| Orientación | |
No caso de ter unha brúxula, debemos saber que a maioría delas apunta coa agulla escura ó norde magnético. Existen varios métodos que nos permiten atopar o norde con maior ou menor precisión cando carecemos deste instrumento. Os máis eficaces son, probablemente, o reloxo cando é día e as estrelas de noite e con ceo limpo. |
![]() |
| Método do reloxo
Nas zonas templadas do hemisferio norte, se alineamos a agulla horaria (a pequena) col sol, na bisectriz que forma esta coa cifra "12" do reloxo atópase sempre o sul. Nas zonas templadas do hemisferio sur é a cifra 12 a que debe apuntar cara o sol, e na bisectriz que forma coa agulla horaria, atópase o norde. Por las estrellas
No hemisferio norte do planeta, a estrela polar indica iempre o norde. Esta estrela é a última da cola da Osa Menor e, a pesares de que en casi tódalas ilustracións se amosa como unha estrela moi escentilante, a súa luz é tan pálida que ás veces non é doado vela. Pero é sinxelo guiarse pola Osa Maior es sencillo guiarse por la No hemisferio sul debemos buscar a "Cruz do Sur", unha constelación con forma de rombo ou cometa. Se prolongamos a lonxitude do cometa catro veces e media, o punto imaxinario que localicemos indicará sempre o sul. Polo sol A saída e a posta do sol tamén son unha referencia. A todos nos ensinaron que o sol sae polo leste e ponse polo oeste. Pero só o fai polo punto exacto nos equinocios, ou sexa, arredor do 21 de marzal e do 23 de setembro e se nos atopamos en terreo chan. O resto do ano e rodeados por cadeas montañosas, a referencia é só aproximada. Pola lúa A lúa pode proporcionarnos tamén unha aproximación dos puntos cardinais. Cando está en crecente, as puntas sinalan sempre cara o leste e cando está en menguante, cara u oeste. Se tés dúbidas para saber cando está dun ou outro xeito, pensa que a lúa “minte”. Cando tén forma de “C” de “crecente”, en realidade, está minguando. Coa sombra dun pau Se cravamos un pau no chan, marcamos o extremo da sombra, deixamos pasar quince minutos e voltamos a marcar o novo extremo da sombra, ó unir estes dous puntos, a liña que obtemos indicará o leste e o oeste (o primeiro punto o oeste e o segundo o leste). Ó trazarmos unha perpendicular teremos o norde e o sul. Este sistema proporciona unha referencia aproximada. Canto máis tempo deixemos pasar entre a primeira e a segunda marca e máis próximos estemos ó mediodía, máis precisión obteremos. Existe outro método máis preciso, pero limitado ó mediodía.
Agora debemos agardar o movemento do sol. A sombra irase facendo máis pequena a medida que nos acheguemos ás 12:00 h. Momento en que acadará o menor tamaño para despois voltar a medrar. No punto en que a sombra acade a semicircunferencia poremos unha marca. Ó unir as dúas marcas trazaremos unha liña oeste (primeira marca), -este (segunda marca). Na perpendicular atoparanse o norde e o sul. Signos naturais Existen indicios na naturaleza que poden darnos pistas sobre a dirección que levamos. Non son moi precisos, pero en circunstancias excepcionais poden impedir que perdamos o tempo dando voltas en círculo. No hemisferio norte os musgos medran nas zonas máis sombrías e húmidas dos troncos que acostuma a corresponder á cara norde. Tamén nas montañas reciben menos sol as ladeiras orientadas ó norde, polo que soen ser máis húmidas, de tonalidades máis frías e reteñen a neve por máis tempo. Os aneis de crecemento das árbores están máis desenvolvidos do lado que reciben máis sol.
O Básico | Auga | Lume | Alimento | Orientación | Sinais Asociación Cultural Vía Auria, sen ánimo de lucro e con sede en Ourense. Número de Rexistro 2005/008617-1 (OU) © 2005 Vía Auria |
|