| O lume | |
| En zonas frías, a nosa vida pode depender da nosa capacidade para prender e manteñer un lume aceso. Pero tamén podemos precisalo para secarnos, quentarnos, facer sinais ós equipos de rescate e cociñar eliminando xermes e parásitos dos nosos alimentos. | ![]() |
O Básico | Auga | Lume | Alimento | Orientación | Sinais |
|
| Sempre debemos levar na mochila un chisqueiro e/ou mistos nun recipiente impermeable (unha caixa de carrete fotográfico, p. ex.Leva tamén os rascadores). Preparar, encender e manteñer un lume Antes de nada debemos decidir onde o ubicaremos, prestando atención a vento e á vexetación, e preparar o lugar eliminando ramas, herbas, etc. Excavar un oco duns 10 ou 15 cm e rodealo con pedras para facer nel a fogueira. Cando desfagamos o campamento, taparemos as cinzas coa terra que sacamos, devolveremos as pedras a onde as collemos e deixaremos todo de xeito que ninguén poida notar que estivemos alí. Hai que buscar o material combustible: ramas secas de diferentes grosores, a máis miúda para encendelo e a máis grosa para manteñelo. En caso de tempo húmido debemos buscar nos ocos dos troncos secos, con madeira podre que arde ben, en zonas ó lado de rochas, camiños, grutas. Se chove pouco, descodelar as pólas húmidas pode resultar suficiente. Senón teremos que coller as ramas grosas e cortalas lonxitudinalmente para aproveitar as partes secas que obteñamos. Poremos a madeira húmida a secar cerca do lume. Para prender o lume usaremos primeiro leña máis miúda que dispoñeremos com axuda dunha rocha ou un tronco para que o aire circule ben e se inflame axiña. Porriba da leña fina, iremos engandindo a máis grosa. Se non temos suficiente leña fina haberá que partir a grosa coa navalla. Rodear a fogueira cun pequeno muro de pedra, servirá para concentrar o calor, servir de soporte ós utensilios de cociña. Pódese construir o parapeto con troncos en vez de con pedra, pero separándoo uns 80 cm para evitar que arda. O tipo de madeira inflúe no seu uso. Para quentarnos: freixo, abeto, mazaira, combustionan rápidamente com moitas chispas, pero dan calor rápido e intenso. Consumense axiña e deixan cinza no canto de rescoldo. Non son aconsellables para cociñar. Para iso é mellor o carballo, a nogueira...Son madeiras duras e arden máis de vagar. Outras como o piñeiro, o madroño, o bambú, o castiñeiro, etc, non son recomendables para facer lume porque fan demasiado fume. A madeira dura arde lentamente e a blanda máis rápido. Na base podemos poñer carqueixas, herba seca, ramiñas resinosas de piñeiro, madeira podre, noces, codela de abedul, etc. Na praia as algas secas constitúen un bo combustible.
Encender o lume É moi importante ter preparada suficiente isca (herba seca, carqueixas, etc. ben compactada para que a brasa se propague con facilidade) e leña fina e seca para non desperdiciar unha lapa que pode habernos costado moito esforzo conseguir.Soprar suavemente cando aparece o primeiro puntiño bermello para avivar a chama. Os métodos son os seguintes: Os lentes: Unha lupa ou as lentes dunha cámara fotográfica, os prismáticos ou determiñadas gafas son un medio moi efectivo para encender un lume, pero non nos servirá se non hai sol. Prepara primeiro unha boa isca que prenda con facilidade e apunta cara elas o puntiño de luz. Seixo e Aceiro: Se non dispoñemos de seixo podemos probar cunha pedra dura. (hai que probar até que atopemos unha que desprenda boas chispas, e entón gardala para outras ocasións). Sosteremos o seixo preto da isca e golpearémolo cun anaco de aceiro, como a folla dun coitelo, tentando dirixir as chispas cara a isca. Outros métodos: É posible usar un obxecto cóncavo (o cú dunha botella) para facer a lente. Unhas gotas de gasolina tamén poden axudar pero nunca engadas s máis combustible até que a chama se apague e o recipiente se enfríe. Lume para cociñar: Para cociñar é mellor unha fogueira pequena, que consume menos leña e é doado manteñela. Sempre é máis práctico cociñar sobre brasas ca sobre as lapas. Podemos construir un fogar que nos servirá para poñer a cazola facendo um pequeno lume entre dous troncos, dúas pedras, etc. Se a nosa cazola ten unha anga como a dos caldeiros podemos suxeitala sobre o lume cun guindastre improvisado, cunha póla inclinada suxeita entre unhas pedras e outra póla que funcionará como percha. Outro truco importante é cociñar sobre pedras quentes. Para iso, quentámolas sobre a fogueira e aproveitamos o calor por elas reteñido para cociñar. Substitúe a unha plancha.
O Básico | Auga | Lume | Alimento | Orientación | Sinais Asociación Cultural Vía Auria, sen ánimo de lucro e con sede en Ourense. Número de Rexistro 2005/008617-1 (OU) © 2005 Vía Auria |
|