o da hepatite, por exemplo, resiste a este método) pero remata coa maior parte deles e con tódolos parásitos. Hai que fervela uns 10 minutos. Neste caso pódese beber cando enfría.

Unha forma para purificar calquera líquido e deixar só a auga que contén (orina ou auga de mar), é ferver o líquido e destilar o vapor noutro recipiente onde obteremos auga pura sen perigo de bacterias, concentración de sal ou minerais perigosos para a saúde.

Filtrado da auga

En ocasións, a única agua que poderemos conseguir será a que se atope estancada en charcas, suxa polo barro. Antes de bebela e purificala, debemos clarificala para eliminar as partículas en suspensión.

O máis sinxelo é deixala reposar varias horas nun recipiente e despois, cun tubo de plástico ou o tallo oco e flexible dunha planta, traspasala a outro recipiente situado nunha posición máis baixa.

Tamén se pode filtrar usando varias capas de tecidos ou con area limpa, axudándonos dun filtro improvisado cun anaco de cana de bambú, cuxo extremo taponaremos cun pouco de herba.

O Básico | Auga | Lume | Alimento | Orientación | Sinais

Asociación Cultural Vía Auria, sen ánimo de lucro e con sede en Ourense. Número de Rexistro 2005/008617-1 (OU)

© 2005 Vía Auria